Loomio
Thu 3 Sep 2015 9:33AM

Xuntanza coordenadora 2/setembro/2015

JV Javi Vázquez Public Seen by 191

Resultados do tratado na xuntanza.

1) Revisión funcións e tarefas da coordenadora e os grupos de traballo.

GdT Organización:
* Proposta orde do día de asambleas.
* Confirmar relatores de cada punto e persoa moderadora.
* Envío convocatoria a través do GdT Com.
* Proposta orde do día coordenadora. Comunicación no grupo Telegram.

GdT Finanzas:
* Transparencia das contas na web (proposta de implementación e perioricidade por definir).
* Xestións das contas bancarias e relacións con entidades financieras.
* Relación con provedores e pagamentos.
* Recadación de doazóns e seguemento ingresos.

GdT Extensión Territorial:
* Organización de asambleas de barrio.

GdT Ligazóns cos grupos de traballo temáticos:
* Informar na coordenadora da actividade dos GdTs, e posibles conflictos ou disfuncións.
* Asegurar que os GdT temáticos teñen coordinación e actividade, dinamizando a elección de nova coordenadora do GdT cando haxa baixas.
* Informar e orientar ás persoas voluntarias sobre o GdT máis acaido segundo intereses e necesidades.

GdT Comunicación:
* Asambleas: Envío convocatoria vía Mailchimp, publicación evento en Facebook CA.
* Redacción e emisión notas prensa.
* Publicacións e xestión de contidos na web.
Xestión RRSS (FB e Twitter).
* Envío de convocatorias vía Mailchimp e creación de eventos nas RRSS.

GdT Loxística:
* Búsqueda e xestión local social.
* Organización de espazos para asambleas, e de forma extraordinaria os dos GdTs.

2) Asamblea monográfica para eleccións xerias.
Decisión: Aceitase organizar unha asamblea temática ao respecto. Queda pendente propoñer data ata recibir unha proposta concreta e debatible da potencial confluencia entre diferentes plataformas cidadás a nivel galego.

3) Relación GdTs coas concellerías.
* Decisión: No caso específico do GdT Lingua, unha persoa do GdT Ligazón falará coa coordenadora do GdT Lingua para confirmar a presenza do concelleiro responsable na próxima xuntanza. Confirmar se continuará como coordenadora.
* Decisión: Celebrar asamblea temática “100 días de goberno”, idealmente na 3ª semana de setembro.

4) Situación finanzas.
* Decisión: Preparación carta financiera e presentación a cargos públicos para debate e concreción cifras (Miguel Penas, Tubío).
* Decisión: Deseño e implementación de doazóns periódicas voluntarias na web e xestión das remeses (Tubío, Pérez Casas).
* Información: En plazo para presentar á documentación dos gastos electorais (ata 26/set). A devolución do bono reembolsable entre 1/novembro e 31/decembro.

5) Comunicación - Estrutura contidos páxina web.
Decisión: Aceitar a estrutura de contidos proposta polo GdT Com, con pequenas modificacións en base aos comentarios recibidos (eliminación subsección “transparencia informativa” e sección “Concello”). Haberá posta en común co novo persoal eventual de Com no Concello.