Loomio
Sat 12 Sep 2015 9:58AM

PODEMOS GALICIA Construcción espazo social e político de Cambio‏

AQ Alex quark Public Seen by 220

Septiembre
11

Prezada compañeira, prezado compañeiro

Tal e como transmitimos hai unhas semanas, seguimos traballando e pondo todo da nosa parte na construcción dun espazo social e político para o cambio, seguindo tanto a folla de ruta de Podemos Galicia como o mandato tácito expreso de todas e todos vós, que así entendíchedes que tiña que ser tal e como se amosou no referendo que tivo lugar hai unhas semanas.

Seguimos polo tanto traballando cos diversos actores sociais e políticos na construcción dese bloque social e político de cambio que conte cunha papeleta nas vindieras eleccións xerais inequívoca para traer o Cambio ao Estado.

Asímesmo, informámoste que vimos de aceptar o convite realizado polo Encontro por unha Marea Galega para acudir á xornada que convoca para mañá 12 de setembro en Compostela.

A nosa posición non estivo clara, dada a discrepancia que diferentes actores sociais e políticos tiñamos sobre cal era a función de dita xornada.

Baixo o noso punto de vista, e conscientes da importancia do momento actual, entendemos que non era beneficioso para o proceso de acumulación de forzas, que un foro no que estaban moitas cousas no aire, tivese a capacidade de decidir o futuro do proceso.

Entendemos que estes pasos son importantes, mais cremos que o proceso aínda non está o suficientemente maduro como para tomar decisións, que ante a ausencia de tempo, non serían reversibles.

Agardamos ter maiores avances nos próximos días.

Unha aperta.

A. Breogán Riobóo Lois
Secretario Xeral PODEMOS Galicia