Loomio
Tue 10 Feb 2015 4:40PM

Borrador da Acta da Asemblea Aberta do 09/02/2015

XD Xan Duro Public Seen by 53

Acta da Asemblea de Compostela Aberta do 09/02/2015
Orde do Día:
1.- Información dos resultados das conversas cos partidos políticos e a decisión de Podemos ao respecto da súa integración en CA. Avaliación da situación e perspectivas

Faise un resumo das xuntanzas mantidas cos distintos grupos políticos nos últimos 15 días e os seus resultados en relación a CA

CxG – Non creen demasiado nas iniciativas cidadás. A súa opción é presentar lista propia ou coaligarse.
Anova – Ten vontade de integrarse nas iniciativas cidadás coas que concorde participando activamente no seu proceso.
Esquerda Unida – Cree importante a confluencia mais aposta máis polas coalicións para manter a presenza das súas siglas.
Podemos – Intégrase en Compostela Aberta
Espazo Ecosocialisa – Intégrase en Compostela Aberta
Equo - Intégrase en Compostela Aberta
Nos-UP - Intégrase en Compostela Aberta

2.- Protocolo de Primarias

O obxectivo do debate e recoller as respostas as preguntas centrais dun regulamento de primarias que son: Quen pode presentarse? Como será esa presentación? Quen pode votar Como e cando?. As respostas servirán de orientación para redactar un borrador de protocolo que se someterá a aprobación xunto co Código Ético nun plenario a celebrar o 28 de febreiro. De xurdir discrepancias que fagan necesario unha votación habilitarase a posibilidade de facelo en liña durante dous días. A relación das opinións sobre cada un dos puntos é a seguinte.

Quen pode presentarse?

Proposta – Calquera persoa empradronada en Compostela e que non exerza ou teña exercido cargo eleito ningún.
Proposta – Calquera persoa agás aquelas imputadas ou condenadas por delitos
Proposta – Calquera persoa pero cun pacto de transparencia onde debe dicir onde esta e que cargos ostentan.
Proposta – Atenernos ao que di a lei eleitoral: calquera persoa maior de 18
Proposta – Calquera persoa pero impedindo a acumulación de cargos. Os cargos eleitos de CA deben ter adicación exclusiva.
Proposta – Calquera persoa independentemente de se tivera ou non exercido responsabilidades públicas. De non ser así estaríase a renunciar a un capital e experiencia política importante .
Proposta: Calquera persoa pero que os resultados garantan que a candidatura sexa o máis diversa posibel.
Proposta – Calquera persoa. Temos que confiar que a xente e maior de idade para decidir. O importante é poñer toda a información posible a súa disposición
Proposta - Se queremos ser candidatura nova non podemos poñer rostros que lembren o anterior. É moi importante o elemento simbólico e de imaxe.
Proposta - A lista xeral será a que a xente decida. Cando menos condicións poñamos mellor.

Como se poden presentar?

Proposta – Preséntanse individualmente en listas abertas puras
Proposta – Votar dúas listas: cabeza de lista e resto da candidatura. A candidatura ten que ter por lei 25 persoas e un número de suplentes así que as primeiras 12 persoas en votación o resto con outro criterio. Votación en listas abertas pero posibilidade de crear equipos/candidaturas
Proposta- Unha lista pero numerando as persoas candidatas por orde de preferencia. O reconto dos votos outorgaría unha puntuación a cada candidato/ segundo o posto asignado sendo o resultado final a suma do total dos puntos conseguidos.
Propostas – Na papeleta debe figurar información de cada unha das persoas candidatas
Proposta - Separar cabeza de lista e lista. Que os resultados eviten oligarquias na propia organización, respectando ás minorías. Debe existir un organismo fiscalizador non só durante o proceso de primarias senón tamén durante o traballo de goberno.
Proposta – Establecer unha ligazón funcional entre os grupos de traballo e as candidaturas, creando unha estrutura de traballo que poida chegar máis alo das eleccións.
Propostas -  Temos que ser conscientes de que se precisan coñecementos e cohesión polo qeu é importante que haxa un equipo.
Propostas - A validez das persoas candidatas débena decidir os votantes. Contradición co asemblearismo facer listas separadas. Non hai que caer en presidencialismo.
Proposta – Atopar unha formula que conxugue a existencia dun grupo cohexionado coa transversalidade na lista.
Proposta - Presentarse por áreas de goberno aportando so coñecementos para xestionar esa área
Proposta – Hoxe en día precisamo algo de liderazgo.
Proposta – Que a persoa que encabece a lista escolla o seu equipo.
Proposta – Toda persoa candidata debe ter participado en CA senón imos a un modelo elitista afastado do empoderamento popular. Non ten que estar sempre na actividade de CA pero si ter amosado interese.
Proposta - É irreal pensar que só poida sair de a actividade de CA un candidato dado o número de persoas activas que temos. O importante é o coñecemento publico e a valoración, son importantes ademais da capacidade.
Proposta - O perigo son as dinamicas internas afastadas da realidade da cidadanía. Evitalo establecendo ferramentas que permitan consensuar as regras de xogo, a partires de aí as votacións definirán. Marquemos os lmites o máis anchos posibles.
Quen pode votar?
Proposta: Só persoas empadroadas en Compostela e concellos dos arredores
Propostas: Incluír ao estudantado
Propostas: Buscar a máxima participación pero se ampliamos a persoas non empadroadas pode haber problemas de distorsión, introducindo un sesgo irreal que logo non se daría propiamente na elección municipal.
Propostas: Santiago ten caracteristica especial como estudantes que quedaron a traballar sen empadronarse. Hai que telo en conta
Propostas: Só persoas empadroadas Non é difícil empadronarse, faise telematicamente e de xeito practicamente inmediato. Animar a empadronarse
Propostas: Se esiximos requisitos, hai que poder controlalos. Non é viable coa nosa estrutura
Propostas: Atención ao perigo de “pisos patera”. Deberíann aportar algun documento. Implementar algunha formula pero que sexa laxa.
Propostas: Só persoas empadronadas .Os que padeceremos o goberno somos os empadroados
Propostas: Todo o que asine o manifesto ate determinada data. Estamos con pouco tempo, calquera outro criterio complicaría o proceso
Proposta: Pedir papeis xustificantes espantaría a xente.

Como se vota e cando?

Para poder axustar prazos infórmase do calendario legal das eleccións que é o seguinte:
31 marzo convocatorias Elecciones Municipales
15 ao 20 abril - Presntacion candidaturas
27 abril Proclamación de las candidaturas
08 - 22 maio Campaña eleitoral
24 maio. Eleccións

Logo ábrese unha rolda de intervencións:

Proposta: Sistema telemático e presencial. Dous días en fin de semana
Proposta: É necesario habilitar espazos onde coñecer presencialmente as candidaturas.
Proposta: Cumpre incluir algún ldía aborable ademais de fin de semana
Proposta: Hai que aproveitar o potencial publicitario da campaña de primarias e con tempo dabondo para facer debates, encontros, etc.
Proposta: Aproveitar todo o mes de marzo. Establecer as reglas para que ninguén tivera vantaxe por razóns económicasou de acceso a medios de comunicación. Garantir a igualdade das candidaturas.
Proposta: Axustar os prazos (presentación de candidaturas as primarias, campaña, votación, periodo de alegacións e proclamación de lista) para rematar todo o proceso como máximo o 31 de marzo

3.- Varios

  • Esta semana presentaránse os documentos corrixidos para continuar coa tramitación da inscrición de CA no rexistro de partidos
  • Solicitarase un CIF provisional para poder abrir conta bancaria. Recoméndase en CaixaRural
  • Apróbase a continuación das portavocías exercidas por Jorge Duarte, Javi Vázques, Florentino Balado, Mar López e Manolo Dios
  • Apróbase facer público o apoio ao manifesto de Abeiro e SOS Animalia
  • Infórmase da asistencia á presentación da Asociación de Pacientes e Afectados do CHUS e do noso apoio.
  • Solicítase apoio para coordenar os Encontros Abertos que temos pendentes que son Sanidade e Servizos Sociais; Economía, Turismo e Emprego e Paticipación e transparencia
  • Infórmase da celebración dun Encontro Aberto á Participación Veciñal para o xoves 19 de febreiro

Sen máis asuntos rematamos a asemblea ás 22:00

XD

Xan Duro Tue 10 Feb 2015 4:42PM

Achegas e correccións son benvidas

I

Iria Wed 11 Feb 2015 11:29AM

"Proposta – Que a persoa que encabece a lista escolla o seu equipo".
Creo que foi o que dixera eu era todo o contrario: que o equipo que resultara escollido, elixira o seu cabeza de lista. De todas formas non estaba moi meditada a proposta... foi flash espontáneo ;)

M

MariadoMarLopes Wed 11 Feb 2015 12:15PM

Mima...estame entrando medo co traballo que isto supón :-O

XD

Xan Duro Wed 11 Feb 2015 3:43PM

@iria son propostas recollidas nun trebón de ideas. Non lembro quen o dixo pero si que se dixo. Non te preocupes, a función desta asemblea era esta, vermos todas as posibilidades. Logo iremos pechando o documento e perfilando máis polo miudo