Loomio
Mon 2 Feb 2015 11:51PM

Não ao projeto de passeios com cavalos para turistas em Santiago

M MariadoMarLopes Public Seen by 55

Segundo vi, está a circular pelas redes uma recolhida de assinaturas contra a proposta do concelho de Compostela de utilizar cavalos para passeios de turistas. Esta-se a recolher as assinaturas na página Change. Considero importante que Compostela Aberta se posicione contra este despropósito e abuso aos animais. Amanhã se queredes, encarrego-me de compartilhar isto nas redes sociais de Compostela Aberta.

https://www.change.org/p/agustin-stgo-no-permita-el-uso-de-carruajes-de-caballos-para-turistas

AR

Akin Roblefrondoso Mon 2 Feb 2015 11:59PM

+1

Eu difundino esta mañá. Supoño que será parte daquelo de Wert de españolizar ós nenos, como o de facer un acto institucional na coruña con flamencas... Pois ale, copiamos aquí tamén os paseíños en coches de cavalos tan típicos de Andalucía.

Eso sí, ó tempo multamos labregos porque as súas vacas cagan nos camiños.

M

MariadoMarLopes Tue 3 Feb 2015 7:20AM

@xanduro @beatriz14 @miguelserrano @jorgeduarte @roicarballal @antom @Xose Anton etc...

XD

Xan Duro Tue 3 Feb 2015 10:47AM

Estou de acordo. Facedes unha breve nota de prensa para aprobala?

M

MariadoMarLopes Tue 3 Feb 2015 11:08PM

Na verdade não saberia que pôr nessa nota de imprensa. Poderia ser algo assim?

"Compostela Aberta quere denunciar publicamente que, segundo as informacións que nos chegan da Asociación Animalista Libera, da Asociación Abeiro e do Santuario Vacaloura, o concello de Santiago de Compostela estuda un proxecto que autorizaría o uso de carruaxes de cabalos para turistas sen ter en conta e sen lle importar a protección e benestar dos animais.

Como xa sucede noutras cidades, os cabalos poden chegar a ser obrigados a traballar durante longas xornadas, camiñando e tirando de pesadas carruaxes, baixo todo tipo de condicións climatolóxicas, sen descanso e sen estímulos positivos.

Non é necesario dicir que esta industria é completamente cruel, explotadora e moi perigosa. Os animais son moi sensíbeis ao barullo e aos sons inesperados podendo provocar accidentes e pondo en perigo os viaxeiros, os transeúntes e os propios cabalos,

Alén diso e sen dúbida algunha, o final da vida laboral destes cabalos será un matadoiro.

Desde Compostela Aberta, apoiamos a campaña de recollida de sinaturas hospedada no portal Change e que se iniciou nestes días a través das redes sociais. Por outro lado facemos noso o comunicado elaborado pola Asociación Animalista Libera e pedimos rotundamente ao concello de Santiago que retire esta proposta aberrante que atenta directamente contra a protección dos animais e do seu benestar"

M

MariadoMarLopes Tue 3 Feb 2015 11:10PM

Dicídeme e se dades visto bo ao comunicado publícoo nas redes sociais de Compostela Aberta e no web, mañá mesmo.

XD

Xan Duro Wed 4 Feb 2015 9:38AM

Por min ben. Agarda máis opinións

SN

suso noya Wed 4 Feb 2015 9:50AM

Por min tamén.

MS

Miguel Serrano Wed 4 Feb 2015 10:37AM

Por mim bem.

Meteria também polo meio algo como:
Iso por non falar agora do que representa aprofundar nun modelo de turistificación alleo, tipo "parque temático", no que castiga aos habitantes e às suas actividades económicas e que costuma acabar desertizando as cidades históricas convertidas en museo para foráneos.

I

Iria Wed 4 Feb 2015 11:34AM

A iniciativa é patética en tódolos sentidos. O texto paréceme perfecto, a aportación de Miguel serrano paréceme axeitada, pero sen perder que o principal é o maltrato dos cabalos.

Load More