Loomio
Sun 25 Jan 2015 11:28AM

Cultura: ben común irrenunciable.

I Iria Public Seen by 124

A cultura é un ben común, perténcenos a todas á vez que non pertence a ninguén. Todas temos o dereito a desfrutala máis ninguén ten dereito a se apropiar dela nin a destruíla.

Así como a destrucción do medio ambiente condúcenos á morte...
A destrucción da cultura condúcenos á alienación, que case que é unha morte en vida.

Non queremos nin estar mortas nin alienadas así que...Cómo facemos para frear esa destrucción? Abro este fío para que exploremos medidas encamiñadas nesa dirección pero neste caso dende fóra do eido das institucións. Porque así como todas temos o dereito de desfrutar do beneficio da cultura, todas temos a responsabilidade de contribuir á súa defensa.

HGD

Horacio González Diéguez Mon 26 Jan 2015 7:45PM

Ao mellor é deformación profesional de profesor, pero para min cultura e educación están enormemente ligadas. As mellores políticas culturais a longo prazo que podemos facer son as educativas.

I

Iria Tue 27 Jan 2015 9:00PM

E tanto que están ligadas! O que me pasa a min é que o concepto "políticas educativas" despértame as mesmas contradiccións que o de "políticas culturais", xa que coido que as estructuras que deseñan e aplican esas políticas non naceron nin para favorecer a cultura nin a educación... máis ben todo o contrario.

I

Iria Tue 27 Jan 2015 9:23PM

Cando queremos protexer algo, temos que ter claro o que queremos defender. Como eu a entendo (que hai moitos xeitos de entendela) a cultura é o conxunto da nosa intelixencia coletiva: o que fumos, o que somos e o que seremos xunto cos diferentes xeitos de comunicarnos. É algo que o impregna todo e que non podemos acotar.
Para min non se pode estar "dentro do mundo da cultura" ou "fora do mundo da cultura" como si a cultura fose una fortaleza de creadores, intérpretes, xestores culturais, críticos, intelectuais, científicos, etc... que utiliza una linguaxe encriptada que hay que descifrar para chegar á ilustración. E coido que un dos problemas maís grandes que ten a cultura é ese gran muro que fai que moita xente non a vexa coma algo seu, coma un dereito que ten que protexer.
Para protexer a cultura hay que comezar a derrubar ese muro dende os dous lados.

I

Iria Wed 28 Jan 2015 11:40AM

Esa contraposición entre "cultura popular" e "cultura culta" divide as forzas á hora de protexela no seu conxunto como "ben común". Xron compartiu un foro no que un dos fíos se pregunta por qué a xente non sae en "mareas" a defender á cultura, como o fai coa sanidade ou a educación:
https://www.loomio.org/d/7unKliek/la-ciudadania-cultural-que-sabemos-de-ella
E no que eu percibo ese certo "elitismo" que fai que a cidadanía se distancie dos "sectores culturais" igual que o fai dos "políticos".

Por outra banda, e na liña de pensar sobre qué é cultura
deixo este podcast da uned no que diferencian "cultura humanista" e "culturas humanas":
http://www.ivoox.com/uned-que-es-cultura-28-01-12-audios-mp3_rf_1025477_1.html

HGD

Horacio González Diéguez Fri 30 Jan 2015 5:48PM

Penso que o marco que estableces é correcto. As políticas educativas do noso pais son políticas anticulturais de tecnificación e deshumanización da cidadanía que están dirixidas a obter man de obra barata. Con todo hai un par de matices que poría enriba da mesa. Espero non filosofar demasiado.

A primeira pregunta que me fago é se o concepto protección non conten implícito, en certo modo ese muro do que falas. A protección define un paradigma fora/dentro de reacción defensiva fronte a un axente exterior. En termos de patrimonio arquitectónico ou mesmo da lingua vexo claro este paradigma, pero en termos xerais non. A cultura necesita florecer, medrar, estenderse, intercambiarse, modificarse, formar parte da vida de xeito natural e desenfadado. Facilitar que isto suceda e permitir que as persoas que traballan na cultura fagan diso un xeito de vida e a mellor forma de “protexela”.

A segunda cuestión ten que ver coa cuestión da elite. Eu si creo que hai manifestacións da cultura que por estar na vangarda non son comprendidas, xa que requiren dunha maior formación e do coñecemento dunha linguaxe específica para comprendelas. Asumimos con naturalidade que hai determinados aspectos da ciencia que requiren da mediación para chegar ao público, pero nunca o entendemos así coa cultura. Non creo que haxa unha cultura mellor e outra cultura peor, pero si creo que un panorama cultural saudable é un panorama de diversidade no que se dan todo tipo de manifestacións culturais. É importante atender a todas elas prestando especial atención a aquelas que teñen mais dificultades para ser sostibles e facendo da mediación o eixo central de moitas políticas. En lugar de facer unha oferta cultural que lle guste a xente, traballar para que a xente se achegue a todo tipo de ofertas culturais.

M

MariadoMarLopes Mon 2 Feb 2015 9:41PM

Eu penso que son interesantes os foros e as experiencias en que se tenta unir a "cultura culta" e a "cultura popular",tentando suprimri as fronteiras entre unha e outra e potenciando o común entre ambas. Así, por exemplo, pareceume moi interesante o proxecto levado a cabo o ano pasado durante varios días na Cidade da Cultura sobre músicas cultas e populares do mundo e á que foron convidados artistas galegos e internacionais. Foi unha experiencia moi positiva e enriquecedora