Loomio
Tue 13 Jan 2015 10:59PM

Nota informativa para a chamada á participación no proceso de formación do Consello Cidadán Autonómico.

M Manu Public Seen by 86

En Plaza Podemos Galicia atopamos un fío no que se chama á participación cidadán para presentar unha lista para as eleccións ó Consello Cidadán Autonómico.

Pego a carta presentación da candidatura:

"Estimadxs compañeirxs,

Logo da xuntanza mantida o pasado sábado na Estrada, algunhas das persoas que pesentamos propostas quedamos en contacto para lograr unha conxunta que cubra a maior parte das inquedanzas que alí se suscitaron.

Sobre a base dos puntos de vista que se presentaron: comarcalidade, sectorialidade e carácter técnico, chegouse a un acordo que vos queremos presentar. Así mesmo, convidámosvos a participar no proxecto, e rogamos que colaboredes a darlle a maior difusión posible para que todxs xs compañeros e compañeiras aos que lles interese teñan coñecemento do mesmo

Base do proxecto.

A idea é xerar un documento político organizativo, coa súa candidatura à Secretaría Xeral de Podemos Galicia e unha lista ao Consello Cidadán, sobor de:

Prescindir completamente de personalismos. A proposta político-organizativa e a idea de elaboración da lista póñense por diante dos nomes que a conformen. As persoas que ocupen as candidaturas ao CCA e a SXA serán elexidas de entre as que traballen neste proxecto.

O obxectivo principal é-la laboura dun proxecto político-organizativo consensuado que represente o mellor posible a realidade de Galiza.

Queremos que todo o conxunto territorial, social e sectorial galego poida verse representado nunha lista plural, aberta e feita dende as bases. Intentando en todo momento contar con profesionais formados nalgunha das seguintes áreas ou persoas vinculadas a movementos sociais:
Estratexia e Campañas; Análise Social e Político; Estudos e Programa; Extensión e Participación; Organización Territorial e Círculos; Relación coa Sociedade Civil; Movementos Sociais; Redes e Prensa; Anticorrupción, Xustiza e Xestión Pública; Dereitos Sociais: educación, sanidade e vivenda; Formación e Cultura e Mocidade; Muller e Igualdade; Discapacidade; Economía,Ecoloxía e Medio Ambiente; Financiamento e Transparencia; Mobilidade Humana .
Buscaríase tamén cubrir estes postos con compañeirxs de círculos sectoriais relacionados, polo que se estaría a ter en conta os tres criterios xurdidos da reunión da Estrada. Outro criterio que se pode considerar ao completar estas áreas, é dar prioridade a aquelxs compañerxs de zonas con representación que estean subestimadas de acordo coa cantidade de poboación.

A decisión de se a lista será completa ou non, recaerá nas persoas precandidatas.

Aquelas persoas que colaboren no proxecto pero non terminen formando parte da lista final, en caso de presentar a súa candidatura de xeito independente, serán recoñecidos cunha marca que lles servirá como un valor agregado ao promover a súa candidatura.
Non presentaremos candidaturas á Comisión de Garantías Democráticas, co obxetivo de que sexan candidatxs independientes os que ocupen estes postos. Con isto aseguramos que os membros desta comisión sexan os garantes da ética como comportamento da actividade pública.

Pasos a seguir.

A todas aquelas compañeiras e compañeiros que se atopen interesadxs polo proxecto convidámolles a participar. Os pasos a seguir son os seguintes.

Enviar un correo electrónico desde a súa conta particular a [email protected], manifestando o seu interese por formar parte do proxecto. (canto antes, pero durante a semana do 12 ao 16 de xaneiro recibiranse as solicitudes).
Isto dará entrada a un grupo de Loomio onde estànse a traballar os documentos. A idea é traballar neles entre todxs durante a semana.
Neste correo informar: localidade i, en caso de estar interesado en ocupar un posto de área temática, indicalo; así como a súa vinculación coa área. Pódese indicar máis dunha área temática.
Solicitar a validación do seu círculo para a súa candidatura ao Consello Cidadán, o procedemento descríbese aquí.
Solicitar a validación do seu círculo para a súa candidatura a Secretaría Xeral. Animamos a todas as persoas a presentarse coa candidatura a SX, así non se traballa nun proxecto personalista senón nun proxecto de todos, e somentes ao final elíxese o SX. O procedemento descríbese aquí.
As validacións deben realizarse na semana corrente (do 12 ao 16 de xaneiro), en caso de obtela, enviar un correo a [email protected] confirmando o feito de estar validado.
En caso de non conseguir a validación do seu círculo (por cuestións só de tempo), comunicalo canto antes a [email protected]. Confeccionarase unha bolsa con persoas candidatas non validadas, i entre o venres 16 ò sábado 17, se validarán nos círculos que se presten para iso.
Realizarase unha reunión entre xs participantes o sábado 17 pola tarde (lugar e hora a acordar). Nesa reunión confeccionarase a lista final, elixirase o nome da lista, elixirase a SX, e redactarànse-los últimos detalles ò documento organizativo.

Cremos neste formato pra xerar un documento político-organizativo, e conformar unha lista. È ideal, pola súa grande apertura, horizontalidade, e que xenerarìa iguais oportunidades a todas as persoas, mantendo o ADN propio do movemento Podemos, polo que esperamos sexan moitos os que se animen a participar connosco.

Saúdos cordiais,

Grupo de traballo autonómico."

Deixovos tamén o enlace ó fío aberto en Plaza Podemos Galicia:

http://www.reddit.com/r/PlazaGalicia/comments/2s8543/avanzando_no_noso_proxecto_auton%C3%B3mico/

Consello Cidadán Podemos Ames.