Loomio
Tue 13 Oct 2015 3:44PM

Pacto da Auga. PROPOSTA DE MOCIÓN

O OUeC Public Seen by 35

Asunto: Adhesión do Concello de Ourense ao Pacto da Auga
——————————————————————
Promove: GT Relato e Análise
Presente no programa: Si
Estratéxica en comunicación: Non
Urxente: Non
——————————————————————
Descrición:

MOCIÓN AO PLENO DO CONCELLO DE………………………..

D/Dna.........................., Voceiro/a do Grupo Municipal de ….................. do Concello de …..........., de acordo coa Lei de Bases de Réxime Local 7/85 e regulamentos que a desenvolven, así como o ROM, preséntase para o seu debate e aprobación, previo informe que poderá emitirse pola Comisión Informativa correspondente, se procede, a seguinte MOCIÓN PARA A ADHESIÓN DO CONCELLO DE …....................... AO DENOMINADO PACTO SOCIAL POLA AUGA.

ANTECEDENTES E MOTIVOS:

Os numerosos problemas de xestión da auga que posúe o noso municipio teñen a base nun modelo de xestión privado da auga incompatible coa nosa idea de cidade. O Acceso desigual, incremento do prezo das tarifas, perda da capacidade de control financeiro e técnico do servizo, obstáculos ambientais e escandalosos marxes de ganancias están a impulsar ás municipalidades para retomar o control dun servizo esencial, a auga.

A “remunicipalización” da auga é unha tendencia nova. Máis de 235 casos de remunicipalización en todo o mundo en 15 anos, en 37 países de todo o mundo, un proceso que afecta a máis de 100 millóns de persoas. En Estados Unidos destacan Atlanta e Indianápolis; en Europa, París, Berlín ou Budapest; e nos países do sur, Buenos Aires, A Paz, Johannesburgo, Dar-é-Salaam, Accra, Almaty ou Kuala Lumpur. A desprivatización é xa un fenómeno global.

Existen xa moitos estudos que analizan a transición do abastecemento privado de auga ao público e todos destacan París como un modelo de referencia.

Na capital francesa, o recibo baixou un 8% durante o primeiro ano e obtivéronse beneficios de 35 millóns de euros. Ademais de prohibir os cortes de auga para as familias que non poidan pagar, creáronse novos servizos ambientais (instalacións de mecanismos de aforro de auga nas vivendas de protección oficial) e logrouse que coa empresa pública a xestión sexa máis democrática e participativa, con persoal, usuarios e asociacións cidadás no consello de administración. Desde Eau de Paris contribuíuse ao desenvolvemento do dereito de cidade deseñando políticas de inclusión social. Realizáronse, por exemplo, numerosas accións para facilitar o acceso á auga ás persoas sen teito (repartición de cantimploras, distribución de bidóns de auga e mapas de localización das fontes) e creouse unha ampla rede de puntos de auga potable (1.200) repartidos por toda a cidade que permiten o acceso a unha auga gratuíta e de xestión pública. En España tamén existen casos como os do Torrelavega (segundo núcleo máis importante de Cantabria), Ermua (Biscaia), Arteixo (Coruña), Manacor (Mallorca), Medina Sidonia (Cádiz), Arenys de Munt (Barcelona), Lucena (Córdoba) ou os 22 pobos da provincia de Sevilla agrupados en Augas do Huesna, “sempre cun servizo mellor e coa prioridade da accesibilidade da auga a todos os cidadáns e cidadás”.

Desde a nosa posición, a énfase da nova política de augas debe apostar pola Xestión Pública Participativa, sen ánimo de lucro, como servizo de interese xeral, xa que a auga non é unha mercadoría, senón un ben común e un dereito fundamental, ademais de elemento esencial para a vida. Para iso, desde a sociedade civil considerouse necesario crear un amplo consenso, a través dun Pacto Social pola auga (#iniciativagua2015), no que se definan e acorden os fundamentos e as regras básicas do modelo público: transparencia, rendición de contas e participación social.

O pacto conta con máis de 300 organizacións sociais, organizacións ecoloxistas, académicas, sindicais e operadores de auga e saneamentos en distintos municipios do país e persegue tres obxectivos xenerais. O primeiro é frear a ofensiva das empresas privadas por facerse cos servizos nos pobos, onde anticipan fondos que os concellos necesitan a cambio dos recibos da auga das próximas décadas (fórmula coñecida como canon concesional). A segunda meta é conseguir a sustentabilidade económica, social e ambiental do ciclo da auga. A terceira, e imprescindible, impulsar un modelo transparente e participado.

Por todo iso, o Grupo Municipal de ….............. no Concello de ….............. solicita para a súa aprobación, os seguintes

ACORDOS:

  1. A adhesión do Pleno do Concello de …..... a este Pacto Social pola auga
  2. A inminente incorporación como socios á AEOPAS para que de soporte técnico ao posterior proceso de desprivatización do actual servizo de auga e saneamento
  3. A constitución de maneira urxente dunha Comisión para o desenvolvemento do Pacto Social da auga en ….......... formada polos representantes de todos os grupos que conforman o Pleno Municipal.

En………………………., a………………..de……………….do 2015

Asdo.:

Concelleiro/a Voceiro/a do Grupo Municipal de……………..

O

OUeC Tue 13 Oct 2015 3:45PM

Anexamos formato de moción en doc e dossier informativo do pacto social da auga.

MG

Marcos Guimarey Tue 13 Oct 2015 5:48PM

Kuala Lumpu.. mais ben dende LA...

http://ca.gov/drought/ ( http://ca.gov/drought/ )

ante esta fantastica proposta, coido que é estratexico ademais da visión a escala da cidade a 20 anos.

Municipalizar a auga, de acordo, mais esta cidade, co que ten de implicación da auga debe ser reflexionado:

0 Coma California a auga e escasa, neste ano Cachamuiña secou e tivose que tirar de Captación Miño (Recurrente)

00 Estratexicamente posicionaremos no mercado como Auga, Campus da Auga, Provincia Termal... Como se vai reforzar esto... municipalizar e un paso de moitisimos

000 O ideal seria ser referente Nacional en Auga Sostible, esto abrangue dende a municipalizacion do servizo, dixitalizacion dos recursos (proxecto europeo no que participou Baiona, con know how Galego), ata campañas de xardins naturais xerofitos ou deixar de valdear as ruas, gastar auga limpa para ensuciala..

0000 Auga que cura, termalismo etc, medicina, catedra de auga termal que se imparte en SCQ

1 Os rios Miño, Lonia, Barbaña, Barbañica, Reza, e todos os da marxe de Canedo, comecemos por limpeza e valorizacion "con pacienza e unha canha pescaremos no barbaña"
1..1 Relatorio de Fontes de uso público
2 Depuradora, situacion legal paralegal a futuro
3 Poboación

4 Comunicación cos administrados
5 Mesa da auga
6 Auga na Industria......

Coido que a pregunta e ¿para que?

Remunicipalizar e bon, mais cun futuro a 50 anos cal sera a situacion, como incorporaremos as novas tecnoloxias ou como afrontaremos os problemas.

Salud

El martes, 13 de octubre de 2015, OUeC (Loomio) escribió:

OUeC started a discussion in Ourense en Común :

Pacto da Auga. PROPOSTA DE MOCIÓN ( https://www.loomio.org/d/lRr7U5nN/pacto-da-auga-proposta-de-mocion?utm_campaign=thread_mailer&utm_medium=email&utm_source=new_discussion )

Asunto: Adhesión do Concello de Ourense ao Pacto da Auga

——————————————————————

Promove: GT Relato e Análise

Presente no programa: Si

Estratéxica en comunicación: Non

Urxente: Non

——————————————————————

Descrición:

MOCIÓN AL PLENO DEL AYUNTAMIENTO DE………………………..

D/Dña………………………………, Portavoz del Grupo Municipal de ……………….. del Ayuntamiento de ……………………….., de acuerdo con la Ley de Bases de Régimen Local 7/85 y reglamentos que la desarrollan, así como el ROM, se presenta para su debate y aprobación, previo informe que podrá emitirse por la Comisión Informativa correspondiente, si procede, la siguiente MOCIÓN PARA LA ADHESIÓN DEL AYUNTAMIENTO DE…………………….. AL DENOMINADO PACTO SOCIAL POR EL AGUA.

ANTECEDENTES Y MOTIVOS:

Los numerosos problemas de gestión del agua que posee nuestro municipio tienen la base en un modelo de gestión privado del agua incompatible con nuestra idea de ciudad. El Acceso desigual, incremento del precio de las tarifas, pérdida de la capacidad de control financiero y técnico del servicio, obstáculos medioambientales y escandalosos márgenes de ganancias están impulsando a las municipalidades a retomar el control de un servicio esencial, el agua.

La “remunicipalización” del agua es una tendencia nueva. Más de 235 casos de remunicipalización en todo el mundo en 15 años, en 37 países de todo el mundo, un proceso que afecta a más de 100 millones de personas. En Estados Unidos destacan Atlanta e Indianápolis; en Europa, París, Berlín o Budapest; y en los países del sur, Buenos Aires, La Paz, Johannesburgo, Dar-es-Salaam, Accra, Almaty o Kuala Lumpur. La desprivatización es ya un fenómeno global.

Existen ya muchos estudios que analizan la transición del abastecimiento privado de agua al público y todos destacan París como un modelo de referencia.

En la capital francesa, el recibo bajó un 8% durante el primer año y se obtuvieron beneficios de 35 millones de euros. Además de prohibir los cortes de agua para las familias que no puedan pagar, se han creado nuevos servicios medioambientales (instalaciones de mecanismos de ahorro de agua en las viviendas de protección oficial) y se ha logrado que con la empresa pública la gestión sea más democrática y participativa, con personal, usuarios y asociaciones ciudadanas en el consejo de administración. Desde Eau de Paris se ha contribuido al desarrollo del derecho de ciudad diseñando políticas de inclusión social. Se han realizado, por ejemplo, numerosas acciones para facilitar el acceso al agua a las personas sin techo (reparto de cantimploras, distribución de bidones de agua y mapas de localización de las fuentes) y se ha creado una amplia red de puntos de agua potable (1.200) repartidos por toda la ciudad que permiten el acceso a un agua gratuita y de gestión pública. En España también existen casos como los del Torrelavega (segundo núcleo más importante de Cantabria), Ermua (Vizcaya), Arteixo (Coruña), Manacor (Mallorca), Medina Sidonia (Cádiz), Arenys de Munt (Barcelona), Lucena (Córdoba) o los 22 pueblos de la provincia de Sevilla agrupados en Aguas del Huesna, “siempre con un servicio mejor y con la prioridad de la accesibilidad del agua a todos los ciudadanos y ciudadanas”.

Desde nuestra posición, el énfasis de la nueva política de aguas debe apostar por la Gestión Pública Participativa, sin ánimo de lucro, como servicio de interés general, ya que el agua no es una mercancía, sino un bien común y un derecho fundamental, además de elemento esencial para la vida. Para ello, desde la sociedad civil se consideró necesario crear un amplio consenso, a través de un Pacto Social por el Agua (#iniciativagua2015), en el que se definan y acuerden los fundamentos y las reglas básicas del modelo público: transparencia, rendición de cuentas y participación social.

El pacto cuenta con más de 300 organizaciones sociales, organizaciones ecologistas, académicas, sindicales y operadores de agua y saneamientos en distintos municipios del país y persigue tres objetivos generales. El primero es frenar la ofensiva de las empresas privadas por hacerse con los servicios en los pueblos, donde anticipan fondos que los ayuntamientos necesitan a cambio de los recibos del agua de las próximas décadas (fórmula conocida como canon concesional). La segunda meta es conseguir la sostenibilidad económica, social y ambiental del ciclo del agua. La tercera, e imprescindible, impulsar un modelo trasparente y participado.

Por todo ello, el Grupo Municipal de ……………… en el Ayuntamiento de………………….solicita para su aprobación, los siguientes

ACUERDOS

• La adhesión del Pleno del Ayuntamiento de…………………. a este Pacto Social por el Agua

• La inminente incorporación como socios a la AEOPAS para que de soporte técnico al posterior proceso de desprivatización del actual servicio de agua y saneamiento

• La constitución de manera urgente de una Comisión para el desarrollo del Pacto Social del Agua en …………………… formada por los representantes de todos los grupos que conforman el Pleno Municipal.

En………………………., a………………..de……………….de 2015

Fdo.:

Concejal/la Portavoz del Grupo Municipal de……………..

Reply to this email directly or view it on www.loomio.org ( https://www.loomio.org/d/lRr7U5nN/pacto-da-auga-proposta-de-mocion?utm_campaign=thread_mailer&utm_medium=email&utm_source=new_discussion ).

Turn on emails for this discussion ( https://www.loomio.org/email_actions/follow_discussion/116318/sH5jgmZJKz8WtyY1HyDT ) to receive further activity.

Change your email preferences ( https://www.loomio.org/email_preferences?unsubscribe_token=sH5jgmZJKz8WtyY1HyDT&utm_campaign=thread_mailer&utm_medium=email&utm_source=new_discussion ) to unsubscribe from these emails.

MV

montse valencia Wed 14 Oct 2015 12:05PM

Achegamos o texto da moción traducido

MV

montse valencia Wed 14 Oct 2015 12:09PM

Interesantes reflexións as de Marcos Guimarey!

O

Poll Created Fri 13 Nov 2015 1:08PM

Presentación no pleno de decembro Closed Tue 24 Nov 2015 11:08AM

A moción está perfectamente traballada, cuns acordos claros e presentes en programa malia a ser necesario adaptar á realidade local por parte do edíl responsable da súa defensa. Con todo dende o GT Institucional consideramos que pode presentarse no pleno de decembro e ábrese o prazo de votación ata o martes 24 de novembro.

Results

Results Option % of points Voters
Agree 100.0% 7 S MV R T JMG MDG JV
Abstain 0.0% 0  
Disagree 0.0% 0  
Block 0.0% 0  
Undecided 0% 32 MCF MC O MXV MR AF MG AH MBC RS MGP E CM L JAS XD MFN JM MOV EJP

7 of 39 people have participated (17%)

O

Poll Created Wed 23 Dec 2015 12:14PM

Presentación no pleno de xaneiro Closed Tue 29 Dec 2015 9:07AM

Results

Results Option % of points Voters
Agree 100.0% 2 MGP E
Abstain 0.0% 0  
Disagree 0.0% 0  
Block 0.0% 0  
Undecided 0% 37 MCF MC S O MXV MR MV AF MG R AH MBC RS T JMG CM L MDG JAS XD

2 of 39 people have participated (5%)

O

OUeC Wed 27 Jan 2016 5:26PM

Dende o GT Institucional consideramos acertada esta moción pero tentaremos promovela en formato campaña ao igual que o TTIP e outras.

MOV

Miguel Ordóñez Vázquez Mon 4 Jul 2016 3:37PM

Podese dividir unha moción en varias?? formalmente xa sei que si, que irían como mociós diferenciadas, digo si o vedes coherente, que colla máis forza ou que a perda..

MOV

Miguel Ordóñez Vázquez Mon 4 Jul 2016 7:59PM

Podese dividir unha moción en varias?? formalmente xa sei que si, que irían como mociós diferenciadas, digo si o vedes coherente, que colla máis forza ou que a perda..