Loomio
Wed 11 Feb 2015 10:10AM

Creación e composición grupo de coordinación interna

JV Javi Vázquez Public Seen by 67

Coa intención de facilitar a integración das persoas de partidos políticos e (potencialmente) novas organizacións dentro de CA, así como iniciar a coordinación con vistas á campaña electoral (a modo de pre-comité de campaña), proponse a creación dun grupo de coordinación interna.

Composición:
* 4-6 persoas de CA, con ou sin afiliación.
* 1 persoa de cada partido que necesite/queira estar representado como tal.

Funcións:
* Coordinación e comunicación continua cos partidos e organizacións que forman parte de CA.
* Organización de cuestións loxísticas.
* Apoio aos GdTs cando sexa necesario.

Aclaracións:
* A coordinadora non sería un órgano executivo, non tomaría decisións, xa que estas corresponden a asamblea.
* As xuntanzas estarían abertas, coma sempre, a participación de calquera persoa interesada.

JV

Javi Vázquez
Agree
Thu 12 Feb 2015 6:09PM

Cambiada a composición, más enfocada á comunicación interna, pero dando espazo aos partidos que queiran estar nela como tales.

XD

Xan Duro
Agree
Thu 12 Feb 2015 6:42PM

Gústanme as matizacións. Estou de acordo

MDD

Manuel Dios Diz
Agree
Fri 13 Feb 2015 6:52AM

Coas matizacións plantexadas por Javi, neses termos, con ese carácter e funcións, estou de acordo.

B

Beatriz
Agree
Fri 13 Feb 2015 11:51AM

Ola!
voto a favor pero introduzco un matiz:
na miña opinión, tóda-las persoas escollidas DEBERAN ESTAR afiliadas ( = entendendo con iso que teñan firmado o manifesto).
Un saúdo, B.

M

mabela
Disagree
Fri 13 Feb 2015 2:50PM

sigo diciendo que no deberían estar los partidos

DU

Luís Arcay
Agree
Fri 13 Feb 2015 6:29PM

incluindo o matiz de firmar o manifesto

J

José
Agree
Sun 15 Feb 2015 10:42AM

Estou de acordo..

JG

juan gonzalez Thu 12 Feb 2015 7:37PM

La columna vertebral de cualquier concello son el urbanismo, los servicios sociales y la hacienda local, tendrias que empezar a trabajar en propuestas que puedan seducir a los potenciales votantes

MDD

Manuel Dios Diz Fri 13 Feb 2015 6:51AM

Coas matizacións plantexadas por Javi estou de acordo.

JD

Jorge Duarte Fri 13 Feb 2015 8:42AM

Concordo ca aclaración de Javi.
E evidente que necesitamos unha comisión para coordinación desde fai tempo, e esta debe estar composta por persoas que forman parte de Compostela Aberta, e para mellorar o traballo de coordinación eu penso que é necesario que haxa representantes dos partidos políticos que apoian Compostela Aberta, para mellorar a comunicación e sobre todo, as forzas e recursos tanto persoais como materiais, que podamos poñer en común todos para conseguir o noso obxectivio, que non é outro que fortalecer CA para poder gañar as eleccións.
Eu apoio a formación da coordenadora

Load More