Loomio
Fri 13 Feb 2015 7:54PM

Borrador do regulamento de primarias de Contigo Pódese.

CP Contigo Pódese Public Seen by 125

Imos seguir o mesmo proceso que co código ético para poder aprobar o regulamento de primarias de Contigo Pódese.

Abrimos plazo de suxerencias dende agora ata as 18:00 do domingo día 15 de febreiro. Xa que o documento debe estar rematado para o luns día 16.

BORRADOR
REGULAMENTO DE ELECCIÓNS PRIMARIAS DA CANDIDATURA DE UNIDADE CIDADÁ E POPULAR
“CONTIGO PÓDESE “

INDICE

CAPÍTULO I.
DISPOSICIÓNS XERAIS

CAPÍTULO II
DA PARTICIPACIÓN CIDADÁ

CAPÍTULO III
DA COMISIÓN ELECTORAL

CAPÍTULO IV
DA INSCRIPCIÓN DAS CANDIDATURAS

CAPÍTULO V
DA PRESENTACIÓN DAS CANDIDATURAS

CAPÍTULO VI
DA CAMPAÑA ELECTORAL

CAPÍTULO VII
DO PROCESO DE VOTACIÓN

CAPÍTULO VIII
DO PROCESO DE RECONTO
CAPÍTULO IX
DA PROCLAMACIÓN DOS CANDIDATOS 
CAPÍTULO I.
DISPOSICIÓNS XERAIS

Artigo 1. Obxecto
Este regulamento ten por obxecto a regulación do proceso electoral de primarias co fin de escoller os membros que formarán parte da Candidatura de Unidade Cidadá e Popular Contigo Pódese, que concurrirá ás próximas eleccións municipais de maio de 2015 no Concello de Ames coa forma de agrupación de electores.
Dita iniciativa está impulsada e apoiada polo Consello Cidadá Municipal de Podemos Ames, órgano executivo e político de Podemos no noso municipio.

Os membros da asemblea cidadá Contigo Pódese establecerán o calendario de proceso de primarias, así como a aprobación deste regulamento.

CAPÍTULO II
DA PARTICIPACIÓN CIDADÁ

Artigo 2. Participación Cidadá Aberta
Todos as persoas que queiran postularse como candidatos/as para presentarse ás eleccións municipais de Ames dentro da Candidatura Cidadá Contigo Pódese, serán elixidos pola cidadanía de forma directa e libre co seu voto.

Así mesmo, os/as cidadáns/ás poderán optar por presentarse a cabeza de lista (alcaldía) e/ou concellarías, debendo cumprir uns requisitos que se expoñen máis adiante.
Artigo 3. Sufraxio Pasivo
Poderá presentarse como candidato/a calquera persoa maior de idade empadroada no Concello de Ames. Non poderá presentarse como candidato/a ningún/ha concelleiro/a ou exconcelleiro/a, nin ninguén que ocupase u ocupe un cargo político en calquera das administraciones públicas.
Todos os/as candidatos/as que se presenten non poderán incumprir ningunha das disposicións do documento de Principios Éticos da Candidatura Cidadá Contigo Pódese que será aprobado con data anterior ao inicio do proceso de votación.
Consideraranse, en particular, motivos de exclusión inmediata calquera tipo de comportamento orientado a menoscabar infundadamente o creto dun/ha candidato/a, así como calquera comportamento xenófobo, insultante ou violento acreditado en entornas de deliberación ou debate de Contigo Pódese.

Artigo 4. Sufraxio activo
Poderán ser electores todas as persoas maiores de 16 anos que estén censadas no Concello de Ames.
Artigo 5. Equilibrio de xénero
En prol de potenciar a participación e implicación feminina no proceso político social, será necesaria unha proporción de candidatos dun 40-60%, indistintamente de homes e mulleres.

CAPÍTULO III
DA COMISIÓN ELECTORAL
Artigo 6. Creación e funcións da Comisión Electoral
A asamblea cidadá Contigo Pódese nomeará unha Comisión Electoral que será o órgano que controle o proceso de primarias. O número de membros desta comisión será de 4 persoas inscritas en Podemos do Municipio de Ames que deberán actuar con total transparencia, independencia e imparcialidade.
As súas funcións de esta comisión serán organizar, controlar e dirixir todo o proceso de primarias e garantir que se cumpra todo o establecido neste regulamento.
Entre as súas función está resolver calquera reclamación que se produza neste proceso de primarias e dará audiencia ás partes interesadas para que presenten alegacións.
As reclamacións que xurdan o dia da xornada electoral terán que resolverse motivadamente antes da proclamación dos resultados oficiais.
CAPÍTULO IV
DA INSCRIPCIÓN DAS CANDIDATURAS

Artigo 7. Inscripción dos/as candidatos/as
Calquera persoa maior de idade empadroada no Concello de Ames poderá incribirse como candidato/a sempre que cumpra co código ético de Contigo Pódese. A única limitación que se establece é que non poderá presentarse ningún/ha concelleiro/a ou exconcelleiro/a, nin ninguén que ocupase u ocupe un cargo político en calquera das administraciones públicas.

Artigo 8. Tipos de candidatura
Os/as cidadán/ás poderán presentarse a candidato/a á alcaldía e/ou concellaría. As candidaturas á alcaldía irán necesariamente vencelladas a un documento político-organizativo que recolla unha proposta de programa electoral.
As diferentes candidaturas a alcaldía deberán ser avaladas pola asemblea Contigo Pódese. O aval será automático a non ser que por maioría da asemblea se decida non admitir unha candidatura nos supostos de incumprimento do código ético Contigo Pódese ou por decisión xustificadamente motivada como pode ser a falta de rigor, preparación ou seriedade do documento que se presenta.
O/a candidato/a que se postule para a alcaldía e concellaría deberá indicalo expresamente e deberá sinalar as dúas casillas do formulario habilitado para tal fin na web de Contigo Pódese www.contigopodese.info.

Artigo 9. Datas de inscripción
O prazo establecido para a presentación de candidaturas será desde as 11:00 horas do luns 16 de febreiro de 2015 ata as 20:00 h do luns 23 de febreiro de febreiro de 2015.
Habilitarase un formulario na Web de Contigo Pódese www.contigopodese.info para realizar a inscripción das candidaturas (alcaldía/concellaría). Haberá que cumprimentar os datos que se solicitan tendo en conta que estes datos unha vez enviados non se poderán corrixir.
Se xurde algún problema no momento da inscripción poderán poñerse en contacto co correo [email protected] dentro do prazo de inscripción.
Así mesmo, habilitarase unha mesa presencial con ordenadores na asamblea do dia 19 de febreiro ás 20:30 h na Casa da Cultura do Milladoiro para axudar na inscripción ás persoas que así o soliciten.

CAPÍTULO V
DA PRESENTACIÓN DAS CANDIDATURAS

Artigo 10. Presentación dos/as candidatos
A presentación dos/as candidatos/as farase nunha asemblea aberta o dia 27 de febreiro. Todos/as os/as candidatos/as deberán presentarse ante os/as compañeiros/as da asemblea e darse a coñecer, biografía, formación/cualificación, experiencia laboral, área competencial na que está interesado/a, así como unha motivación de por que presentan a súa candidatura.
Os/as compañeiros/as que se presenten para a alcaldía ademáis daráselles de prazo ata o 6 de marzo para que elaboren o documento político-organizativo que deberá recoller unha proposta de programa electoral. Así mesmo presentarán e defenderán este documento ante a asamblea Contigo Pódese o dia 6 de marzo.
Ditas presentacións ante os/as compañeiros/as nas asembleas serán requisito indispensable para aceptar as candidaturas. Se algunha persoa se inscribe como candidato/a e non se presenta, entón a súa candidatura non será aceptada pois non cumpriría este requisito e polo tanto este regulamento.
Si por calquera circunstancia un/unha candidato/a non puidese presentarse por causa de forza maior debidamente xustificada, entón será a asemblea a que de xeito extraordinario e por maioría decidirá aceptar ou non dita candidatura.

CAPÍTULO VI
DA CAMPAÑA ELECTORAL
Artículo 11. Campaña electoral
Cada candidato/a poderá facer campaña electoral da súa candidatura dentro dun período que vai desde a presentación do 27 de febreiro ata o 12 de marzo.

CAPÍTULO VII
DO PROCESO DE VOTACIÓN
Artículo 12. Proceso de votación
Poderá votar calquera persoa maior de 16 anos que esté censada no Concello de Ames. No momento da votación asinará un certificado preparado para tal fin no que acreditará dita circunstancia e achegará o seu DNI.
As votacións faranse o venres dia 13 de marzo a través dunha mesa presencial entre as 10:00 horas e 20:00 horas.
Haberá dúas mesas con dúas urnas, unha para as votacións á alcaldía e outra para ás concellarías.
Habilitaranse as papeletas de voto onde se incluirán os nomes de todas as persoas ordenadas alfabéticamente polo seu primer apelido comezando pola letra que se determine nun sorte que se celebrará na asamblea do 19 de febreiro. Cada votante só poderá escoller a 8 candidatos/as. E no caso da alcaldía só poderá escoller a un/unha candidato/a.
Os membros da comisión electoral controlarán todo o proceso electoral.
Ese proceso de votación será público e aberto a calquera cidadán/a para garantir a maior transparencia. Tamén poderán asistir como interventores representantes das candidaturas.

CAPÍTULO VIII
DO PROCESO DE RECONTO
Artigo 13. Reconto das votacións
O reconto farase pola Comisión Electoral ao finalizar as votacións ás 20:00 horas o dia 13 de marzo e escolleranse por orde os candidatos/as máis votados, así como a/o candidato/a á alcaldía máis votado que figurará de cabeza de lista.
Se se produce un empate no número de votos entre candidatos/as, intentarase que cheguen a un consenso entre eles, e se non fose posible escollerase a orde por sorteo, un voluntario da asemblea escollerá entre varias papeletas pechadas co nome dos/das candidatos/as, e se escollerán por orde de saída.
Se non se consiguen os/as 23 candidatos/as para conformar a lista, os postos que queden sen cubrir completaranse por elección da asamblea co consentimento destes candidatos/as.
Haberá que ter en conta sempre que a lista final deberá corrixirse en función de criterios de xénero se fose o caso.
Ese proceso de reconto será público e aberto a calquera cidadán/a.
CAPÍTULO IX
DA PROCLAMACIÓN DOS CANDIDATOS
Artigo 14. Proclamación dos candidatos electos
A Comisión Electoral finalizado o reconto publicará os resultados e proclamará a lista dos 23 candidatos que pasarán a formar a lista electoral da Candidatura Cidadá Contigo Pódese encabezada pola persoa que saia elixida como candidato/a á alcaldía.
A Comisión Electoral levantará acta da Xornada Electoral onde fará constar a Constitución da Mesa Electoral, representantes dos/as candidatos/as que asistan como interventores, hora de apertura, peche, reconto de votos, resultado do escrutinio, incidencias, proclamación dos/as candidatos/as que configurarán a lista final.
No caso de que algún candidato/a que saia elixido/a renuncie ao seu posto antes de rexistrarse a candidatura, este posto cubrirase pola persoa que lle corresponda por orde de votos obtidos e se non fose posible entón será a asamblea quen escolla maioritariamente ao candidato/a co seu consentimento.

JM

JOSE MANUEL Sat 14 Feb 2015 11:30PM

Me parece perfecto.

CP

Contigo Pódese Sun 15 Feb 2015 10:30AM

Bos días, houbo un erro á hora de subir o borrador e foi colgado un primeiro boceto de este que colgamos agora, que si é o borrador final.

F

Francesco Sun 15 Feb 2015 8:48PM

Por mi se debería cambiar el poden votar 8 con Deben votar 8 , y después hace falta un mecanismo por establecer el orden en la lista, yo pensaba 8 puntos el primero 7 el segundo 1 el octavo , así cada momento tien un valor e se puede hacer un orden de lista.

AC

Alfonso Casal Fri 27 Feb 2015 11:40PM

Os dejo nuestro reglamento de primarias por si os resulta de interés. Saludos

AC

Alfonso Casal Fri 27 Feb 2015 11:52PM

También os dejo nuestro código ético. Saludos