Loomio

Regulamento de primarias, enmenda 35

XD Xan Duro Public Seen by 197

Nº enmenda 35
Documento Regulamento de Primarias
Páxina / liña 2/59,60,61
Tipo de enmenda Substitución
Persoa que a presenta Rafa Dopico

Texto da enmenda
Mediante este mecanismo de primarias abertas ao conxunto da veciñanza, Compostela Aberta elexirá os primeiros 15 postos da candidatura. O resto da lista sería elaborada nunha asemblea aberta de Compostela Aberta.

Xustificación da enmenda
Esta enmenda pretende conciliar dous elementos que ao meu entender son fundamentais: por unha banda garantir que todas as persoas que salgan eleitas no Pazo de Raxoi sexan elexidas pola veciñanza, e mesmo deixar atadas posibles suplencias.

Por outra parte, pódese dar o caso de que nese primeiro tramo de 15 persoas eleitas pola xente, haxa ausencia de referentes de determinados barrios ou sectores da nosa cidade. Tamén podemos atoparnos con persoas recoñecidas na cidade - pola súa labor profesional ou polo seu activismo nalgún eido en concreto - que non teñan a pretensión de candidatarse, pero sí queiran mostrar o seu compromiso con Compostela Aberta participando na lista nun posto que non as comprometa a adquirir unhas respostabilidades políticas que non están dispostas a asumir neste momento. Por iso considero que, de cara a termos unha lista competitiva, deberiamos elixir a lista do número 15 para abaixo en asemblea, valorando diferentes criterios (representatividade territorial, nivel de coñecemento na cidade, etcétera)

Texto orixinal
No caso de que o número de persoas aspirantes non complete o mínimo de 25 precisos
para conformar a candidatura municipal, os postos necesarios ate completar ese número
escolleranse entre as persoas integrantes de Compostela Aberta

PÁ

Pepe Árias Sun 1 Mar 2015 1:50PM

Non sei exactamente como quedou isto na transacción de onte -tampouco sei se a transacción afectaría a este parágrafo...-, pero o que aparece no articulado do texto orixinal é que toda a lista de 25 + suplentes van ser elixidos polo procedemento de primarias. Iso, baixo o meu punto de vista, faria que xente que non se quere candadatar por motivos diversos xa que non quere ou pode asumir responsabilidades políticas quedase fóra da lista nos últimos tramos, o que pode facer que Compostela Aberta perda parte dese tecido social e veciñal que nun momento dado podería apoiala.

C

CarlosNeira Sun 1 Mar 2015 2:09PM

Está por concretar a emenda no seu texto final. Pero proponse elixir 13 (i texto orixinal dicía 1+12) das cales cada elector votaría a metade máis un.

RDP

Rafa Do Pico Sun 1 Mar 2015 3:37PM

Cando onte Xabier Ron e Carlos Neira expuxeron o contido da súa transacción dixeron que se votarían 8 de 15. Entendo que calquera cousa que modifique esas proporcións non entra dentro do acordado en asemblea.

C

CarlosNeira Sun 1 Mar 2015 3:59PM

Non é iso o que acordamos na transaccional, senón a metade máis un do número total que se acordara no resto de emendas que que daban pendentes, como é esta. Limiteime a expór que o texto orixinal elixia a 13 persoas en 2 votacións, podendo na segunda cada elector/a votar 8 de 12. Ese texto orixinal é o que emendei. A transaccional establecía 1 única votación, para elixir as 13 persoas do texto orixinal ou as X que outra emenda poida establecer, e que cada persoa risque a metade máis un desa cifra X. Este é o acordo da Asemblea. Isto que aclaro pódeno ratificar @xanduro e Xabier.

JV

Javi Vázquez Sun 1 Mar 2015 6:46PM

Efectivamente, confirmo: 1 única votación e votando por a metade máis un, sobre 13 ou 15 (non recordo a cifra).

Esta enmenda serviría para fixalo en 15 (votar por 7+1), ou deixalo en 13 (votar por 6+1).

Eu voume posicionar a favor dunha lista de 15, para que a lista votada pola asamblea sexa máis ampla.

MDD

Manuel Dios Diz Mon 2 Mar 2015 7:28AM

Acordo

XR

Xabier Ron Mon 2 Mar 2015 11:23AM

Confirmo o achegado por Carlos Neira. Falamos de elixir 13, dos que o electorado podería votar a unha listaxe da metade + 1.