COMISIÓN DE DEMOCRATIZACIÓN DE ESPAZOS CULTURAIS
Fio aberto de conversa e achegas á comisión de DEMOCRATIZACIÓN de ESPAZOS CULTURAIS co fin de aportar propostas de modificación dos estatutos do Organismo Autónomo Auditorio de Galicia, que deberán ser revisadas pola asesoría xurídica do concello e consensuadas cos grupos da oposición para a súa aprobación.
Outros asuntos tratados nesta comisión:
- Proposta de cambio de nome de "Auditorio de Galicia" para "Auditorio Nacional da Galiza (ou Galicia)": https://www.loomio.org/d/SDJfnEiw/proposta-cambio-de-nome-de-auditorio-de-galicia-para-auditorio-nacional-da-galiza
O primeiro, colocar aquí os estatutos que se queren modificar, para que estean localizables en todo momento.
En paralelo á modificación dos estatutos hai que ir pensando en dotarse dun código de boas prácticas para a área de acción cultural do concello. Para ter algunhas referencias a man, adxunto enlaces doutros códigos de boas prácticas existentes na nosa contorna:
-Código de boas prácticas do INAEM (Instituo Nacional de las Artes Escénicas y de la Música): http://www.boe.es/boe/dias/2008/12/04/pdfs/A48654-48659.pdf
-Guías de boas prácticas e outros instrumentos para o bo goberno e xestión cultural xa existentes (España): http://www.culturaybuenaspracticas.org/#!buenas-practicas/c1p5h
Lendo os estatutos en función dos compromisos adquiridos por Compostela Aberta no seu programa electoral, as modificacións non tería por que ser moitas, o que debería facilitar o acordo cos outros grupos:
Blindar a necesidade de convocar un concurso público para o nomeamento da dirección (agora é nomeado directamente polo alcalde) e desligar a duración do contrato de dirección dos períodos electorais (normalmente estes contratos son de 5 anos).
Modificar a composición do Consello Reitor. Actualmente está composto por 5 concelleiros dos distintos grupos políticos representados no concello; 2 representantes das entidades patrocinadoras; 2 figuras de prestixio cultural; a persoa que exerce a dirección: e o alcalde, que resolve empates. Habería que reforzar a presenza do sector artísticos e cultural e tamén a da cidadanía (definindo mellor o perfil destes membros), para equilibrar a representación política coa representación científica, técnica e cidadá. E tamén reducir a duración do mandato dos membros non políticos a 3 anos, para asegurar a renovación e refresco do consello.
Modificar composición e certas funcións da comisión executiva, como pode ser a de limitar a cantidade máxima de contratación que ten actualmente.
Todo o que teña que ver cos criterios da convocatoria do concurso para o contrato de dirección, non teñen que figurar nos estatutos, senón nos pregos técnicos, que deberían responder ás esixencias do código de boas prácticas, e que haberá que ir deselvolvendo.
Bo día!
Formo parte dun colectivo musical e gustarianos saber onde podemos ou con quen temos que falar pra que escoiten as nosas propostas sobre a utilización de espazos públicos pra a realización de espectáculos e música en directo.
Moitas grazas un saúdo.
Déixovos un link do colectivo:
www.facebook.es/maislume
Concordo totalmente co proposto por Xesús
Ania González
aveania@gmail.com ( aveania@gmail.com )
www.lysisundkritik.wordpress.com ( http://www.lysisundkritik.wordpress.com )
www.pletora.es ( http://www.pletora.es ) | www.agentesdelcaos.net ( http://www.agentesdelcaos.net )
2015-07-27 21:07 GMT+02:00 xron (Loomio) :
Lendo os estatutos en función dos compromisos adquiridos por Compostela Aberta no seu programa electoral, as modificacións non tería por que ser moitas, o que debería facilitar o acordo cos outros grupos:
Blindar a necesidade de convocar un concurso público para o nomeamento da dirección (agora é nomeado directamente polo alcalde) e desligar a duración do contrato de dirección dos períodos electorais (normalmente estes contratos son de 5 anos).
Modificar a composición do Consello Reitor. Actualmente está composto por 5 concelleiros dos distintos grupos políticos representados no concello; 2 representantes das entidades patrocinadoras; 2 figuras de prestixio cultural; a persoa que exerce a dirección: e o alcalde, que resolve empates. Habería que reforzar a presenza do sector artísticos e cultural e tamén a da cidadanía (definindo mellor o perfil destes membros), para equilibrar a representación política coa representación científica, técnica e cidadá. E tamén reducir a duración do mandato dos membros non políticos a 3 anos, para asegurar a renovación e refresco do consello.
Modificar composición e certas funcións da comisión executiva, como pode ser a de limitar a cantidade máxima de contratación que ten actualmente.
Todo o que teña que ver cos criterios da convocatoria do concurso para o contrato de dirección, non teñen que figurar nos estatutos, senón nos pregos técnicos, que deberían responder ás esixencias do código de boas prácticas, e que haberá que ir deselvolvendo.
—
Responde a este correo electrónico directamente o velo en www.loomio.org ( https://www.loomio.org/d/Z0IK2gzY/comision-de-democratizacion-de-espazos-culturais?utm_campaign=thread_mailer&utm_medium=email&utm_source=new_comment#comment-741295 ).
Desactivar el correo electrónico ( https://www.loomio.org/email_actions/unfollow_discussion/104082/RDBJQYzi1swm4JfVAEkz ) para esta discusión.
Cambia tus preferencias de correo electrónico ( https://www.loomio.org/email_preferences?unsubscribe_token=RDBJQYzi1swm4JfVAEkz&utm_campaign=thread_mailer&utm_medium=email&utm_source=new_comment ) para darte de baja de estos correos electrónicos.
Olá rapaces, para a mañá do 18 gustaríame propor falar de revisar o actual papel da Zona C, para que puidera voltar ser un espazo de uso expositivo onde, dada a súa ubicación ao carón do CGAC e moi perto da galería Trinta e do espazo Miramemira, poder favorecer de novo, como se facía antes, as relacións entre comisarios, artistas e demáis profesionais da arte contemporánea, ademáis de servir a cidadadanía dun espazo impulsado polo concello cunha programación coidada e regular, que a día de hoxe non existe e penso é necesario recuperar. Por suposto opino que habería que buscar outro espazo para non desatender aos outros usos que a día de hoxe están tendo lugar alí, moi positivos e necesarios, dende logo, pero que seguro poderían ter cabida noutros espazos dado que é unha mágoa que un espazo que consta no católogo do Consello da Cultura Galega como espazo de exposicións e ademáis foi concibido como tal, e que goza dunha ubicación inigualable para
tal fin, perdera agora tamén, como nestes últimos catro anos, aquela función que estivo a desenrolar, dende o 2006, ano en que foi inaugurado, ata o 2011. Tarefa esta, a dun espazo de uso expositivo, que desempeñou (e propoño volte a facer), nada desdeñable e moi necesaria, xa que suplía unha carencia grave de apoio a arte contemporánea, para unha cidade que considera coida a cultura, e que é unha mágoa que deixara de atender.
Adxunto aquí o código deontolóxico da FEAGC, algunhas son cuestións que deberían de ser "de perogrullo", pero que fai falla lembrar e ter presentes.
Manuel, mira o fío da comisión de CATALOGACIÓN DE RECURSOS CULTURAIS, xusto hoxe na xuntanza estivemos falando dese tema. No fío tes acceso a todos os docus de traballo correspondentes.
Boas, Yago Rilo. Hai outra comisión de CATALOGACIÓN DE RECURSOS CULTURAIS na que reflexionamos sobre posibles usos de espazos culturais de Compostela, vai ao fío en loomio e tes acceso alí aos docus de traballo, quizais esta comisión é máis acaída ao tema que comentas.
UPS!!! Acabi de ver nun dos enlaces que adxuntou Xron que xa está o código deontolóxico que puxen. Queda por partida dobre, entón.
Estamos a redactar a proposta para a reunión de mañá, dacordo co obxectivo de equilibrar a participación do sector cultural, profesional e cidadá no órgano reitor do Auditorio así como a limitación da cuantía pola que a Comisión executiva poderá obrigarse de forma autónoma, a esixencia dun concurso público para cubrir o posto de dirección e a necesidade de modificar a redacción dacordo coas políticas de xénero. Podedes seguir completando ou aportado aquí:
https://docs.google.com/document/d/1LYScPgn2GFZTkql98xFUXnvafBHzt7rgsamuB6ZlTNc/edit
Adxunto aquí os pregos para a dirección artística de Cineuropa e Curtocircuíto 2015, parácenme moi interesantes, baseadas en C.V. + proxecto. Tamén a de director técnico da RFG do pasado ano e de dirección do Cultural.
Moitas grazas pola documentación, Diego. Ademais de servir de referencia directa, é moi útil coñecer as convocatorias que se fan na cidade. Distinguiría entre as de Curtocircuíto e Cineuropa, que son licitacións, e as da Filarmonía e Culturgal, máis directamente relacionadas co obxecto da dirección do Auditorio de Galicia. Pero si que é interesante ver como se valora o proxecto en calquera licitación de servizos, e non só o CV.
Tes razón, XRon. En todas hai aspectos interesantes e que podemos, se vos parece, ver na xuntanza do luns. A ver se podo levalos impresos para traballar sobre eles tamén en papel. A convocatoria para a RFG está baseada en concurso de méritos soamente. Culturgal, C.V. + proxecto. Quizais se achega máis ao que estivemos falando nas comisións. Ata luns!
cc: O xoves pasado (día 16 de Xullo) constituíuse a comisión de DEMOCRATIZACIÓN DE ESPAZOS CULTURAIS do Grupo de Cultura de Santiago de Compostela e comezamos a elaborar catro documentos de traballo, que publicaremos en breve xunto coa acta da reunión. Vos invitamos a participar deste fío e a facer as vosas achegas