Loomio
Sun 25 Jan 2015 3:16PM

Concentración Asociación de Veciños de A Gracia frente o Concello

CN Carlos Noya Public Seen by 126

Hoxe estiven a título persoal na reunión que a Asociación de Veciños de A Gracia tivo no seu local. O único tema era a cuestión do servizo de autobuses urbanos, que se foi reducindo a sua presencia ata casi a desaparición.

Según contaba a representante dos veciños, unha das razóns que esgrimian dende o Concello era que a liña estaba ocupada por unha concesion a Autos Grabanxa, e que os autobuses urbans non podían ocupar ese mesmo espazo.

Pero resulta que despóis de pedir os documentos a Xunta de Galicia, a concesión rematou a sua vixencia no ano 2007, e foi prorrogada de forma "presuntamente" irregular no 2008. A abogada da asoaciación dixo textualmente que non se pode extender unha concesión sin antes renovala, polo que existe un defecto de forma que invalida o actual convenio.

A pesares de isto, dende o Concello seguiron sin facer caso a asociación, que ameaza con presentar denuncia ante a fiscaía e que fará unha concentración diante do Concello este próximo venres as 16:30, xusto durante a entrada o Pleno Municipal que será as 17:00.

Así que si estades na zona, acudide a apoiar a este veciños que son un exemplo da política absolutamente chapuceira dun Concello que decidiu pasarse o inimigo.

AR

Akin Roblefrondoso Sun 25 Jan 2015 9:01PM

Agradecer a túa presenza, porque a min ó final foime compretamente imposible ir.

E sí, por alí estaremos algúns.

CN

Carlos Noya Thu 29 Jan 2015 7:22AM

Grande victoria. Por certo, menuda forma de suavizar o tema xa que en lugar de encontros, hai que decir que se pon por ameazas de denuncian ante a fiscalía...pero claro, iso non interesa decilo se non o Correo podería chegar a ser algo parecido a un periódico. XD

Unha batalla gañada, agora queda gañar a guerra.

AR

Akin Roblefrondoso Thu 29 Jan 2015 1:27PM

Exacto, manda carallo o que investigaron os do Correo :D