Loomio
Sun 22 Nov 2015 9:58PM

Proposta moción: Colaboración do Concello de Ourense con Caixa Rural Galega

MC mavi calviño Public Seen by 29

URXENTE: MOCIÓN A PRESENTAR NO PLENO DE DECEMBRO
Proposta feita polo Grupo de Legal, Finanzas e Loxística, a petición do Grupo Institucional e en cumprimento do noso Programa, apartado Recursos, Economía e Facenda:
“rec25. Financiamento ético e responsable. O Concello utilizará de maneira preferente servizos bancarios e financeiros relacionados coa banca ética, as cooperativas de crédito, a banca pública e aquelas iniciativas bancarias e financeiras que se guíen por uns criterios de responsabilidade social e ambiental. Non marco das súas competencias, o Concello de Ourense estudará a posibilidade de crear unha caixa pública ou participar da Caixa Rural Galega.”
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
A Caixa Rural Galega non é unha Caixa de Aforros, é unha Sociedade Cooperativa de Crédito, 100% galega xa que o 100% dos propietarios e propietarias da cooperativa son galegos, e arredor do 98% do seu investimento faise en Galicia, sendo este o seu ámbito de actuación territorial.
É unha entidade rexida polos principios de Participación (todos os seus socios teñen un voto, independentemente do número de participacións que posúan), e Transparencia (anualmente fan públicos o Balance Público, Conta de pérdidas e ganancias, Informe de relevancia prudencial, Informe anual e Memoria).
A xestión da Caixa Rural Galega está baseada no espírito de empresa cooperativa: recibir e prestar diñeiro, reinversión dos beneficios, sen especulación e con prudencia. Mentres outras Caixas se viron implicados en procesos con enormes perdas, insolvencias, peches e oficinas e redución de persoal, Caixa Rural amosou un dos mellores niveis de solvencia do Estado, mantivo unha ratio de tesouraría (relación entre depósitos e créditos) superior ó 40%, cando o recomendado é que estea por riba do 10%. Medrou tamén en número de oficinas e persoal, sendo de destacar a promoción do emprego feminino, pasando dun escaso 20% no ano 2006 a un paritario 50% na actualidade.
Comparte servizos en mercados financeiros, informática e seguros a través do Grupo Caja Rural, co que reducen custos e aumentan as eficiencias de xestión, pero mantendo descentralizado o resto do negocio para facelo mais próximo á realidade dos galegos e galegas.
É claro o compromiso da Caixa Rural Galega coas PEMES, tal como e moi especialmente co desenvolvemento rural, tanto a través da financiación como da colaboración con entidades como a Fundación Juana de Vega nos programas de apoio ó emprendemento agroalimentario, promovendo o coñecemento, conservación e desenvolvemento do medio rural de Galicia coa preservación do seu entorno natural e humano e fomentando actuacións de investigación e formación. Asimesmo, asinou convenio de colaboración con AFIANZAMIENTOS DE GALICIA, SOCIEDAD DE GARANTIA RECIPROCA ( AFIGAL, S.G.R. ), co obxectivo de impulsar a emprendedores, autónomos e PEMES, para contribuir ó desenvolvemento do tecido empresarial e industrial, facilitando a acceso ó financiamento a través de créditos favorables en comisión, plazos e tipos de xuros.
No ámbito social, ven de asinar un convenio coa Xunta de Galicia, no que Caixa Rural de Galicia garante que as familias sen recursos afectadas por execucións hipotecarias non se verán na obriga de abandonar a súa vivenda podendo permanecer nela ata tres anos cun aluguer que non superará os 75 euros. Caixa Rural comprometeuse tamén a ceder á Xunta 20 vivendas valeiras para residencia de familias afectadas por un desfiuzamento ou en risco de exclusión social pagando un aluguer máximo de 125 €/mes.
Non podemos esquecer a traxectoria da Caixa Rural Galega que, ó contrario do que pasa con outras entidades financeiras, non se viu implicado en ningún dos escándalos tan cotiás nos últimos tempos: tarxetas VIP, indemnizacións millonarias ou malas praxes dos Consellos de Administración, creando débedas que agora toda a cidadanía nos vemos obrigados a pagar. Tampouco utilizou Caixa Rural a colocación de Participacións Preferentes xa que estas non confiren a quen as posúe nin participación no capital, nin dereito a voto, mantendo así a confianza dos seus clientes e socios.
Remitímonos, por último, ás palabras coas que Caixa Rural nos recibe na súa páxina web: “A carón dos galegos hai unha Caixa enraizada nas súas orixes, sen máis miras que loitar pola terra que a viu nacer. A aposta polas cousas ben feitas, a serena tenacidade, a constancia e un férreo compromiso coa nosa terra foron os principios que a acompañaron ata aquí.
A aposta continúa e o compromiso agranda. Hoxe máis que nunca Caixa Rural Galega está comprometida cos galegos e galegas, con Galicia, e por riba de todo, está comprometida contigo, porque cada un dos nosos socios e clientes forma parte deste proxecto.”

ACORDOS
1. Incluír a Caixa Rural Galega entre as Entidades Financeiras colaboradoras do Concello de Ourense para o aboamento de taxas e impostos, de competencia municipal.
2. Iniciar contactos con responsables de Caixa Rural Galega en Ourense, de cara a coñecer en profundidade o seu xeito de funcionamento, así como as propostas que podan facer de cara a futuras colaboracións en temas financeiros.

MAIS INFO: http://www.ruralvia.com/cms/estatico/rvia/galega/ruralvia/es/particulares/informacion_institucional/la_entidad/la_entidad/la_entidad/caixa_rural_galega.html

MC

mavi calviño Sun 22 Nov 2015 10:06PM

Lamento a urxencia desta proposta, pero falando co Grupo Institucional, considerouse a conveniencia de incluíla entre as mocións de decembro, xa que, aparte de estar recollido no noso programa, pode ser mellor recibido polos outros grupos municipais por estar en proceso electoral. Ademais... ¿qué argumentos poderían ter en contra???? En todo caso, queda nas vosas mans a decisión de metela xa ou adiala. Apertas

MC

Poll Created Sun 22 Nov 2015 10:08PM

Incluir esta proposta nas mocións a presentar no mes de decembro Closed Wed 25 Nov 2015 10:07PM

  1. Incluír a Caixa Rural Galega entre as Entidades Financeiras colaboradoras do Concello de Ourense para o aboamento de taxas e impostos, de competencia municipal.
  2. Iniciar contactos con responsables de Caixa Rural Galega en Ourense, de cara a coñecer en profundidade o seu xeito de funcionamento, así como as propostas que podan facer de cara a futuras colaboracións en temas financeiros.

Results

Results Option % of points Voters
Agree 66.7% 2 MV T
Abstain 33.3% 1 S
Disagree 0.0% 0  
Block 0.0% 0  
Undecided 0% 36 MCF MC O MXV MR AF MG R AH MBC RS JMG MGP E CM L MDG JAS XD MFN

3 of 39 people have participated (7%)

S

sharli
Abstain
Tue 24 Nov 2015 5:56PM

Me parece este un tema de mucho calado (estamos hablando del sistema financiero, al fin y al cabo). Mejor retrasarlo para hacer gran campaña informativa y sensibilización.

MC

mavi calviño Tue 24 Nov 2015 9:41PM

Totalmente dacordo Sharli, e hai que afondar moito nos temas financeiros, pero a pouca experiencia que temos nos di que para ir acadando algo temos que ir ós poucos, con propostas moi concretas porque senon corremos o risco de que nos boten abaixo temas moi amplos polo feito de que nos lles guste algún dos apartados. Neste caso considerouse a posibilidade de presentar este apartado só porque é incomprensible que o Concello de Ourense deixe ó marxe da colaboración á única entidade galega, ética e que ten como súa máxima o apoio a pemes, autónomos e ó rural. Mais aínda cando en moitos outros concellos de Ourense sí está medrando a presenza de Caixa Rural e amosan unha grande satisfación cos resultados. Por suposto é unha opinión, e anque o texto é sinxelo, a súa defensa iría acompañada de datos moito mais técnicos de resultados, memorias, balances.... que se lle entregarían ó resto de grupos municipais.

R

Roberto Thu 26 Nov 2015 4:46PM

Penso que non sería problema presentala en Xaneiro e afondar máis no tema. Non hai marxe a debatir e penso que é un tema que da moito de si. Si xa esperou, por un mes máis non pasa ren. Ti sabes o tempo que lle adicamos o tema na Plataforma Pola Banca pública e parece que non lle urxe a niguén. Afortunadamente alguen fixo algo; 15m para Rato.

Tres tempos: corto, medio e largo prazo.
- Retomar comisións de investigación e denuncias.
-Organización colectiva dos aforradores.
-Diseño e implentación dun verdadeiro sistema de aforro público controldado pola cidadanía.

¡Tamén me absteño !

R

Roberto Thu 26 Nov 2015 4:51PM

Podese comezar como unaha mesa para ir aportando información, contactar para conseguri información non debería ser problema.

O

OUeC Wed 23 Dec 2015 12:10PM

Hai un compromiso en firme por parte do actual equipo de goberno de traballar con Caixa Rural. Actualmente están pendentes de recibir documentación por parte da Caixa. Xa que logo, quedamos atentas a súa resolución e no caso de ser necesario presionar no futuro.