Loomio
Wed 3 Sep 2014 2:41PM

Proposta de Anova

CP comunicacion podemos Public Seen by 31

O correo enviado:

Bo día compañeiras e compañeiros.

Dende Anova Ponteareas queremos plantexar as organizacións de esquerda do ámbito local a necesidade de conformar un grande polo cidadá para as vindeiras eleccións municipais co obxectivo de derribar dunha vez por todas ao goberno popular corrupto da nosa vila.

Asistimos a un momento de emerxencia social que xa todos coñecemos, eis unha obriga que as organizacións políticas que dicimos ser de esquerda ou que estamos no campo do nacionalismo nos xuntemos para parar este saqueo e corrupción que padecemos. Sabemos tamén que o Partido Popular pretende perpetrar esa reforma electoral para que goberne nos concellos a lista máis votada, sendo polo tanto esta proposta se cadra aínda máis necesaria, ficando cadaquén co seu respectivo espazo na oposición non lograremos revertir con efectividade o que o pobo está a padecer.

Sería dunha grave miopía política non contemplar que a unidade de acción no eido institucional é cada vez máis unha proposta demandada pola ciadadanía, dende os principios e valores que rixen a esquerda; a cooperación fronte a competición, a solidaridade fronte a egoísmo, a igualdade fronte aos privilexios, así como o respeito á soberanía dos cidadáns e dos pobos, estamos convencidos de que podemos erguer na nosa vila unha gran alternativa que desprazaría ao goberno popular dunha vez por todas.

Deste xeito, dende a honestidade e a humildade chamamos a realización dunha reunión onde poidamos debater sobre a posibilidade que ten por obxecto este correo. Agardamos que sexa collida de bo grado.

Saúdas fraternais.

S

Sonia Wed 17 Sep 2014 9:48AM

Esto si que es una marea¿qué tienen miedo a que podemos irrumpan con fuerza y los arrastren hacia el fondo, del océano?...Menudo percal se esta montando...todo esto sera positivo, para el cambio democrático...