Loomio
Tue 13 Jan 2015 8:59PM

iniciamos os Encontros de Compostela Aberta. Xoves 15

JD Jorge Duarte Public Seen by 51

Este sería o texto para explicar que son os encontros de Compostela Aberta e invitar a participación desde a páxina web e as redes.
Iniciamolos co Compostela Aberta a Cultura este xoves dia 15 as 8 da tarde no Hotel Virxe da Cerca e contaremos con Xesús Ron de Chévere,como coordinador
Os Encontros de Compostela Aberta supoñen un paso mais no obxectivo da elaboración colectiva do programa de goberno para a nosa cidade

Tras este primeiro Compostela Aberta á Cultura, celebraranse outras asembleas temáticas (Compostela Aberta á Mobilidade, ao Urbanismo, á Educación e Universidade, ao Emprego, á Participación…), e todas teñen por obxectivo analizar os problemas e preocupacións en cada área concluíndo propostas para o programa participativo de Compostela Aberta.
En cada un destes encontros temáticos contaremos con persoas coñecedoras do sector que nos orientarán nas principais problemáticas, para a partir de aí crear grupos de traballo con todos os composteláns interesados de cara a concretar o programa electoral.
Os Encontros de Compostela Aberta son un instrumento de participación cidadá, para devolverlle a capacidade de decisión ás persoas, buscando que entre todos estudemos os problemas e os retos que se presentan para cada área temática e artellemos ideas e propostas para buscar solucións que aplicaremos si chegamos a gobernar esta cidade .
• Compostela Aberta a Cultura
• Compostela Aberta a Educacion e Universidade
• Compostela Aberta ao Urbanismo e Mobilidade
• Compostela Aberta á sustentabilidade ambiental (Residuos, auga, enerxía ...)
• Compostela aberta á sustentabilidade social (sanidade, servizos sociais, economía, emprego, turismo..)
• Compostela Aberta á participación e liberdades (integración, igualdade, participación, laicidade

S

senhorgriso Thu 15 Jan 2015 11:28PM

Por certo, queríavos propor os seguintes encabezamentos para as próximas asembleas temáticas...cuestión de estética nada máis. Estes son exemplos ok?
se vos gusta, pois nada, porémolos para cada evento ou encontro, cambiando as datas, vale? avisade e poñémolo!

JD

Jorge Duarte Fri 16 Jan 2015 12:09AM

Moi bos os deseños Sebas!!!
E grazas tamén polas fotos.
Penso que estivo moi ben o acto de hoxe no cal estabamos cerca de 35 persoas, de perfís moi variados e que penso que poden aportar moito a Compostela Aberta...
Agora ven o mais dificil, avanzar nas propostas, pero hai un grupo con moita capacidade teórica e si traballamos entre todos sairán adiante as propostas programáticas

XD

Xan Duro Fri 16 Jan 2015 7:54AM

Gustanme moito sebas

MDD

Manuel Dios Diz Sat 17 Jan 2015 7:05AM

Ola Sebas. Eu poñería, no evento da educación e a universidade, Compostela Aberta á Universidade e á Educación.

E como data establecería, provisoriamente, o Xoves, 29, ás 20:00 horas.

Apertas e grazas. Bo traballo.

S

senhorgriso Sat 17 Jan 2015 8:56AM

Moi ben Manuel. Así o porei. Nada máis era un exemplo. Oks. Apertas

El 17/01/2015 08:05, "Manuel Dios Diz (Loomio)" escribió:

Ola Sebas. Eu poñería, no evento da educación e a universidade, Compostela Aberta á Universidade e á Educación.

E como data establecería, provisoriamente, o Xoves, 29, ás 20:00 horas.

Apertas e grazas. Bo traballo.

Responder a este correo electrónico directamente o verlo en Loomio ( http://www.loomio.org/d/Vze2XuNB/iniciamos-os-encontros-de-compostela-aberta-xoves-15?utm_campaign=thread_mailer&utm_medium=email&utm_source=new_comment#comment-450138 ).

Dejar de seguir ( http://www.loomio.org/email_actions/unfollow_discussion/63238/o4wHGyxDbxztduyu1rMX ) para detener correos electrónicos acerca de esta discusión.

Cambia tuspreferencias de correo electrónico ( http://www.loomio.org/email_preferences?unsubscribe_token=o4wHGyxDbxztduyu1rMX&utm_campaign=thread_mailer&utm_medium=email&utm_source=new_comment ) para darse de baja de los correos electrónicos de Loomio.