Loomio

Acta 28/06/15 Presentación e definicións

MF Manuel Freiría Public Seen by 166

Acta Reunión Grupo de Comunicación Círculo Podemos Vigo Sur
Data: 18/06/2015
Hora: 20:30
Lugar: Babio
Presentes: Chus, Jose Pi Pe, Juan Sierto, Manuel, Rebeca
Ausentes: Carlos
Xustifican: Ninguén
Modera: Chus
Secretaría: Manuel Freiría

1.- Definimos que é comunicación e a qué se debe este grupo de traballo

Transmitir información para alterar o coñecemento da entidade receptora.
O Grupo de Comunicación está ó servizo do Círculo de Podemos Vigo Sur, a ideoloxía de Podemos e mais do coñecemento, e difusión da declaración dos dereitos humanos de 1948.

2.- ¿Qué desexamos transmitir?

Aquelas iniciativas, propostas e accións que xurdan nas xuntanzas do Círculo de Podemos Vigo Sur.

3.- Situación actual

Cara ó exterior existen duas canles:

a) Unha FanPage no Facebook con 44 seguidoras a día de hoxe, xestionada, "creese" por Carlos.

b) Un grupo no Facebook visible e moderado polas persoas do círculo con 6 integrantes.

Constatase que na Web " Podemos Vigo" (http://vigo.circulospodemos.info/) non existe presencia do Círculo Podemos Vigo Sur.
Os outros círculos teñen unha reseña que leva ó seu ámeto xeográfico de traballo, o seu enderezo electrónico en googlegroups e tamén existe un lugar para actas inaccesible sin identificación.

4.- Base de datos de simpatizantes

Non existe unha base de datos de persoas que poidan estar interesadas en recibir informacións de Vigo Sur ou a quen enviar convocatorias importantes ou urxentes.

5.- Definición de Obxectivos do Grupo de Comunicación Podemos Vigo Sur

(En BrainStorm)
.- Difundir as actividades do círculo
.- Información de eventos
.- Dar a coñecer Podemos
.- Mellorar a imaxe de Podemos ante a cidadanía
.- Incremento da afiliación e da participación
.- Visibilizar as problemáticas da área xeográfica do círculo.

5.- ¿Que nos motiva? Definición

Acadar unha transformación social mediante a participación política das persoas.

6.- Definición de públicos que se pretende acadar

a) Abstencionistas e persoas políticamente pasivas
b) En xeral a toda persoa de calqueira edade ou condición.

7.- Ferramentas de difusión

Concluimos que SI, queremos utilizar os medios tecno-sociais para levar a cabo nosa laboura de difusión e propaganda, facendo ademais a seguinte analise FODA: (En permanente revisión)

Fortalezas:
.- Ámplia difusión dos medios sociais meidante as TICs
.- Facilidade de uso

Oportunidades:
.- Chegar a un público amplo.
.- Posibilidade de retroalimentación.
.- Publicidade moi económica se se dera o caso.

Debilidades:
.- Pode ser que non se chegue as persoas do entorno xeográfico pretendido
.- Compre coñecer moitas ferramentas
.- Dificultade para manter as actualizacións dos perfiles ou páxinas
.- Dificultade para xerar e manter conversacións.

Ameazas.
.- Determiñadas canles (Facebook FanPage, por exemplo) teñen a visibilidade supeditada ós intereses da compañía anfitriona.

8.- Vindeira Xuntanza:
Nun plazo de medio ciclo lunar (2 semanas). Crearase un Doodle para acordar data.

9.- Acordamos in extremis, recabar das compañerias do círculo cales son as Redes Sociais que elas utilizan cotidianamente para facernos unha idea de por onde tirar e crear ferramentas.

10.- Remata a xuntanza cando son as 22:30 ben pasadas.

JMS

juan manuel sierto diaz Fri 10 Jul 2015 5:43PM

Ok, Agora ya podemos ir vendo as actas. Xa imos parecendo un grupo de traballo.!!!

DMA

Diego Méndez Alonso Sat 11 Jul 2015 2:26AM

@manolofreiria non será mellor 28/06/2015 ?

MF

Manuel Freiría Sat 11 Jul 2015 7:41AM

Nin mellor nin peor. Eu prefirió ese formato de data porque os ficheiros indexan por orde. Vos usade a q considrredes.