Loomio
Fri 6 May 2016 9:46AM

"enquisas na rúa"

G Gabriela Public Seen by 291

Desenrolo dunha enquisa basada en apuntes do compañeiro Renato, cuio enfoque destinárase a interaccionar coa xente da rúa, sendo favorable dita actividade para Podemos, de cara ás próximas eleccións.

Temática: POLÍTICA
Obxectivos:
- Visibilización do activismo na rúa
- Encontro entre persoas
- Mellora de habilidades comunicativas
- Toma de consciencia da situación

INTRODUCCIÓN:
“Todo é política”, escóitase dicir á cotío. Compartimos o mesmo planeta, e vivimos na mesma sociedade, mais non sabemos o que outras opinan... pode que non o sepamos nin nós mesmas, ou que se nos esquecera. Preguntamos e escoitamos para saber máis.

A ENQUISA:
logo de conseguir parar a alguén na rúa con 5 minutos dispoñibles, deixamos claro que a enquisa é anónima, e que está centrada na temática da POLÍTICA.
O tempo da enquisa dependerá do tempo que empregue a persoa en contestar ás preguntas.

(7 preguntas curtas) Queremos saber:
(1)- ¿cales son as primeiras 5 PALABRAS que che veñan a mente cando escoitas falar de
“POLÍTICA”? (anotamos as 5 palabras, deixamos que cambie algunha se quere)
(2)- ¿Que RELACIÓN ves entre a POLÍTICA e a VIDA Cotiá? (pregunta aberta, resumir o contido nunha frase explicativa)
(3)- ¿Votas ou non votas?¿Cales son as túas PREFERENCIAS DE VOTO?¿Tes relación ou coñeces a alguén cercano que estexa nalgún partido? (pregunta aberta, anotar a terminoloxía que se usa)
(4)- ¿Cales son ou deberían ser as PRIORIDADES das políticas actuais? (coller ideas sobre o que está mal e sobre o desexable)
(5)- ¿Que CONSELLO/frase/recomendación lle darías a alguén que quixera ser política?¿Que che gustaría ver nesas persoas? (unha idea)
(6)- ¿Que estarías disposta a facer (ou que fas) para AXUDAR A MELLORAR o mundo? (algo concreto)
(7)- DATOS ESTATÍSTICOS: home/muller, idade

Unha vez rematada a enquisa, despedímonos cun sorriso, dando as grazas polo tempo prestado.
++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++
As RESPOSTAS pasaránse a un documento en liña (titanpad) no que anotaremos as respostas para a súa posterior análise.
++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++

G

Gabriela Fri 6 May 2016 9:55AM

Imos pola seguinte actividade do equipo de Formación Podemos Vigo.

RR

Rena Renato Mon 9 May 2016 10:24AM

veremos de facela a partir do día 14, sábado... logo da formación en asembleas :)

G

Gabriela Mon 9 May 2016 11:10AM

A pregunta (3), baixo meu punto de vista a eliminaría, xa que é unha pregunta que entra na privacidade da persoa. Polo demáis paréceme ben o resto

G

Gabriela Sun 15 May 2016 8:19PM

Como estaba a punto de cerrarse la propuesta, he alargado la fecha hasta el día 19, para dar oportunidad al resto de miembros a participar y decir lo que opinais
sobre esta propuesta y por último votarla.