Loomio
Thu 12 Feb 2015 1:51PM

Texto de Lingua

M MariadoMarLopes Public Seen by 57

Para non misturar fíos, creo aquí outro sobre Lingua. O documento foi levado por Mar e Sabela á primeira reuniòn do Grupo de Traballo de Lingua que tivo lugar o pasado 10 de febreiro na Biblio Ánxel Casal. Trátase, como ben decidimos, de que todos nós modifiquemos, mudemos, ampliemos etc medidas para a promoción e potenciación do galego no concello de Compostela. Como xa comentamos, celebraremos un Encontro Aberto con todos os movementos, asociacións, colectivos, entidades etc que defenden e traballan polo galego no concello compostelán para que nos dean a sùa visión e opinen con medidas que levarían a cabo se accedesen ao goberno de Compostela. Lembrade que tedes outro fìo onde elaborarmos un convite oficial de Compostela Aberta a este Encontro para todos os movementos, colectivos etc que defenden o galego en Compostela e tamén onde establecermos os contactos destas asociaciòns. Eu mirarei algo este finde sen encontro algùn momentiño

https://docs.google.com/document/d/10YQsHvR9gR_mvCdqXqU7iOIohNUpwtjH-mt5NiOcyMo/mobilebasic

I

Iria Sat 14 Feb 2015 5:26PM

Gracias MariadoMar! Cantas propostas! Pódense ir metendo tamén no "foro.compostelaaberta" nos apartados de "obxectivos" e "propostas" e así podelas ir traballando sobre elas?

M

MariadoMarLopes Sun 15 Feb 2015 10:53PM

@iria-r Graciñas por responder! Es a primeira persoa que mostrou interese en facelo, o cal resulta moi ptlreocupante tendo en conta a situación da lingua! :-) Grazas! Este finde andei desconectada pero mañá xa me poño as pilas novamente. Farei o q dis de subir a info ao foro. Ademais comezarei a facer un arquivo con todos os contactos de asociaciòns, colectivos etc que promoven e defenden o galego no concello de Santiago. A nosa intenciòn é facer un Encomtro Aberto ao que convidar todos estes colectivos e movementos para que nos ofrezan a súa visiòn sobre a lingua, as súas experiencias e traballo e que medidas gostaría ver implementadas desde o concello.

Vamos falando!

I

Iria Mon 16 Feb 2015 11:11AM

Seguro que non é por falta de interés, máis ben é unha tónica xeral, non se nota moito movemento nos debates sobre o programa no foro, supoño que por unha parte é a falta de tempo para poder estar ó tanto de todo o que vai pasando e de botar un ollo a toda a información que se vai achegando con calma, a dificultade para poder extructurar o pensamento de cada unha e expresar opinións ou propostas elaboradas, ou mesmo a falta de costumbre no uso das novas tecnoloxías e os debates de ideas serias. A min gustaríame poder aportar moito máis pero parece que non pero hay que dispor de bastate tempo para poder facelo constructivamente, supoño que lle pasará a todo o mundo. Así que ánimo!

M

MariadoMarLopes Mon 16 Feb 2015 6:56PM

Acabo de incluir o documento no foro de que falas @iria-r , mais no apartado de "Lingua". Podes ver se quedou ben? Se queres tamén o introduzo dentro de "Obxectivos para unha nova política cultural en Compostela" ou en "Propostas de accións e indicadores para a súa avaliación"

Que opinas?