Loomio

Acta 14/07/15 Círculo Podemos Vigo Sur

DMA Diego Méndez Alonso Public Seen by 175

Asemblea/Ordinaria
Data/ 14 de xullo do 2015
Hora/ 20:00h.
Lugar/ Danubio Azul
Moderador/ Juan
Secretaría/ Diego
N° de asistentes/ 17 membros

 Comezada a asemblea cando son as 20:12 horas e formada por 17 membros,  procédese a: 

1- Darlle a benvida a Nanci do "Círculo Vigo Oeste", a Carmen do "Consello Cidadán Municipal e do Consello Cidadán Autonómico" e a Marcelo do "Consello Cidadán Autonómico e do Consello Cidadán de Bruselas", que asisten á xuntanza por vez primeira.

2- Lectura da acta anterior e aprobación se procede.
votos en contra "0"
abstencións "5"
votos a favor. "11"

3- Por petición de Juan e aproveitando a súa labor como moderador, léenos o regramento ao que está sometido este e queda en facernos chegar unha copia por calquera das canles de comunicación das que dispoñemos.

4- Procédese á lectura do Código Ético ( dous minutos ), comezando no artigo n° 6 e rematando no n° 10.

5- Co comparecemento na asemblea de Carmen, Marcelo, Maika, Carlos e Alba, ( todos eles membros dos Consellos Cidadáns ) e tamén pola interese dos membros da asemblea por saber o que está acontecendo no proceso de primarias de Podemos, ábrese unha palestra onde se discute e controverte sobre este tema, alén do que pensabamos tratar hoxe.
Como tódolos membros da asemblea queren intervir, limítase o tempo para expor a dous minutos por persoa, evitando así de antemán chegar a unha cotifada.
Entre as declaracións máis agoirentas atópase a de algunha/s posible/s dimisión/s que serán postas en valor na vindeira xuntanza do CC.

6- Charla sobre "unha morte digna"
Segue en curso a coordinación entre os ponentes.

7- Manolo solicita a Carlos o borrador da validación do círculo.
Todavía non está dispoñible.

8- Infórmase que o mércores 15 de xullo ás 20:00 h. no café "de catro a catro " terá lugar unha asemblea aberta do Consello Cidadán Autonómico e algún representante do Estatal.

9- Rogos e preguntas.
Pola interese acadada e a privación de tempo do punto 5, decídese continuar neste apartado co comparecemento suscitado ao redor do proceso de primarias.
10- Data, hora e lugar para a seguinte asemblea.

 Decídese convocar a seguinte asemblea en "Tapería Alonso" o día 21 de xullo ás 20:00 horas. 

Moderador: Chus
Secretaría: Diego
Levántase a sesión cando son as 22:16 h.

CL

Chus López Sun 19 Jul 2015 7:48AM

Modificaciones al acta, por mi criterio:
1-Los nuevos asistentes fueron Nanci de Oeste, Carmen del CCm y CCa y Marcelo del CCa y CCBruselas.
--Las compañeras Alba de Sur y del CCm y Mayka de Oeste y del CCm yCCa , anuncian su intención de dimitir de todos sus cargos, así como la compañera antes citada Carmen y que esto se comunicará en el próximo Consejo Ciudadano del domimgo 12 de Julio.
Gracias por la labor.
Tambien hacer notar que pareciera que nos dotasemos de normas a las que no le hicieramos ningún caso en cuanto pasasen dos días (Tema de emplazamiento de asambleas)

PPJ

pi pe josma Sun 19 Jul 2015 8:08AM

Po la miña parte engadir, q nin Carlos nin Manu(ata onde eu sei), solicitaron q constara en acta tal disputa, po lo q eu procederia a incluir soamente a propia peticion en si de Manu a Carlos.

MF

Manuel Freiría Sun 19 Jul 2015 10:48AM

.- Maika xa tiña asisitido ás xuntanzas previamente.
.- Certos puntos do regulamento que lee Juan contradí (ou non é conforme co RRI) aprobado por Vigo Sur.
.- A donde van as discusións, o deciden os intervintes.
.- A acta non recoller quen propón cambiar o sitio de reunión nin os votos a favor e en contra.
É importante xa que en anteriores asambleas quedouse de estar en cada sitio un mes.
Polo demais, perfecto.