Loomio
Mon 2 Feb 2015 11:51PM

Não ao projeto de passeios com cavalos para turistas em Santiago

M MariadoMarLopes Public Seen by 55

Segundo vi, está a circular pelas redes uma recolhida de assinaturas contra a proposta do concelho de Compostela de utilizar cavalos para passeios de turistas. Esta-se a recolher as assinaturas na página Change. Considero importante que Compostela Aberta se posicione contra este despropósito e abuso aos animais. Amanhã se queredes, encarrego-me de compartilhar isto nas redes sociais de Compostela Aberta.

https://www.change.org/p/agustin-stgo-no-permita-el-uso-de-carruajes-de-caballos-para-turistas

M

MariadoMarLopes Wed 4 Feb 2015 12:22PM

Pois em breve reelaboro o comunicado com a info de Miguel e já subo tudo às redes sociais de CA e à página web. À tarde estaria feito

Enviado de Samsung Mobile

-------- Mensagem original --------
De : "Iria (Loomio)"

Data:04/02/2015 12:34 (GMT+01:00)
Para: [email protected]
Assunto: [Compostela Aberta] Não ao projeto de passeios com cavalos para turistas em Santiago

A iniciativa é patética en tódolos sentidos. O texto paréceme perfecto, a aportación de Miguel serrano paréceme axeitada, pero sen perder que o principal é o maltrato dos cabalos.

Responda a este e-mail diretamente ou veja-o no Loomio ( http://www.loomio.org/d/EYu96N02/nao-ao-projeto-de-passeios-com-cavalos-para-turistas-em-santiago?utm_campaign=thread_mailer&utm_medium=email&utm_source=new_comment#comment-485438 ).

Deixar de seguir ( http://www.loomio.org/email_actions/unfollow_discussion/68571/T69pR1HRC5SM3P9Q9EKH ) para não receber mais e-mails sobre essa discussão.

Modifique suas preferências de e-mail ( http://www.loomio.org/email_preferences?unsubscribe_token=T69pR1HRC5SM3P9Q9EKH&utm_campaign=thread_mailer&utm_medium=email&utm_source=new_comment ) para cancelar subscrições de e-mails do Loomio.

M

MariadoMarLopes Wed 4 Feb 2015 1:19PM

Finalmente fica así:

"“Compostela Aberta quere denunciar publicamente que, segundo as informacións que nos chegan da Asociación Animalista Libera, da Asociación Abeiro e do Santuario Vacaloura, o concello de Santiago de Compostela estuda un proxecto que autorizaría o uso de carruaxes de cabalos para turistas sen ter en conta e sen lle importar a protección e benestar dos animais.
Como xa sucede noutras cidades, os cabalos poden chegar a ser obrigados a traballar durante longas xornadas, camiñando e tirando de pesadas carruaxes, baixo todo tipo de condicións climatolóxicas, sen descanso e sen estímulos positivos.
Non é necesario dicir que esta industria é completamente cruel, explotadora e moi perigosa. Os animais son moi sensíbeis ao barullo e aos sons inesperados podendo provocar accidentes e pondo en perigo os viaxeiros, os transeúntes e os propios cabalos,
Alén diso e sen dúbida algunha, o final da vida laboral destes cabalos será un matadoiro.
Iso por non falar agora do que representa aprofundar nun modelo de turistificación alleo, tipo “parque temático”, no que castiga aos habitantes e às suas actividades económicas e que costuma acabar desertizando as cidades históricas convertidas en museo para foráneos.
Desde Compostela Aberta, apoiamos a campaña de recollida de sinaturas hospedada no portal Change e que se iniciou nestes días a través das redes sociais. Por outro lado facemos noso o comunicado elaborado pola Asociación Animalista Libera e pedimos rotundamente ao concello de Santiago que retire esta proposta aberrante que atenta directamente contra a protección dos animais e do seu benestar”
"

M

MariadoMarLopes Wed 4 Feb 2015 1:22PM

subo agora a info à página e às redes sociais de CA

M

MariadoMarLopes Wed 4 Feb 2015 3:00PM

Está subido à página web. Agora passo a info às redes sociais. A propósito, mandamos o comunicado à imprensa?

B

Beatriz Wed 4 Feb 2015 3:19PM

Ola a todos,
as miñas disculpas por "chegar tarde" SIN EMBARGO, parécenme BEN a nota e os termos nos que está redactada.

Argumentos, ademáis do benestar dos animais (= acordes cos compromisos e valores asumidos por CA), para ter na recámara poderían ser:

1- cómo se pode estar a favor del, sen coñecelo (e cito literal do periódico):
Agustín Hernández. "Me dijo que DESCONOCÍA EL PROYECTO y su respuesta fue muy positiva. "

2- da "yuyu" leer tan sesudas argumentacións sobre os hipotéticos beneficios dese proxecto: que publique en base a qué/ cómo (haberá un estudio, unha proposta baseada en algo ... nº de empresas/ postos de traballo/ familias no sector).
Aínda así, a decisión non debe basearse só en (hipotéticos) criterios economicistas.

3- Por qué non sacar a concurso público "accións de dinamización e/ou "incremento do atractivo de Compostela" e que gañe o millor, ou sometelo a consulta(s) pola cidadanía (= participativo) e os sectores ós que afecta- beneficia.

3.1- qué hay dunha empresa de tours por Santiago en bici (como en BCN)?

4- Vendo o que se monta na Sionlla por unha bosta de vaca ...
5- "...ofrecer una actividad que se llevaría a cabo durante todo el año,,..."
Quén cantaba(?) eso de: "Esto no es Hawaii, que guay!"... Estos días, témola proba.

6- Por último: menos carruaxes e máis "ecosostenibilidade", "mobilidade da boa" e todo, idealmente, en forma de plan integral/ integrado.

Saúdos, B.