Loomio
Thu 30 Oct 2014 12:20AM

Próxima Asemblea

ML Manu López Public Seen by 202

Acaba de enviarse por lista de correo a comunicación da próxima Asemblea. Pego correo:

Boas. O Círculo Podemos Compostela cambia a data e o lugar da súa próxima Asemblea Extraordinaria, quedando fixada para o próximo luns 3 de novembro ás 20.00 horas na Rúa San Clemente, 18 baixo.

O cambio de data (a inicialmente prevista era este xoves 30 de outubro) é debido a que un dos puntos que se tratará na Asemblea é o aval a persoas ou equipos interesados en presentar as súas candidaturas aos órganos de Podemos a nivel estatal. O reglamento para este procedemento coñeceuse este martes 28 e consideramos que as persoas interesadas en presentarse deben dispoñer dun prazo máis amplo para adaptarse aos requerimentos que se fan nesta normativa e ás necesidades do Círculo para organizar o mellor posible o acto.

O cambio de lugar débese a que non dispoñemos do inicialmente previsto nin para a data proposta anteriormente nin para a definitiva, a do luns 3.

A orde do día definitiva para a Asemblea, acordada polo Grupo de Traballo de Organización, é a seguinte:

  1. PRESENTACIÓN DE PODEMOS E MÉTODO ASEMBLEARIO

  2. INFORMACIÓN SOBRE AS MARCHAS DA DIGNIDADE

  3. AVAL DE CANDIDATURAS POLO CÍRCULO*

  4. SUMARSE Á PETICIÓN AOS EURODEPUTAD@S DE PODEMOS DOS CÍRCULOS DE AROUSA E VILANOVA POLA ARTE DE PESCA DO XEITO

  5. VARIOS

*Para o punto 3, o aval de candidaturas, as persoas interesadas en solicitar este aval deben axustarse aos requisitos recollidos no reglamento para a elección de órganos internos, elaborada polo Equipo Técnico, que se envía en arquivo adxunto. Ademais, solicitamos que se envíe á dirección de correo [email protected] unha breve descrición persoal, un correo electrónico e un teléfono de contacto. Asimesmo, a través de Appgree votáronse as preguntas que os candidatos deben responder, polo que solicitamos que tamén se envíen as respostas a estas preguntas no mesmo correo e que logo sexan respondidas tamén na Asemblea. As preguntas van noutro arquivo adxunto co título "Preguntas".

Acude, participa e difunde! Claro que Podemos!

ML

Manu López Thu 30 Oct 2014 12:22AM

Subo os adxuntos para o punto 3.

O punto 4 tamén leva un documento que non puido enviarse por correo porque pesaba moito. Súboo aquí.

NM

Nacho Munilla Fri 31 Oct 2014 8:15AM

En relación ao punto 4 isto é o que di a proposta:

Queda prohibido:
a) capturar con redes de deriva cualquier recurso biológico marino; y
b) llevar a bordo de los buques pesqueros cualquier tipo de red de deriva

Adxunto texto completo:

ML

Manu López Mon 10 Nov 2014 11:20AM

Orde do día para a próxima asemblea, o luns 17 de novembro ás 20.00 horas na rúa San Clemente 18 baixo.

  1. CONSTITUCIÓN DA MESA DA ASEMBLEA

  2. PRESENTACIÓN DE PODEMOS E MÉTODO ASEMBLEARIO

  3. INFORMACIÓN SOBRE A FASE FINAL DA ASAMBLEA CIUDADANA "SÍ SE PUEDE"

  4. INFORMACIÓN SOBRE O INICIO DO PROCESO CONSTITUÍNTE MUNICIPAL

  5. PUNTOS PROPOSTOS NA ANTERIOR ASEMBLEA

  6. VARIOS

AR

Akin Roblefrondoso Mon 10 Nov 2014 5:30PM

Non sei se Rafa V. quería meter tamén na asamblea a coordinación de grupos de comunicación a nivel galego.

BFV

Borja Fdez-Montenegro Varela Wed 12 Nov 2014 2:42PM

No creo que pueda ir a la reunión de hoy. Pero habría que dejar cerrada la asamblea para el lunes. Si necesitais moderador me presento voluntario.

RV

Rafa V. Wed 12 Nov 2014 3:22PM

Non da igual Akin, non quero continuar con ese tema.Igual pequei de falta info cando manifestei o meu desacordo.

RV

Rafa V. Wed 12 Nov 2014 3:23PM

Simplemente non me quero involucrar nesa proposta.

AR

Akin Roblefrondoso Wed 12 Nov 2014 3:29PM

Sen problema.

CN

Carlos Noya Mon 17 Nov 2014 11:06AM

¿Hai orde do día para a asamblea de hoxe? Que non a atopo.

BFV

Borja Fdez-Montenegro Varela Mon 17 Nov 2014 11:13AM

  1. CONSTITUCIÓN DA MESA DA ASEMBLEA

  2. PRESENTACIÓN DE PODEMOS E MÉTODO ASEMBLEARIO

  3. INFORMACIÓN SOBRE A FASE FINAL DA ASAMBLEA CIUDADANA "SÍ SE PUEDE"

  4. INFORMACIÓN SOBRE O INICIO DO PROCESO CONSTITUÍNTE MUNICIPAL

  5. PUNTOS PROPOSTOS NA ANTERIOR ASEMBLEA

  6. VARIOS

Load More