Loomio

3ª Enmienda al informe sobre las plataformas: APROBADA

MS Manu Sánchez Public Seen by 133

Xaquín Pastoriza

Añadir al principio del documento el siguiente texto acerca de las candidaturas de unidad popular:

Dende o Consello Cidadán de Podemos Vigo consideramos que as eleccións municipais abren un marco no que os partidos da casta poden comezar a verse derrotados no ámbito local. Tendo en conta que os concellos son os lugares onde se exerce a política máis cercana aos cidadáns, estas eleccións supoñen una ventana de oportunidade para que todas e todos recuperemos o que nos pertence, o poder de decidir sobre as nosas vidas. Nese sentido, xurdiron diversas iniciativas ao longo de moitas cidades do Estado que se inscriben na mesma fenda aberta por Podemos nas eleccións europeas: recuperar a política para a xente e por as institucións ao servizo do ben común.

O documento político aprobado na Asemblea Cidadá estatal establece que Podemos non pode estar presente coas súas siglas nas eleccións municipais, apostando ao mesmo tempo por que Podemos se implique naquelas iniciativas municipalistas que cumpran cos requisitos da nova política: a participación, a transparencia, a rexeneración e as posibilidades de vitoria e cambio. Despois de analizar as distintas iniciativas que se presentaron ata o de agora, consideramos que as plataformas cidadás que na nosa cidade cumplen estes requisitos son dúas, Marea de Vigo e Vigo en Común, sendo o noso coñecemento sobre a segunda plataforma moito máis limitado, debido á súa aínda escasa traxectoria. polo que sometemos ambos proxectos de candidaturas de unidade popular á decisión da Asemblea Cidadá. Pensamos que a posibilidade de recuperar o Concello de Vigo pasa pola unidade, polo que o escenario ideal sería una confluencia entre ambas iniciativas, sumando e multiplicando esforzos. Agardamos que, no caso de aprobarse, a nosa participación nunha candidatura cidadá poida axudar a conquerir esta unidade que reflexe o desexo de cambio da cidadanía viguesa.