Loomio
Tue 13 Oct 2015 3:47PM

Concello de Ourense oposto ao TTIP. PROPOSTA DE MOCIÓN

O OUeC Public Seen by 31

Asunto: Concello de Ourense oposto ao TTIP
——————————————————————
Promove: GT Relato e Análise
Presente no programa: Si
Estratéxica en comunicación: Non
Urxente: Non
——————————————————————
Descrición:

AO PLENO DO CONCELLO DE ............................

Ao amparo do disposto nos artigos 94.1 e do Regulamento
Orgánico Municipal e 97.2 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, o Grupo de Concelleiros de ..................................... no Concello de .................................. presenta, para a súa discusión e aprobación, se procede, a MOCIÓN relativa á Declaración de Municipio Oposto ao Tratado Transatlántico de Comercio e Inversións (TTIP), de acordo á fundamentación seguinte:

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

En 2013, a Comisión Europea recibiu o mandato dos estados membros da Unión Europea (UE) de negociar cos Estados Unidos (EEUU) o Tratado Transatlántico de Comercio e Investimentos (ATCI, máis coñecido como TTIP polas súas siglas en inglés), tamén coñecido como Acordo Transatlántico de Libre Comercio (TAFTA) presuntamente co fin de incrementar o comercio entre a UE e EEUU, reducindo as barreiras non arancelarias, con obxecto de conseguir crear emprego, crecemento económico e mellora da competitividade.

Desde entón, UE e EEUU están a negociar en segredo, cun intolerable déficit de transparencia e control por parte da cidadanía e dos seus representantes políticos (parlamentos nacionais e europeo) un amplo acordo de liberalización de comercio e investimentos, que representa un serio perigo para a democracia e a debida protección dos dereitos en materia de sanidade e educación, do medioambiente, os nosos dereitos dixitais ou como consumidores, antepoñendo o interese comercial dos investidores e empresas transnacionales (ETN) ao interese xeral.

Esta “maior liberalización das relacións comerciais EE.UU-UE”, tal como está concibida, implicaría unha rebaixa dos estándares europeos e americanos, é dicir das regulacións que protexen ao consumidor, aos traballadores e ao medioambiente, xa que se enfrontan aos beneficios das corporacións. Desta maneira, e baixo este principio, poñeríase fin ao “Principio de precaución” vixente en Europa que regula a lexislación sobre alimentación e dereitos dos consumidores europeos.

Este acordo suporá a mercantilización absoluta das nosas vidas e o sometemento total da soberanía dos estados aos intereses das grandes corporacións, con acordos que se están negociando en segredo, case nula transparencia e sen ningún control por parte de organismos públicos que representan á cidadanía.

O TTIP, ten entre os seus obxectivos a liberalización total dos servizos públicos e a apertura de prestación dos mesmos ás ETN, así como ás compras e licitacións de bens e servizos das Administracións Públicas, o que pon en perigo o funcionamento de todos os servizos públicos e das compras públicas, en todos os niveis, comprometendo a facultade dos representantes elixidos para administrar libremente as súas comunidades locais e promocionar a industria, o emprego e as iniciativas locais.

Pero, sobre todo, o TTIP, ignora calquera lexislación nacional ou local en materia de investimentos. Ao introducir a cláusula ISDS de solución de controversias Inversionistas-Estado, permite ás grandes corporacións levar aos gobernos (local, rexional, estatal) ante tribunais privados no caso de que se prexudiquen os intereses e beneficios que estimen de maneira subxectiva, o que limita aínda máis a capacidade das Administracións Públicas para aplicar leis nas áreas de saúde pública, de medioambiente e protección social.

Deste xeito, as leis do comercio priman sobre calquera outra consideración social, e ignoran a lexislación nacional, rexional ou local, de tal forma que os concellos e as comunidades locais atópanse totalmente sometidos por este tipo de axustes estruturais restritivos. Se as negociacións sobre o TTIP seguen adiante, a lóxica imposta por este tratado levaría ao desmantelamento dos servizos públicos, así como á perda de liberdade dos poderes locais para fornecer os servizos necesarios que permitan satisfacer as necesidades sociais das súas poboacións e a promoción de políticas de fomento da actividade industrial e do emprego local.

A aprobación do TTIP contribuiría, no caso de España, á planificada ofensiva do neoliberalismo conservador do goberno español de desmantelamento dos municipios, que baixo o nome de Lei de racionalización e sustentabilidade da administración local o goberno da nación pretende tres obxectivos básicos:

  • Restrinxir a democracia e autonomía local
  • A supresión de competencias e servizos públicos locais
  • A total privatización dos servizos municipais.

A irracionalidade e a insostenibilidade deses obxectivos están a provocar consecuencias moi negativas para a maioría da poboación:

Os gobernos rexionais dentro da UE teñen o dereito para ser informados sobre a lexislación que vai ser acordada a nivel europeo e que lles afecta, así como ás corporacións locais e comunidades autónomas do territorio español, para que así poidan expresar as súas opinións. Ese dereito non se facilitou ata agora ás distintas rexións e corporacións locais europeas respecto das negociacións que veñen producindo con relación ao TTIP.

EEUU e a UE tentan incluír no TTIP medidas para a protección dos investidores. No caso de presentarse conflitos por parte do devandito colectivo co estado, unha Comisión de Arbitraxe será quen se encargue de resolvelos, a denominada “Investor-to-State Dispute Settlement” (ISDS). Este órgano tería competencias para establecer compensacións económicas dos Estados aos investidores sempre que estes demostren que aqueles aplican certas medidas (tales como o aumento en estándares da protección do medio ambiente) ou que reduzan os beneficios futuros que unha compañía conciba que debería obter. O Estado neste caso pode recorrer xudicialmente a decisión e pódenlle dar a razón, pero vaille a supoñer uns custos procesuais moi elevados. Ademais, as decisións dos órganos de arbitraxe son firmes e non poden ser apeladas.
Aínda que as regras de organismos similares ao ISDS son bastante comúns nos acordos de libre comercio entre os EEUU ou a UE cos países emerxentes con obxecto de garantir certa previsibilidade das decisións legais, estas non son necesarias en países con sistemas legais e xudiciais altamente desenvolvidos, tales como a Unión Europea e os Estados Unidos.

Así mesmo, á cidadanía interésalle que os servizos públicos sexan eficientes para asegurar unha boa calidade de vida. O tratado de Lisboa concede aos Estados Membros da UE a competencia para definir e organizar os servizos do interese xeral. Por tanto a terminoloxía do acordo ten que ser a mesma dos tratados da UE, especialmente o Tratado de Lisboa, xa que este desempeña un papel esencial respecto dos “servizos de interese xeral”. Por elo resulta inadecuado o termo “utilidades públicas”, utilizado na terminoloxía do acordo.

Os servizos públicos continúan evolucionando cos cambios políticos, tecnolóxicos e sociais. En contraste con iso, os acordos comerciais implican a miúdo o risco de restrinxir as políticas públicas con “cláusulas freo”, especialmente no campo dos servizos públicos.

No que se refire á contratación pública, o obxectivo que se pretende co TTIP é manter o Acordo de Contratación Pública (GPA) da Organización Mundial do Comercio (WTO) ata crear un novo acordo mellorado. O GPA está a ser utilizado pola Comisión da UE como xustificación para reducir as garantías na lei da contratación pública.

Calquera clase de acordo, incluíndo a contratación pública debe conducir a aumentar as garantías e non a reducilas. Ese acordo non debe á súa vez poñer en perigo os aspectos progresivos da lei de contratación pública da UE, especialmente os que facilitan o desenvolvemento rexional e local. Estes aspectos son importantes xa que permiten que se realicen as contratacións públicas tendo non só en conta o prezo senón tamén outros aspectos como os ambientais e os sociais.

O TTIP, ao perseguir a liberalización total dos servizos públicos e a apertura de prestación dos mesmos ás ETN, así como ás compras e licitacións de bens e servizos das Administracións Públicas, pon en perigo todos os servizos públicos e as compras públicas, en todos os niveis de poder, e compromete a facultade dos representantes elixidos para administrar libremente as súas comunidades locais e promocionar a actividade industrial, o emprego e as iniciativas locais.

Deste xeito, as leis do comercio priman sobre calquera outra consideración social, e ignoran a lexislación nacional, rexional ou local, de tal forma que as corporacións locais atópanse totalmente sometidas a este tipo de axustes estruturais restritivos, debidos aos acordos e as políticas de libre comercio e de protección do investidor. Se as negociacións sobre o TTIP seguen adiante, a lóxica imposta por este tratado levaría ao desmantelamento dos servizos públicos, así como á perda de liberdade dos poderes locais para fornecer os servizos públicos e satisfacer as necesidades sociais das súas poboacións, facendo imposible a promoción de políticas de fomento da actividade económica e do emprego local.

As cidades e os municipios andaluces recoñecen a importancia do comercio de mercadorías e de servizos para o benestar da cidadanía. Con todo, a competitividade e o desenvolvemento económico non deberían ser os únicos criterios para determinar os acordos comerciais tales como o TTIP. Así mesmo, os aspectos ecolóxicos e sociais teñen que ser considerados en calquera negociación comercial bilateral. Tamén é importante que se realice unha análise comparativa sobre os custos que se xerarían nestes ámbitos coa aplicación do tratado respecto das supostas vantaxes que reportaría o mesmo. Esta análise non só debe implicar os seus efectos económicos potenciais, senón tamén os impactos que o TTIP podería ter en ámbitos como o social, o económico, o sanitario, o cultural e o ambiental, tanto na UE como nos EEUU.

As Administracións Locais:

  1. ao estar preto das necesidades dos seus pobos, teñen o deber de inxerencia respecto do que trama o TTIP, e un deber de resposta, se non queren verse acusadas de non axudar á poboación e ao planeta en perigo.

  2. sendo as canles adecuadas para promover os servizos públicos e a industria e emprego locais, esfórzanse para a súa promoción como resposta ao interese común.

  3. están obrigadas a protexer os dereitos sociais, económicos e ambientais e a facer fronte aos perigos e esixencias que quere impoñer o TTIP aplicando impoñendo prácticas hoxe prohibidas polas leis europeas. Cabe mencionar entre elas a produción de produtos químicos e farmacéuticos non testados cientificamente; a aceptación de alimentos modificados xeneticamente, o consumo de carne de tenreira e de porco tratados con hormonas, o pito esterilizado con cloro ou a extracción de gas por medio do “fracking”.

As entidades locais desexan ampliar o debate público e democrático sobre o que está verdadeiramente en xogo tras este Tratado e a sorte que correrán os servizos e compras públicos.

Polo anteriormente exposto queren poñer de manifesto que:

  • O comercio e o investimento soamente poden contribuír ao ben común e conducir a intercambios económica e socialmente beneficiosos se respectan as necesidades humanas en todo lugar, e non se basean unicamente no beneficio dos especuladores financeiros e das empresas multinacionais.

  • A eliminación programada e progresiva dos servizos públicos é ao mesmo tempo a eliminación programada e progresiva da solidariedade e a democracia.

  • A apertura máxima dos servizos e as compras públicas á competencia produce efectos contraproducentes en canto á súa accesibilidade, a súa calidade e o seu custo económico e ecolóxico

  • Os dereitos sociais son dereitos inalienables, polo que non poden depender exclusivamente da lóxica do mercado.

  • Só a existencia diversificada de servizos públicos socialmente útiles, permite asegurar unha calidade de vida digna para todos e en todas partes, en estreito nexo co exercicio real da democracia.

  • O control público debe preservarse para garantir o acceso aos bens comúns e á creación de novos servizos públicos, así como para favorecer a industria e emprego locais.

Por todo iso propoñemos a seguinte

MOCIÓN

  1. Declarar a este Municipio de ................................... como Municipio oposto ao TTIP, defendendo os servizos públicos básicos para a solidariedade e redistribución social.

  2. Solicitar do Ministerio de Facenda e Administracións Publicas do Goberno da Nación o seu apoio para manter o carácter publico dos chamados servizos socialmente útiles.

  3. Solicitar do Ministerio de Economía a suspensión das negociacións do TTIP e outros acordos comerciais similares (como o CETA, Acordo de Libre Comercio entre Canadá e a UE, e o TISA, acordo multilateral para a liberalización e privatización de todo tipo de servizos públicos), coa finalidade de conseguir:

*Que mecanismos como o ISDS non sexan incluídos neste nin ningún outro tratado.

*Defender a actual política reguladora da UE e dos seus Estados de maneira que non se perdan competencias en materias de lexislación social, protección ao consumidor e medio ambiente, evitando a participación das ETN na regulación.

*Que o tratado non se limite a obxectivos meramente económicos e déaselle a mesma importancia e sexan de tratados de igual forma no acordo os obxectivos sociais e os ambientais.

*Que se termine a actual falta de transparencia das negociacións, fágase pública toda a información e se abra un debate público na UE e os seus respectivos parlamentos nacionais,autonómicos e locais.

*Que os servizos públicos e a propiedade intelectual sexan excluídos do acordo.

  1. Dar traslado dos acordos ao Goberno da Nación, a todos os Grupos Parlamentarios do Congreso de Deputados e aos grupos parlamentarios do Parlamento de Galicia.

Lugar e data

O

OUeC Tue 13 Oct 2015 3:48PM

Axuntamos moción en formato doc

T

Trini Wed 14 Oct 2015 8:43AM

Hai que traducir

MV

montse valencia Wed 14 Oct 2015 11:40AM

Achegamos texto da moción traducido

O

Poll Created Fri 13 Nov 2015 1:09PM

Presentación no pleno de decembro Closed Tue 24 Nov 2015 11:08AM

A moción está perfectamente traballada, cuns acordos claros e casados coa filosofía do programa. Razón pola que dende o GT Institucional consideramos que pode presentarse no pleno de decembro e ábrese o prazo de votación ata o martes 24 de novembro.

Results

Results Option % of points Voters
Agree 87.5% 7 S MV R JMG E MDG JV
Abstain 12.5% 1 XGC
Disagree 0.0% 0  
Block 0.0% 0  
Undecided 0% 31 MCF MC O MXV MR AF MG AH MBC RS T MGP CM L JAS XD MFN JM MOV EJP

8 of 39 people have participated (20%)

XGC

Xulio G. Costas
Abstain
Mon 16 Nov 2015 9:59PM

Ola.penso que poderiamos ter novas estratexias nestas mociòns: 2/3 neses de divulgación/formación para chegar ao pleno con veciñanza formada e informada.

S

sharli
Agree
Thu 19 Nov 2015 3:59PM

IMPORTANTE:
(1) eliminar párrafo 13. El tratado de Lisboa no nos representa. (2) párrafo 19: los municipios ANDALUCES ¿? (3) propuesta 3: Incluye contradicciones fuertes. (4) Incluir info sobre Consejo de Cooperación Regulatoria

O

OUeC Wed 23 Dec 2015 12:17PM

Despois do falado no anterior mes e malia a concordar todas no fin da moción existe unha proposta para crear contexto previo a súa presentación en pleno. Esta vai relacionada á creación dunha campaña en rúa previa de visibilización e concienciación, así como unha xornada monográfica. Razón pola que queda adiada ata esa convocatoria.