Loomio
Thu 30 Oct 2014 12:20AM

Próxima Asemblea

ML Manu López Public Seen by 202

Acaba de enviarse por lista de correo a comunicación da próxima Asemblea. Pego correo:

Boas. O Círculo Podemos Compostela cambia a data e o lugar da súa próxima Asemblea Extraordinaria, quedando fixada para o próximo luns 3 de novembro ás 20.00 horas na Rúa San Clemente, 18 baixo.

O cambio de data (a inicialmente prevista era este xoves 30 de outubro) é debido a que un dos puntos que se tratará na Asemblea é o aval a persoas ou equipos interesados en presentar as súas candidaturas aos órganos de Podemos a nivel estatal. O reglamento para este procedemento coñeceuse este martes 28 e consideramos que as persoas interesadas en presentarse deben dispoñer dun prazo máis amplo para adaptarse aos requerimentos que se fan nesta normativa e ás necesidades do Círculo para organizar o mellor posible o acto.

O cambio de lugar débese a que non dispoñemos do inicialmente previsto nin para a data proposta anteriormente nin para a definitiva, a do luns 3.

A orde do día definitiva para a Asemblea, acordada polo Grupo de Traballo de Organización, é a seguinte:

  1. PRESENTACIÓN DE PODEMOS E MÉTODO ASEMBLEARIO

  2. INFORMACIÓN SOBRE AS MARCHAS DA DIGNIDADE

  3. AVAL DE CANDIDATURAS POLO CÍRCULO*

  4. SUMARSE Á PETICIÓN AOS EURODEPUTAD@S DE PODEMOS DOS CÍRCULOS DE AROUSA E VILANOVA POLA ARTE DE PESCA DO XEITO

  5. VARIOS

*Para o punto 3, o aval de candidaturas, as persoas interesadas en solicitar este aval deben axustarse aos requisitos recollidos no reglamento para a elección de órganos internos, elaborada polo Equipo Técnico, que se envía en arquivo adxunto. Ademais, solicitamos que se envíe á dirección de correo [email protected] unha breve descrición persoal, un correo electrónico e un teléfono de contacto. Asimesmo, a través de Appgree votáronse as preguntas que os candidatos deben responder, polo que solicitamos que tamén se envíen as respostas a estas preguntas no mesmo correo e que logo sexan respondidas tamén na Asemblea. As preguntas van noutro arquivo adxunto co título "Preguntas".

Acude, participa e difunde! Claro que Podemos!

ML

Manu López Mon 17 Nov 2014 11:50AM

Hai outro punto na orde do día definitiva entre o 2 e o 3 dos que puxo Borja de informe dos grupos de traballo

CN

Carlos Noya Mon 17 Nov 2014 12:41PM

¿Non se debería engadir, sempre, un punto do estado das contas do que se recauda nas asambleas?

ML

Manu López Mon 17 Nov 2014 12:52PM

Iso pode incluírse no informe de organización. Por outra banda, a cifra recaudada envíase á lista de correo xunto coa acta

Y

yoyes Mon 17 Nov 2014 3:35PM

Adxunto os movementos habidos no Círculo Podemos Compostela dende os seus inicios -primeiro apuntamento o 01-03-2014- ata a última asemblea realizada o 03-11-2014. Como podedes ver non se trata dun informe propiamente dito, non temos programa de contabilidade nin, de momento, se está levando unha contabilidade oficial á espera de de ser validados como Círculo e recibir as oportunas instrucións da Comisión de Finanzas Estatal. É todo canto podemos achegar no que a ingresos e gastos se refire.

ML

Manu López Thu 8 Jan 2015 8:30PM

Hoxe enviáronse á lista de correo do Círculo as seguintes convocatorias:

Boas. Informamos da convocatoria das próximas asembleas do Círculo. Nos dous casos celebraranse na Rúa San Clemente 18 ás 20..00 horas.

VENRES 16: ASEMBLEA EXTRAORDINARIA AVAL CANDIDATURAS ÓRGANOS AUTONÓMICOS

Acaba de comezar o proceso de constitución dos órganos autonómicos de Podemos. Pode consultarse o reglamento aquí: http://web-podemos.s3-eu-west-1.amazonaws.com/wordpress/wp-content/uploads/2015/01/ReglamentoAutonomicas.pdf Para presentar candidatura é necesario que esta sexa avalada por un Círculo. Aquelas persoas que desexen solicitar o aval poderán facelo nesta asemblea. Para ter unha mellor planificación da Asemblea, solicitamos que se envíe un correo electrónico a [email protected] indicando nome, vía de contacto e unha breve descrición. Ademais dos avais, trataranse outros puntos. A orde do día provisional, acordada polo Grupo de Traballo de Organización, é a seguinte:

  1. PRESENTACIÓN DE PODEMOS E MÉTODO ASEMBLEARIO

  2. INFORMACIÓN SOBRE OS RESULTADOS DO PROCESO CONSTITUÍNTE MUNICIPAL

  3. AVAL DE CANDIDATURAS PARA OS ÓRGANOS AUTONÓMICOS

  4. TRÁMITES DE VALIDACIÓN DO CÍRCULO

  5. VARIOS

Existe un prazo ata o martes 13 para realizar inclusións, modificacións ou enmendas a esta orde do día. Para isto, poden enviarse as propostas á conta de correo do Grupo de Traballo de Organización: [email protected]. Ao remate deste prazo farase pública a orde do día definitiva, tendo en conta as aportacións realizadas.

XOVES 22: ASEMBLEA ORDINARIA

Debido ao axustados que foron os tempos durante os diferentes procesos constituíntes, levamos tempo sen facer Asemblea ordinaria e hai traballo dos grupos que cómpre ir sacando adiante. Polo tanto, convócase Asemblea ordinaria para o xoves 22 coa seguinte orde do día:

  1. PRESENTACIÓN DE PODEMOS E MÉTODO ASEMBLEARIO

  2. INFORME DOS GRUPOS DE TRABALLO

  3. CREACIÓN DO GRUPO DE TRABALLO DE MOBILIDADE

  4. SOLICITUDE DE APOIO DO CÍRCULO AO MANIFESTO "COMPOSTELA TERRITORIO MUSICAL" (ver adxunto)

  5. POSICIONAMENTO DO CÍRCULO SOBRE O DERRUBAMENTO DA CASA DA XUVENTUDE

  6. VARIOS

Para esta asemblea o prazo de modificacións na orde do día permanece aberto ata o venres 17, escribindo a [email protected].

ML

Manu López Fri 23 Jan 2015 7:44PM

Hoxe enviouse unha nova convocatoria de Asemblea

"Boas. o Círculo Podemos Compostela convoca Asemblea Extraordinaria opróximo xoves 29-01-2015 ás 20.00 horas na Rúa San Clemente número 18. O punto principal da Asemblea vén derivado do debate iniciado na anterior arredor da forma de concorrer ás eleccións municipais. Asimesmo, inclúense os puntos que non puideron ser tratados na anterior Asemblea e un novo punto sobre un evento que terá lugar o 8 de febreiro, antes de que o Círculo realice unha nova convocatoria. Decidiuse poñer un límite de tempo a cada punto para tratar de axilizar os debates.

A orde do día para a Asemblea do día 29 de xaneiro, acordada polo Grupo de Traballo de Organización é a seguinte:

  1. PRESENTACIÓN DE PODEMOS E MÉTODO ASEMBLEARIO

  2. SOLICITUDE DE APOIO DO CÍRCULO AO MANIFESTO "COMPOSTELA TERRITORIO MUSICAL" (10 minutos máximo)

  3. POSICIONAMENTO DO CÍRCULO SOBRE O DERRUBAMENTO DA CASA DA XUVENTUDE (10 minutos máximo)

  4. DECISIÓN DO CÍRCULO SOBRE O APOIO Á MANIFESTACIÓN DE QUEREMOS GALEGO DO 8 DE FEBREIRO (10 minutos máximo)

  5. DECISIÓN DO CÍRCULO RESPECTO DA CONFLUENCIA CON COMPOSTELA ABERTA PARA UNHA CANDIDATURA ÁS ELECCIÓNS MUNICIPAIS

    5.1 PRESENTACIÓN DAS PROPOSTAS (máximo 5 minutos por proposta)

    5.2 PREGUNTAS, ACLARACIÓNS E DEBATE SOBRE AS PROPOSTAS (2 minutos por intervención, máximo 1 hora en total)

    5.3 VOTACIÓN DAS PROPOSTAS

  6. VARIOS

Enviamos, ademais, en arquivo adxunto a acta da Asemblea celebrada o día 16-01-2015.

Acude, participa e difunde! Podemos!"

AE

Alejhandro Espant Sat 31 Jan 2015 8:20PM

Boas, o final que se decidiu respecto de Compostela Aberta, ou donde se pode votar¿?¿?

CN

Carlos Noya Sun 1 Feb 2015 10:30AM

Habilitarase unha votación online entre todos os inscritos de Podemos en Compostela.

AR

Akin Roblefrondoso Mon 2 Feb 2015 11:45AM

Abriremos o noso local esta tarde e mañá pola tarde. Tamén se pode votar dende a casa. Enviouse correo informativo onte co xeito de votar e a información para facelo.

Tamén está no Facebook do círculo.

ML

Manu López Thu 26 Mar 2015 5:43PM

Convocada Asemblea para o mércores 8 de abril ás 20.00 horas no Afiador.

A orde do día provisional, acordada polo Grupo de Organización, é a seguinte:

  1. Presentación do método asembleario.
  2. Informe do Consello Cidadán.
  3. Informe dos grupos de traballo.
  4. Presentación e aprobación dos plans estratéxicos dos grupos de traballo.
  5. Proposta de creación do grupo de medio ambiente.
  6. Recollida de propostas de fomento da participación en Podemos Compostela.
  7. Varios.

Modificacións ata o 3 de abril, por email a [email protected] ou nas vindeiras reunións do grupo, que como as dos demais, son anunciadas neste fío https://www.loomio.org/d/aBlpHXKD/reunions-grupos-de-traballo