ASIGNACIÓN DE TAREFAS
Se vos parece, poderíamos facer unha proba piloto en relación aos últimos comentarios aparecidos no loomio do grupo de medio ambiente. Refírome á forma de sumar o traballo da xente que non pode asistir ás reunións pero que están dispostos a contribuir
A miña proposta é a seguinte:
Individualmente ou por parellas preparar un pequeno informe sobre temas concretos de mobilidade.
Este informe sería presentado ao resto do grupo (unha presentación breve de 5 minutos polo medio que se queira) nunha data por acordar (en dúas semanas, por exemplo).
Os contidos do informe serían:
- Problemática
- Solucións adoptadas noutras cidades
- Posibles solucións para o concello de Compostela
- Recursos web sobre o tema (para saber máis)
Temas que vexo interesantes (polo que levamos falado):
* Metro lixeiro / Tren de cercanías
* Transporte en autobús
* Sistemas para compartir vehículos privados (car sharing)
* Bicicletas
* Solucións de aparcamento
* Peatonalización
Se alguén está disposto a participar nesta proba (se vai ben sería directamente exportable ao resto de grupos) que por favor indique tamén o tema de movilidade no que lle gustaría pesquisar.

Mariajo Bóveda Thu 23 Oct 2014 5:09PM
gran idea Nacho!

Carlos Noya Thu 23 Oct 2014 10:03PM
Estou de acordo coa colaboración non presencial. De todas formas teríamos que facer polo menos unha primeira reunión para arrancar.
Unha cousa que me.gustaría decir que si non revento.
O do tren lixeiro e unha idea que levo escoitado varias veces. Zaragoza instalou un metro lixeiro, ou tranvía, que costou 400 millones de euros e apenas da servizo a unha ou duas lineas. Hoxe en día podes solucionar o problema con autobuses eléctricos, igual de eficientes que un tranvía, pero Moito máis flexibles en canto a recorridos, e centros de veces máis baratos que todo o tinglado que necesita un tranvía.
Pero o da reunión e importante :)

davidlapido Thu 23 Oct 2014 10:24PM
O metro lixeiro que plantexamos nós non sería montar tinglados de 400 millóns de euros. Sería aproveitar as infraestruturas existentes, é dicir, aproveitar que temos unha liña de tren que recorre o centro de santiago e como moito construir 1 km para conectar O Milladoiro e un par de paradas 'intermodais' cas liñas de autobús urbáns. Estaríamos falando de infraestruturas sinxelas, o custo dun kilómetro de vía é dun 4 millóns, as obras para facer 8 ou 9 paradas como moitísimo 1 millón cada unha e logo os trenes que mais ou menos son 3 millóns cada un, e con poñer dous ou tres daría servizo abondo. Poñamoslle 25 millóns de euros. Iso en comparación cos 500 da cidade da cultura e tendo en conta que todas as mañáns virían 15000 persoas dende O Milladoiro non é tan descabellado.

Carlos Noya Fri 24 Oct 2014 8:50AM
Pero David, o trén ten o problema de que e lineal, atende soamente onde está o seu recorrido, neste caso Milladoiro Santiago. Con 25 millóns de euros podes comprar unha frota duns 20 autobuses eléctricos de 50 prazas cada un (falo de memoria nisto) mais a infraestructura de recarga, e poder crear 20 líneas que poderás modificar en tempo real según as necesidades da cidade. Si hay unha obra, podes modificar a ruta, ou si hay un pico de demanda, como un concerto, podes desviar parte da frota a ese evento. O coste por kilómetro e moi, moi reducido.
Akin Roblefrondoso Sat 25 Oct 2014 7:53AM
Eu volto coa miña teima de sempre: somos unha cidade que empeza a ir en decadencia, perdemos veciños, e non podemos calcular infraestructuras tirando cara arriba porque:
a) O financiamento vai ir á baixa.
b) Se algún día entramos, atoparemos un concello quebrado.
c) Nin vamos a ter presuposto para unha obra de 25 millóns, nin capacidade para financiala.
Por outra banda, eu sigo pensando en líñas ruráis de microbuses de percorrido corto, deixando á xente nunha parada de bus principal con alta frecuencia e sen entrar na cidade, simplemente facendo percorridos periurbáns periódicos e con paradas baixo demanda (telefónica ou por App) para non ir por aldeas que non teñen demanda nese momento. Con 2-3 minibuses desos solucionas o problema actual, grave, de falla de autobuses do rural. Precisarían dous conductores cada un para mantelos 14 horas diarias funcionando, e unha persona nun despacho recollendo as solicitudes. Aparte minibuses e mantemento. Non sei canto sería iso en financiamento, nin teño capacidade para facer un presuposto de algo así. Pero deixo a idea para traballala se a vemos interesante.

Enrique Castro Sat 25 Oct 2014 10:02AM
En mi opinión, lo importante para elaborar una propuesta de gobierno en la ciudad pasa por como acaba de decir Akin con sus puntos A) B) y C).
Por lo tanto, el establecimiento de una AUDITORÍA para conocer la situación REAL económico - financiera del Concello es premisa básica e irrenunciable.
Oficialmente, la deuda del Concello asciende a más de 55 millones de euros. El presupuesto anual no alcanza los 100 millones.
Y caiga quien caiga. No hay dolor.
Edito: además, para establecer un programa de movilidad urbana habría que conocer cuantas, de que tipo, por que cuantía , por cuanto tiempo y a cuanto ascendería una hipotética indemnización a las empresas privadas prestadoras del servicio de autobuses de la ciudad y el papel de la empresa TUSSA.

Florentino Balado Sat 25 Oct 2014 10:06AM
Yo entiendo que la propuesta de tren de cercanias o metro ligero comarcal, no es incompatible con la de autobuses electricos. Pienso que la apuesta para el transporte publico en Santiago debe ser intermodal e interconexionada y con billete único para facilitar el paso de un sistema a otro.
Victor Tue 28 Oct 2014 9:30AM
Un tema interesante (moito máis secundario do que estades a falar) é a "complementariedade". Un amigo vai montar unha empresa de bicimensaxería o próximo mes, e comentoume algunhas cousas realmente interesantes. Mentras lle botaba unha man, atopei esto: "Bilbao estrenará en noviembre los nuevos autobuses con portabicis" http://bilbaohiria.com/bilbao-estrenara-en-noviembre-los-nuevos-autobuses-con-portabicis/?utm_source=dlvr.it&utm_medium=twitter

davidlapido Tue 28 Oct 2014 10:44AM
Sorte ao teu amigo, ser ciclista urbano en Santiago é unha aventura e digoo por experiencia. Os coches portanse 'ben' por remedio, pero hai algúns que meten medo. Eu collería o toro polos cornos e poría todo o centro salvo algunhas rúas como 'zona 30' con badéns a excepción da zona central para o paso de ciclos. Convertir as rúas en ciclorúas basicamente, onde as bicis non estean excluidas do tráfico. Nas rúas de único sentido e dobre carril reservar o da dereita para buses e bicicleta. Nas rúas dun único sentido propoño a creación dun 'sentido único reversible', isto é un carril en sentido contrario paralelo á rúa e para bicicletas (é dos poucos casos nos que estaría a favor de vías segregadas, e só ocuparían 1 metro). Nas vías onde por seguridade non queda mais remedio que por vías segregadas estan teñen que ser sen bolardos e semellantes, pois é do mais perigoso para un ciclista. Poría moitos mais aparcadoiros de bicicletas, poría o portabicis nos autobuses que dixo Victor e mais cousas. Santiago en bici é unha gozada.
davidlapido · Thu 23 Oct 2014 10:39AM
Vou deixar un cantos enlaces para que teñamos en conta como se plantexa o santiago do futuro, que os nosos ollos han tardar en velo, pero que suporía un pelotazo urbanístico nunha cidade con 20.000 vivendas vacías.
En primeiro lugar o PXOM:
http://santiagodecompostela.org/medi/Urbanismo/pxom2008/INDICE_XERAL_PXOM.pdf
Un mapa xenérico de como quedaría Santiago co novo PXOM:
http://capitaldegalicia.blogspot.com.es/2008/02/santiago-con-el-nuevo-pxom.html
Un fío en skyscrapercity sobre o ensanche norte:
http://www.skyscrapercity.com/showthread.php?t=1324191
Proxecto gañador para a estación intermodal e opinión do alcalde:
http://skfandra.wordpress.com/2012/05/20/juan-herreros-arquitectos-nueva-estacion-intermodal-de-santiago-de-compostela/
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/2014/09/27/alcalde-reivindica-intermodal-realista-proyectos-utopicos/0003_201409S27C3991.htm
Todos os fíos en skycrapercity sobre santiago (que eu vise):
http://www.skyscrapercity.com/tags.php?tag=santiago+de+compostela
Con isto hai que facerse unha idea do que é, como será e o que queremos que sexa santiago. Se imos traballar sobre mobilidade non podemos basearnos só no presente. Un saúdo.