iniciamos os Encontros de Compostela Aberta. Xoves 15
Este sería o texto para explicar que son os encontros de Compostela Aberta e invitar a participación desde a páxina web e as redes.
Iniciamolos co Compostela Aberta a Cultura este xoves dia 15 as 8 da tarde no Hotel Virxe da Cerca e contaremos con Xesús Ron de Chévere,como coordinador
Os Encontros de Compostela Aberta supoñen un paso mais no obxectivo da elaboración colectiva do programa de goberno para a nosa cidade
Tras este primeiro Compostela Aberta á Cultura, celebraranse outras asembleas temáticas (Compostela Aberta á Mobilidade, ao Urbanismo, á Educación e Universidade, ao Emprego, á Participación…), e todas teñen por obxectivo analizar os problemas e preocupacións en cada área concluíndo propostas para o programa participativo de Compostela Aberta.
En cada un destes encontros temáticos contaremos con persoas coñecedoras do sector que nos orientarán nas principais problemáticas, para a partir de aí crear grupos de traballo con todos os composteláns interesados de cara a concretar o programa electoral.
Os Encontros de Compostela Aberta son un instrumento de participación cidadá, para devolverlle a capacidade de decisión ás persoas, buscando que entre todos estudemos os problemas e os retos que se presentan para cada área temática e artellemos ideas e propostas para buscar solucións que aplicaremos si chegamos a gobernar esta cidade .
• Compostela Aberta a Cultura
• Compostela Aberta a Educacion e Universidade
• Compostela Aberta ao Urbanismo e Mobilidade
• Compostela Aberta á sustentabilidade ambiental (Residuos, auga, enerxía ...)
• Compostela aberta á sustentabilidade social (sanidade, servizos sociais, economía, emprego, turismo..)
• Compostela Aberta á participación e liberdades (integración, igualdade, participación, laicidade
Reina D'hooreWed 14 Jan 2015 9:12AM
Ahí estaré. Ahora más que cultura yo lo llamaría Abierta al Arte. Pues cultura implica más cosas que el Arte. Claro que parece que engloba más y atrae más.
Invitaría a la Plataforma de músicos que acaba de crearse.
Reina D'hooreWed 14 Jan 2015 9:14AM
Me gustaría saber también porqué va a coordinar Xesus Ron cultura?
Jorge DuarteWed 14 Jan 2015 1:27PM
As xornadas están abertas á participación de todo o mundo. Pensouse en por un coordinador en cada grupo que coñecera a temática a tratar para facer unha pequena introdución. Neste caso eu propuxen a Xesús Ron pola súa ampla experiencia de máis de 20 de xestión cultura na sala NASA e polo documento que fixo público o grupo Chévere no mes de decembro reflexionando acerca de Compostela e a cultura, que nalgúns aspectos podería servir de base. De todos xeitos é necesaria a implicación de todos neste e noutros grupos e calquera pode ofrecerse para colaborar e coordinar.
Reina D'hooreThu 15 Jan 2015 10:04AM
Gracias Jorge por tu aclaración, estaría bien, si lo tienes y no es mucha molestia compartir dicho documento.
Xan DuroThu 15 Jan 2015 3:19PM
mándolle correo
AntomThu 15 Jan 2015 4:10PM
certo @iagorm
feito ;)
Jorge DuarteThu 15 Jan 2015 5:30PM
Reina, colguei o documento de chévere no grupo de debate de facebook de compostela aberta o 22 de decembro, podes leelo alí
Vemonos logo
Xan DuroThu 15 Jan 2015 6:54PM
Que sexa un éxito @jorgeduarte e mantennos informados :-)
senhorgrisoThu 15 Jan 2015 10:09PM
primeiras fotografías do evento de hoxe Xoves 15. "Compostela Aberta...á Cultura"
Para subir ao facebook. Eu porei un titular breve. Quen queira pode cambialo, engadir, tunear....
Iago Raposo ·Tue 13 Jan 2015 10:18PM
Paréceme unha iniciativa marabillosa e absolutamente demandada pola cidadanía. Aquí é onde podemos comezar a conectar coa xente e as sús demandas. En CA á cultura trataría de contactar con todas as persoas que enstes anos fixeron cultura e Cultura, desde músicos na rúa, clowns, contacontos, actores e actrices, até espazos culturais, lugares de exposicións, pintores, escritores,compañías de teatro, grupos musicais de todos os estilos, revistas... e toda aquela persoa que nós creamos que fan cultura ou Cultura neste noso Concello.
Na comisión de propostas había unhas conferencias ou charlas pensadas, creo lembrar que a primeira era sobre mobilidade. Este tipo de conferencias, mesas redondas ou charlas poden ser moi útiles por varios motivos, entre eles formarnos a nós mesmos nos puntos que imos levar no programa e ofrecer conferencias atractivas para a cidadanía sobre temas de interese. Eu proporía unha destas Mesas redondas Compostelas aberta a...cada semana ou cada 15 días.