Borrador: código ético Contigo Pódese.
Colgamos o borrador do código ético Contigo Pódese para que poidades realizar aportacións ou suxerencias.
Abrimos un prazo para aportacións de 48 horas, polo tanto pecharase o fío o xoves día 12 ás 21:30h.
Si tes unha proposta de cambio, debes iniciar unha votación para que os demais compañeiros a validen, de ser aprobada pola maioría incluirase no documento final.
CÓDIGO ÉTICO DA CANDIDATURA CIDADÁ
"CONTIGO PÓDESE”
Os membros electos da candidatura cidadá "CONTIGO PÓDESE", comprometeranse a cumprir unhas normas e un código ético que teña o firme compromiso de devolver a capacidade de decisión á cidadanía, así como de facer da política municipal de Ames un exemplo de honestidade, transparencia e xestión do público, a favor dos cidadáns.
A opacidade nas contas públicas, a duplicidade de salarios, a percepción abusiva de axudas, complementos, gratificacións e regalías de todo tipo, provocaron unha débeda colosal nas arcas municipais.
Como persoas integrantes da candidatura cidadá de Ames, Contigo Pódese, comprometémonos a:
1. Defender a aplicación da Declaración Universal dos Dereitos Humanos nos ámbitos de aplicación das nosas competencias.
2. Promover a participación da cidadanía en igualdade de circunstancias e oportunidades para todos, independentemente da ideoloxía de cada persoa. Así como impulsar a soberanía popular e democrática, sendo plenamente conscientes de que mentres o conxunto da poboación non coñeza a problemática municipal e social e non se implique de forma directa na resolución dos problemas, nada se poderá realizar polo ben común.
3. Loitar contra o racismo, xenofobia, machismo e exclusión por orientación de sexo. Así mesmo impulsar a participación da muller en todas as ordes da vida política e xestión municipal.
4. Debater con honestidade as opinións tratando de buscar un consenso entre os diferentes pareceres.
5. Esixir a elección dos/das candidatos/as sempre mediante un proceso de primarias abertas á cidadanía, con listas abertas, só corrixibles por criterios de xénero.
6. Rexeitar o transfuguismo e evitar que ningunha persoa ocupe cargo ningún se non foi avalado por un proceso de primarias.
7. Eliminar da municipalidade os cargos de confianza e gabinete, que foron a porta que deu acceso aos amiguismos e nepotismo en todos os municipios.
8. Eliminar dos presupostos as partidas dedicadas a partidos políticos. Así mesmo impedir que os partidos políticos teñan nas instalacións municipais despachos propios con empregados/as nomeados/as por eles e pagados por todos/as.
9. Esixir que calquera pacto previo ou posterior a unhas eleccións con outras forzas políticas, sexa referendado por consulta á cidadanía.
10. Impedir que esta candidatura cidadá se financie de bancos, empresas ou outras institucións que poidan ir contra os principios máis elementais da ética.
Tendo en conta que a política en Ames caeu en mans de persoas que se serviron dela para o enriquecemento persoal; tendo en conta así mesmo que unha das causas de deterioro económico do noso concello débese á corrupción institucionalizada. Sabendo que ata o S. XX chegábase á política dende a riqueza e hoxe chégase á riqueza dende a política, consideramos necesario que todos os membros desta candidatura cidadá acepten unha serie de normas que impidan que os cargos electos sirvan a intereses espurios:
a) A remuneración salarial dos cargos establecerase segundo o posto que desempeñen, valorando a súa formación e tendo en conta si a dedicación é a tempo parcial ou total.
b) Todos os cargos electos realizarán unha declaración notarial dos bens que posúen ao inicio e ao final do desempeño do seu cargo. Así mesmo comprométense á transparencia e rendición de contas ao principio e final do seu mandato.
c) Todo cargo electo se compromete a renunciar a traballar durante os seguintes 24 meses, en calquera empresa que tivera concesións por parte da municipalidade ou intereses cruzados con esta.
d) Así mesmo todo cargo electo desta candidatura comprométese a entregar a súa acta de concelleiro/a en caso de deixar a formación.
e) Se algún membro do equipo de goberno resultara procesado ou condenado por faltas e delitos de corrupción, económicos, acoso sexual, violencia de xénero, pederastia, maltrato infantil, delitos contra os traballadores, ecolóxicos e urbanísticos.
f) Non se realizará ningunha contratación pública por parte dun cargo desta organización en caso de que algún dos seus familiares ou o mesmo cargo, tivese intereses na empresa obxecto da contrata.
g) A limitación de mandatos será de dous.
h) O/a candidato/a electo/a, tras abandonar o seu cargo, non poderá percibir ningún tipo de axuda proveniente da administración e específica para políticos que perden ese cargo. É dicir se a persoa non posuíse un traballo, ha de limitarse á percepción das axudas públicas, como calquera cidadán.
i) Co obxectivo de suprimir privilexios, o cargo electo, ha de percibir un só salario, eliminando axudas e outras regalías impropias das persoas que xa cobran pola función que desempeñan e entre cuxas obrigas están a asistencia a plenos e comisións. Cousa ben diferente é cando esa persoa realiza un desprazamento que supoña custos económicos ou tempo extraordinario, en cuxo caso é necesaria a xustificación deses custos. En todo caso percibiranse as indemnizacións por razón de servizo que correspondan por lei.
j) As actuais axudas son totalmente abusivas e desproporcionadas e serán revisadas á baixa de modo que as percepcións pola asistencia a un pleno ou a comisións, só serán percibidas polos concelleiros/as que non teñan dedicación exclusiva, e serán dunha contía do 50% do percibido na actualidade. Así mesmo, se a persoa non asistiu á comisión de traballo e se limita a asinar para cobrar, non percibirá esa remuneración.
k) Os cargos públicos desta candidatura, comprométense no exercicio das súas funcións a escoitar á cidadanía e prestarlle especial atención ás persoas en risco de exclusión social.
l) Comprométense así mesmo as persoas desta candidatura a crear e facilitar nas áreas de traballo que teñan baixo a súa responsabilidade un clima e unha cultura administrativa de transparencia, rendición de contas e portas abertas á cidadanía, rexeitando comportamentos autoritarios e non democráticos.
ll) O único salario que percibirá o alcalde/alcaldesa será de 2.800 € netos mensuais en 14 pagas, e os concelleiros/as cobrarán un 15% menos que o alcalde/alcaldesa, sen percibir remuneración algunha por asistencia a plenos nin comisións, a excepción dos concelleiros/as con dedicación parcial.
m) Non se permitirá a existencia de cargos de confianza ou persoal de gabinete da alcaldía (non electos). Esto suporá a eliminación dos tres cargos de confianza (que suman un total de 71.536,08 € brutos anuais) que existen na actualidade no concello de Ames e que son nomeados polo alcalde para axudalo en tarefas de tipo persoal, pois estas labores serán desempeñadas polo propio alcalde/alcaldesa apoiado polo persoal do concello.
Subscribo este compromiso libre e espontaneamente co fin de garantir a consecución dunha sociedade máis xusta e libre.
eusong@gmail.comWed 11 Feb 2015 9:01AM
ll) ...con dedicación parcial o sin dedicación.
"espontáneamente" : acentuado. Al final.
j) axudas ? mejor dietas
8) ...e que neste momento teñen una partida presupuestaria de 110.00€/ ano, a repartir entre 5 empregados dos partidos.
-....nombrados polos partidos e pagados polos cidadáns
Contigo PódeseWed 11 Feb 2015 9:08AM
Gracias pola corrección Eusebio.
En cautno á proposta de cambio no punto 8 debes xenerar unha proposta participativa para que todos poidamos decidir si se inclue no documento final (xa me encargo eu desta proposta que mencionas).
genma otero uhiaWed 11 Feb 2015 3:32PM
Chic@s, espontáneamente en castellano se acentúa, pero en gallego no.
Está bien como figura en el borrador que se colgó.
Gracias e Bicos,
lucíaWed 11 Feb 2015 10:38PM
Hola chicos, estáis haciendo un magnífico trabajo.
Añadiría al punto e el maltrato animal y en el punto j quitaría el supuesto de la firma falsa, únicamente pondría ASimesmo se a persona non asistiu a comisión de traballo non percibirá esa remuneración. No contemplo que alguien firme si no asiste aunque no cobre.
Un saludo a todos
JOSE MANUEL Wed 11 Feb 2015 10:50PM
No punto G: deberíase engadir o meu entender:
" Renovado tacitamente o posto de ALCALDESA/ALCALDE se por votación se considerase oportuno, donde os motivos preferentes serán os de liderezgo e motivación do grupo municipal por obxetivos logrados e enfoque"; xa que todo eso será necesario para aumentar a diferencia con os adversarios políticos.
E unha opinión. Un saudo.
CarlosWed 11 Feb 2015 10:55PM
Eu tamén penso que non se debe entrar tanto a detalle no documento ético,non entraría en xuizos de valor, aunque certos, máis indicados para un documento propagandístico. Os seguintes puntos deixaríaos así:
- Eliminar da municipalidade os cargos de confianza e gabinete.
m) Non se permitirá a existencia de cargos de confianza ou persoal de gabinete da alcaldía (non electos). Estas labores serán desempeñadas polo propio alcalde/alcaldesa apoiado polo persoal do concello.
Un saudo
genma otero uhiaThu 12 Feb 2015 8:08AM
Gracias Lucía, polo voso apoia e axuda. Estou da acordo coas túas propostas a de engadir o maltrato animail no punto e) e a de quitar a última frase do apartado j, porque se ben é certo que está a suceder, entendo que non debera regularse nun código ético esta irregularidade flagrante.
Coincido tamén con Carlos en que todas estas irregularidades e o detalle das cantidades que se están a percibir polos partidos políticos, máis ben se poderán difundir nun folleto propagandístico ou nos mitíns electorais.
genma otero uhiaThu 12 Feb 2015 8:18AM
Non obstante sí mantería a cantidade que se reflicte no apartado m) relativa á cantidade que suporía a elimación dos 3 cargos de confianza pois forman parte dos custos da alcaldía.
Saúde
genma otero uhiaThu 12 Feb 2015 8:33AM
Jose Manuel, con respecto ao de completar o apartado g, o que sucede e que segundo a lexislación electoral española, a agrupación de electores é un conxunto de cidadáns que se asocia temporalmente co único fin de presentar unha candidatura a unhas determinadas eleccións. A agrupación extínguese coa celebración de novas eleccións. Por iso eu entendo que unha vez que finalizara ese mandato se extingue esta agrupación electoral, co cal o número de mandatos de 4 anos está xa determinado.
Para a outra lexislatura quedaría presentarse como Podemos ou presentar outra agrupación de electores distinta.
Tendo en conta esto, entón o número de mandatos dunha agrupación en teoría tería que ser dun mandato, é dicir, 4 anos.
Dito esto habería que corrixir o documento ético e poñer que a limitación é dun mandato.
Polo menos iso entendo eu.
Saúde
Contigo Pódese ·Tue 10 Feb 2015 8:35PM
Deixamos o documento en PDF.