Loomio
Sun 18 Jan 2015 10:16AM

Espazo Ecosocialista manifesta publicamente o seu apoio a Compostela Aberta

XD Xan Duro Public Seen by 49

Espazo Ecosocialista ven de manifestar o seu apoio a Compostela Aberta como ferramenta para construír unha candidatura cidadá para as eleccións municipais de maio en Santiago de Compostela.

Espazo Ecosocialista afirma sentirse representada e integrada nesta plataforma cívica e compartir plenamente os seus principios e obxectivos. Polo tanto, renuncia á presentación de candidatura propia e asume os resultados da celebración das primarias abertas previstas por Compostela Aberta.

Estamos diante dunhas eleccións cruciais para o futuro democrático deste país, xa que forman parte do proceso de cambio político que deberá encetar un novo proceso constituínte. Así mesmo, o seus resultados van ser determinantes no proceso de reconstrución que vive a esquerda democrática e de recuperación da cidadanía para a actividade política.

Para Espazo Ecosocialista, os procesos cidadás e inclusivos como Compostela Aberta, onde os partidos que decidan apoiar o fagan ‘diluíndose’ e cedendo a súa soberanía as cidadás son chaves pola súa encarnación do factor democrático e participativo, definindo a cooperación política entre espazos culturais e cidadáns. Tamén fai un chamamento ao resto das forzas políticas integradas en AGE, así como a outras forzas transformadoras como Podemos a sumarse a estas iniciativas.