Loomio

Programas de cultura dos movementos municipalistas cidadáns

xron PublicSeen by 120

Documentos xerados desde os movementos cidadáns en relación coas políticas culturais.

xron

Guanyem Barcelona ten un primeiro documento de traballo titulado "Guanyar Barcelona recuperant la cultura" no que se fai un diagnóstico das políticas culturais exercidas en Barcelona e se expón unha proposta para o cambio:
http://cultura.guanyembcn.cat/wp-content/uploads/sites/15/2015/01/Document-de-Cultura_CAST.pdf
Aquí en catalán: http://cultura.guanyembcn.cat/wp-content/uploads/sites/15/2015/01/Document-de-Cultura_CAT.pdf

Guanyem Barcelona aposta pola cultura como práctica e dereito da cidadanía e procura a cultura como ben común. Para materializar as súas propostas están realizando un ciclo de tres xornadas de traballo artelladas da seguinte maneira:
1. Economía cooperativa da cultura (xa feita).
2. Xestión pública da cultura (por facer).
3. Xestión comunitaria da cultura (por facer)

Aquí o web de GuanyemCultura: http://cultura.guanyembcn.cat/

xron

O Grupo de TRaballo de Políticas Culturais de Ganemos Madrid está integrado como eixo no grupo de Programa e Contidos. Non ten un web propio, pero hai diversos documentos de traballo:

-Como utiliza o teu concello o orzamento de cultura? http://ganemosmadrid.info/como-utiliza-tu-ayuntamiento-el-presupuesto-en-cultura/

-Actas do grupo de cultura (ao final do documento): http://ganemosmadrid.info/category/actas/actas_programa/
http://ganemosmadrid.info/category/actas/actas_programa/page/2/