ASIGNACIÓN DE TAREFAS
Se vos parece, poderíamos facer unha proba piloto en relación aos últimos comentarios aparecidos no loomio do grupo de medio ambiente. Refírome á forma de sumar o traballo da xente que non pode asistir ás reunións pero que están dispostos a contribuir
A miña proposta é a seguinte:
Individualmente ou por parellas preparar un pequeno informe sobre temas concretos de mobilidade.
Este informe sería presentado ao resto do grupo (unha presentación breve de 5 minutos polo medio que se queira) nunha data por acordar (en dúas semanas, por exemplo).
Os contidos do informe serían:
- Problemática
- Solucións adoptadas noutras cidades
- Posibles solucións para o concello de Compostela
- Recursos web sobre o tema (para saber máis)
Temas que vexo interesantes (polo que levamos falado):
* Metro lixeiro / Tren de cercanías
* Transporte en autobús
* Sistemas para compartir vehículos privados (car sharing)
* Bicicletas
* Solucións de aparcamento
* Peatonalización
Se alguén está disposto a participar nesta proba (se vai ben sería directamente exportable ao resto de grupos) que por favor indique tamén o tema de movilidade no que lle gustaría pesquisar.
Alejandro Ulla Mon 10 Nov 2014 3:56PM
Estou totalmente dacordo coa importancia da mobilidade eficiente en Santiago. Sendo unha cidade cunha poboación flotante e un tamaño moi importantes en proporción coa a súa poboación e, ademáis, sendo das cidades máis chuviosas de Europa, é incomprensible a falta de toma de decisións neste eido.
O problema do tranvía é o seu custe. O do autobús a súa contaminación e a plataforma compartida co resto do tráfico co nefasto servizo que conleva. Nada é perfecto pero creo que, como se comenta arriba, o importante é priorizar sobre unha base realista. Baixo a miña opinión, Santiago precisa carrís bici, onde sexan posibles, e carrís BUS nas principais zonas de percorrido do transporte público. Especialmente Virxe da Cerca. De nada serve un transporte público co que non sabes cando pasa nin cando chegas ó teu destino.
Unha dúbida, ¿esto non iría en Acción Local?
Carlos Noya Mon 10 Nov 2014 9:15PM
E un tema moito maís denso do que pode parecer. Precisa un grupo de traballo propio.
Importante, tal como se falou no grupo de comunicación o ideal e plasmar as ideas en documentos privados, para evitar alimentar os partidos riváis.
Son expertos no copia e pega.
davidlapido Mon 10 Nov 2014 10:27PM
http://doodle.com/ftep63gkrzw3p2d6
Elexide data para a primeira reunión!
NON USEDES ESTE DOODLE, SENON O DE ABAIXO
Alejandro Ulla Tue 11 Nov 2014 9:25AM
Uff, nas datas da reunión podo adaptarme pero precisaría que fose máis tarde... máis ben cara ás 19:00 h, que non parte a tarde.
Alejandro Ulla Tue 11 Nov 2014 9:29AM
Vale, autorespóstome: acabo de ver o comentario de que a hora está mal: as propostas son para ás 20:00 h (só se ve o comentario se se entra directamente a https://www.loomio.org/d/9Ku7Ck3r/data-primeira-reunion?locale=es). Mellor!
davidlapido Tue 11 Nov 2014 2:41PM
MODIFICACIÓN DOODLE CON MAIS HORAS E DATAS
http://doodle.com/eiu7kfk2nv58wqt2
Grazas pola paciencia.
Carlos Noya · Sat 8 Nov 2014 2:42PM
Sobre o car sharing, su teño bastante experiencia no tema, e a clave de case todos os sistemas e unha cidade grande. Unha cidade como Santiago non parece o mellor lugar, a non ser que se opte por sistemas con micro coches eléctricos. Hay ciudades como Grenoble, en Francia, donde Toyota puxo en marcha un interesante programa que podería encaixar en Santiago.
De todas formas sigo vendo mellor o do bici sharing, pero con bicis eléctricas, como hay en Madrid e Barcelona.