Loomio
Fri 13 Feb 2015 9:29PM

Xénero e feminismos

I iñaki Public Seen by 97

Olá,

Vou falar dende a ignorancia, xa que até agora non estou moi metido no proxecto, só participo do grupo de sustentabilidade ambiental.

O pasado mércores 11 de febreiro estiven no encontro organizado en Políticas e quedei moi preocupado, non tanto pola composición da mesa, todos homes, senón pola falta dunha reflexión fonda e autocrítica sobre este feito, para alén dalgunha alusión á confección de listas paritarias.

Non sei se en CA existe xa unha liña de traballo sobre o xénero, ou antipatriarcal, para falar con máis claridade.

De non extistir, animaría a creala. Penso que é un tema fundamental e deixalo atrás sería unha eiva terrible en calquera proxecto que se queira participativo e transformador.

Xa sei que é sinxelo falar, pero non teño demasiado tempo para participar moi activamente en CA. Sinto por iso facer este correo só como un convite, pero se abrides esta liña eu estaría disposto a botar unha man.

Saúdos.

Iñaki.

M

MariadoMarLopes Sun 15 Feb 2015 10:37PM

Pois eu creo que este grupo de feminismos debería ser aberto porque eu nin me enterei da sùa existencia e gustaríame participar nos debates sempre que puider. Máis ben considero que todos os grupos de traballos teñen que estar abertos. Se podedes incluirme no de feminismos agradeceríavolo.

Graciñas

Date: Sun, 15 Feb 2015 20:17:52 +0000

M

MariadoMarLopes Sun 15 Feb 2015 10:43PM

@mariajoboveda

MB

Mariajo Bóveda Mon 16 Feb 2015 2:47PM

@mariadomarlopes, o grupo de loomio que ten acceso so para participantes é o de feminismismos de Podemos Compostela.
Propusen usalo como grupo común, xa que nestes momentos xa está funcionando e temos xente que participa en el que non está en Podemos, por iso me pareceu unha boa opción, pero, de momento, parece que se prefire montar un dentro de CA.
Si no loomio solicitas entrar, o acceso é automático
https://www.loomio.org/g/q0CYuGUm/podemos-compostela-feminismos

M

MariadoMarLopes Mon 16 Feb 2015 7:05PM

@mariajoboveda ...poderias escribir o fio onde estan a debater sobre feminismo nese grupo? E que con tantos fios xa non sei onde e... :-( Desculpa a molesteia Maria...

E desculpa tamen as faltas ortografias e non por acentos..non me vai ben o teclado xD

B

Beatriz Tue 17 Feb 2015 8:26AM

Ola e bos días a tod@s,
moitas gracias Iñaki por ter "levantado a banderiña"; comparto a maioría do expresado neste fío e, sobre todo, o de que sexa un grupo aberto.

En canto a aproveitar / tomar como base o feito polo Círculo de Podemos Compostela, teño aínda que entrar no fío que indica mariajo para opinar pero a idea, creo eu, é sumar que non re- inventa- la roda.
Despois si estarei en condicións de recomendar (ou non) ter xa- xa un GdT_CA.

Pola miña parte, veño indagando dende onte cedo, posibles grupos e/ou mulleres que (por motivos do seu traballo e/ou "paixón" personal) teñan experiencia en temas de Xénero, Socioloxía e/ou Igualdade (tódolos tres e non necesariamente por ese orde).

Por aproveitar datos de observatorios e/ou estudos que xa esisten, por ex., ó:
i- Centro Interdisciplinario de Investigaciones Feministas y de Estudios de Género (CIFEX) da USC,
ii- Puxéronme sobre a pista do Seminario Muller e Universidade da USC; coñezo de vista á catedrática que o leva (que ten feito informes e análise para a Xunta sobre o tema),
iii- Puxéronme sobre a pista tamén de profes da USC (maiormente en Económicas), proactivas no tema,
iv- Qdei para un café (o xoves-19) cunha politóloga (de formación) e consultora- formadora en temas de Igualdade ... gustaríame convencela para que participase en CA

Como é tempo de Antroido, igual me leva toda esta semana recibir/ ter respostas PERO mantéñovos ó tanto.

Saúdos,
B.

XD

Xan Duro Tue 17 Feb 2015 11:22AM

@mariajoboveda @mariadomarlopes @beatriz14

Propóñovos que lancemos un Encontro "Compostela Aberta ao Feminismo e a Igualdade" ou un nome semellante para este xoves as 20:30 no Hotel Virxe da Cerca para que faga de impulso de saída a este grupo de traballo. Contestade o antes posible para lanzar a convocatoria

MB

Mariajo Bóveda Tue 17 Feb 2015 11:59AM

Como comentaba máis arriba a min este xoves vai resultame imposible.
Por outra banda este venres temos convocada unha reunión do GdT de feminismos do círculo de Compostela, así que segundo o que decidades falo co resto de compañeir@s para adaptar a nosa reunión con este encontro de "Compostela Aberta ao Feminismo e a Igualdade”
@mariadomarlopes o fio de feminismo é o que colguei en anteriores mensaxes, pulsa sobre el e sobre "solicitar a unirse ao grupo", se non queres permanecer no grupo ti mesma podes darte de baixa.
A risco de que me reportedes por span, volvo a colgar aquí a dirección: https://www.loomio.org/g/q0CYuGUm/podemos-compostela-feminismos

B

Beatriz Tue 17 Feb 2015 12:00PM

Ola outra vez,
coido que esta semana é un pouco precipitado; como mínimo, a miña proposta sería unha data da semana que ven.
Como escribín hai un par de horas neste fío, teño pendente cita(s) e/ou respostas a invitacións que fixen dende onte e antonte.
Se consigo atraelas a que veñan en persoa ó Encontro, xenial(!); senón, elaboro resumen (ven sexa recollendo opinións e/ou fontes de onde podemos "beber" para artella- la(s) liñas de acción en CA.

Ah! vexo que aceptáronme no fío de debate do "loomio-Podemos Compostela" ... voume poñendo ó día do que teñen debatido aí.

Saúdos de Antroido! B.

M

MariadoMarLopes Tue 17 Feb 2015 12:03PM

Tremendamente cedo.Eu poríao para a semana. Ou para luns ou así. En dous días non dá tempo a nada. ...

E por certo, a xente xa se podía animar a axudar en Lingus porque eu soa todo non podo.

Enviado de Samsung Mobile

-------- Mensagem original --------
De : "Xan Duro (Loomio)"

Data:17/02/2015 12:22 (GMT+01:00)
Para: [email protected]
Assunto: [Compostela Aberta] Xénero e feminismos

Xan Duro mencionou você durante a discussão "Xénero e feminismos "

@mariajoboveda @mariadomarlopes @beatriz14

Propóñovos que lancemos un Encontro “Compostela Aberta ao Feminismo e a Igualdade” ou un nome semellante para este xoves as 20:30 no Hotel Virxe da Cerca para que faga de impulso de saída a este grupo de traballo. Contestade o antes posible para lanzar a
convocatoria

Responda a este e-mail diretamente ou veja-o no Loomio ( http://www.loomio.org/d/Y0Ld2IeM/xenero-e-feminismos?utm_campaign=thread_mailer&utm_medium=email&utm_source=user_mentioned#comment-511328 ).

Deixar de seguir ( http://www.loomio.org/email_actions/unfollow_discussion/71693/T69pR1HRC5SM3P9Q9EKH ) para não receber mais e-mails sobre essa discussão.

Modifique suas preferências de e-mail ( http://www.loomio.org/email_preferences?unsubscribe_token=T69pR1HRC5SM3P9Q9EKH&utm_campaign=thread_mailer&utm_medium=email&utm_source=user_mentioned ) para cancelar subscrições de e-mails do Loomio.

I

iñaki Tue 17 Feb 2015 3:13PM

Boas.

Eu tamén vexo ben agardar un chisco, que non moito. O malo é que se teña adiado o encontro de participación para a vindeira semana. Non sei se aínda así veríades ben a posibilidade de facer outro encontro.

Se fose así, eu o luns non podería, pero o mércores 25 ou xoves 26 si.

Déixovos aquí unha iniciativa que existe en Vigo, a Rede de mulleres veciñais contra os malos tratos: http://rededemulleres.blogspot.com.es/
Coñezo a algunha das súas traballadoras e penso que teñen unha experiencia moi valiosa. Non é municipal, aínda que depende de axudas do Concello.

Sería posible abrir un apartado no foro sobre xénero e feminismos? Dígoo porque xa que semella que hai interese e só será cousa de tempo que apareza o grupo de traballo, poderiamos pendurar alí informacións e materiais.

Apertas.

Load More