Loomio
Sat 27 Dec 2014 11:24PM

Voluntarios/as para quendas no punto físico de votación

ML Manu López Public Seen by 94

Na reunión do grupo de Organización do mércores 17/12 tratouse a posibilidade de habilitar o local da Rúa San Clemente 18 como punto físico de votación para a elección dos órganos internos. Acordouse tentar facer algún turno e proponse abrir o luns e o martes de 19 a 21. O ideal sería que a xente que se apunte non estea en candidaturas, aínda que se non é posible pódese valorar a posibilidade de que si haxa candidat@s, tentando que haxa membros de todas as candidaturas ou polo menos de máis de unha, por exemplo.

Podedes apuntarvos para os turnos neste Dudle: https://dudle.inf.tu-dresden.de/k3sz3jpy/