Loomio
Fri 13 Feb 2015 9:29PM

Xénero e feminismos

I iñaki Public Seen by 97

Olá,

Vou falar dende a ignorancia, xa que até agora non estou moi metido no proxecto, só participo do grupo de sustentabilidade ambiental.

O pasado mércores 11 de febreiro estiven no encontro organizado en Políticas e quedei moi preocupado, non tanto pola composición da mesa, todos homes, senón pola falta dunha reflexión fonda e autocrítica sobre este feito, para alén dalgunha alusión á confección de listas paritarias.

Non sei se en CA existe xa unha liña de traballo sobre o xénero, ou antipatriarcal, para falar con máis claridade.

De non extistir, animaría a creala. Penso que é un tema fundamental e deixalo atrás sería unha eiva terrible en calquera proxecto que se queira participativo e transformador.

Xa sei que é sinxelo falar, pero non teño demasiado tempo para participar moi activamente en CA. Sinto por iso facer este correo só como un convite, pero se abrides esta liña eu estaría disposto a botar unha man.

Saúdos.

Iñaki.

XD

Xan Duro Tue 17 Feb 2015 5:59PM

Aberto o foro

Se vos parece podemos poñer o xoves 22 para o Encontro Aberto Feminismo

I

iñaki Tue 17 Feb 2015 10:42PM

Olá,

O xoves é 26. Por min estupendo.

Eu propoño varias denominacións para o grupo:

  • Xénero e feminismos (en plural).
  • Xénero e dereitos sexuais e reprodutivos.
  • Xénero e diversidade sexual.

Eu case prefiro a primeira, pois igual recolle mellor a idea de achegar a CA a bagaxe dos feminismos e o traballo dende unha perspectiva de xénero.

Tamén estou aberto a outras, son só propostas.

Apertas.

XD

Xan Duro Wed 18 Feb 2015 9:14AM

"Xénero e feminismos" para o grupo de traballo e "Compostela Aberta ao Feminismo e Igualdade" para o Encontro temático do xoves 26

No foro está aberto un fío específico para o grupo de traballo http://foro.compostelaaberta.org/viewforum.php?f=86&sid=1336418ef7310ab53dc212f8bd6ebe8d

XD

Xan Duro Wed 18 Feb 2015 9:21AM

Unha consulta para o encontro temático. Xa é a segunda vez que unha simpatizante se pon en contacto connosco pedindo que teñamos en conta ás mulleres con cargas familiares para os horarios dos encontros e asembleas.

"En unha ocasión, a través dunha mensaxe no facebook, comentei tamén o asunto dos horarios das reunións, para posibilitar a conciliación a persoas, mulleres sobre todo, con cargas familiares.
Insisto neste tema, agora xa non como nai, que tamén, senon como axente de igualdade. Desenvolvín o meu traballo no eido da igualdade primeiro na asociación Lilith, logo nun concello e logo na xunta co goberno do bipartito como Tecnica de Igualdade do Plan Galego de Igualdade de Opotunidades entre mulleres e homes de Galicia.
A igualdade de oportunidades ten que ser unha perspetiva transversal en todas as diferentes politicas da administración, polo que me gustaría reiterar a importancia de exercela dende a base, facilitando a participación social e política das mulleres, primeiro no plataforma de participación cidadán Compostela Aberta, logo nos diferentes eidos da realidade social compostelá".

Quizais poderiamos marcas as 19:00 como horario para o encontro aberto do xoves. Opinión?

I

iñaki Wed 18 Feb 2015 9:53AM

Por min ben.

Este é un dos temas importantes á hora de falar de participación, xa que moitas veces para sermos activistas temos que ser persoas sen ningunha responsabilidade sobre outras, sexan fillas, anciáns, etc.

Sempre é complicado fixar horarios, pois quen traballa de tarde tamén ten dificultade para chegar antes. Porén, non só é cousa de horarios, tamén de formatos. Hai fórmulas para facilitar algo isto.

Podemos tratar esta cuestión ese día.

Apertas.

XD

Xan Duro Wed 18 Feb 2015 2:21PM

OK. De acordo @mariajoboveda @mariadomarlopes @beatriz14 ?

I

Iria Wed 18 Feb 2015 2:35PM

Sin problema, eu tara despois das 8 non podo chegar, pero como di Iñaki o presencial é só un dos formatos dispoñibles para traballar.

MB

Mariajo Bóveda Thu 19 Feb 2015 7:26AM

dacordo!

XD

Xan Duro Thu 19 Feb 2015 8:09AM

Temos lío de axendas para o encontro coas AAVV. Poderiamos mudar o de feminiamos para martes 24?

O 19 Feb, 2015 08:26, "Mariajo Bóveda (Loomio)" escribiu:

dacordo!

Responder a este correo electrónico directamente o verlo en Loomio ( http://www.loomio.org/d/Y0Ld2IeM/xenero-e-feminismos?utm_campaign=thread_mailer&utm_medium=email&utm_source=new_comment#comment-515429 ).

Dejar de seguir ( http://www.loomio.org/email_actions/unfollow_discussion/71693/fkYsuWkxXrmuCLqLoafj ) para detener correos electrónicos acerca de esta discusión.

Cambia tuspreferencias de correo electrónico ( http://www.loomio.org/email_preferences?unsubscribe_token=fkYsuWkxXrmuCLqLoafj&utm_campaign=thread_mailer&utm_medium=email&utm_source=new_comment ) para darse de baja de los correos electrónicos de Loomio.

RD

Reina D'hoore Thu 19 Feb 2015 9:38AM

Ola Xan,

Por mi no hay problema. Martes 24.

El 19 de febrero de 2015, 9:09, Xan Duro (Loomio) escribió:

Temos lío de axendas para o encontro coas AAVV. Poderiamos mudar o de feminiamos para martes 24?

O 19 Feb, 2015 08:26, “Mariajo Bóveda (Loomio)” escribiu:

dacordo!

Responder a este correo electrónico directamente o verlo en Loomio ( http://www.loomio.org/d/Y0Ld2IeM/xenero-e-feminismos?utm_campaign=thread_mailer&utm_medium=email&utm_source=new_comment#comment-515429 ( http://www.loomio.org/d/Y0Ld2IeM/xenero-e-feminismos?utm_campaign=thread_mailer&utm_medium=email&utm_source=new_comment#comment-515429 ) ).

Dejar de seguir ( http://www.loomio.org/email_actions/unfollow_discussion/71693/fkYsuWkxXrmuCLqLoafj ( http://www.loomio.org/email_actions/unfollow_discussion/71693/fkYsuWkxXrmuCLqLoafj ) ) para detener correos electrónicos acerca de esta discusión.

Cambia tuspreferencias de correo electrónico ( http://www.loomio.org/email_preferences?unsubscribe_token=fkYsuWkxXrmuCLqLoafj&utm_campaign=thread_mailer&utm_medium=email&utm_source=new_comment ( http://www.loomio.org/email_preferences?unsubscribe_token=fkYsuWkxXrmuCLqLoafj&utm_campaign=thread_mailer&utm_medium=email&utm_source=new_comment ) ) para darse de baja de los correos electrónicos de Loomio.

Responder a este correo electrónico directamente o verlo en Loomio ( http://www.loomio.org/d/Y0Ld2IeM/xenero-e-feminismos?utm_campaign=thread_mailer&utm_medium=email&utm_source=new_comment#comment-515471 ).

Dejar de seguir ( http://www.loomio.org/email_actions/unfollow_discussion/71693/XTYM15RieDNaqs_9pq_B ) para detener correos electrónicos acerca de esta discusión.

Cambia tuspreferencias de correo electrónico ( http://www.loomio.org/email_preferences?unsubscribe_token=XTYM15RieDNaqs_9pq_B&utm_campaign=thread_mailer&utm_medium=email&utm_source=new_comment ) para darse de baja de los correos electrónicos de Loomio.

Load More