Loomio

Enmenda: Proposta articulación do Regulamento de Primarias

XD Xan Duro Public Seen by 234

Presentada por Xabier Ron e Jose María Tubío
O texto anexado recolle unha proposta de articulación do Regulamento de Primarias. Non se debe tomar na súa literalidade, porque hai enmendas que substituen partes dese texto, pero si como orientación global para compoñer o texto definitivo

XD

Xan Duro Mon 2 Mar 2015 10:08AM

O documento

RDP

Rafa Do Pico Mon 2 Mar 2015 11:06AM

Dúbidas ao respecto desta votación:

Algúns aspectos que contén esta emenda entran en contradición con outras que tamén se están a votar, por exemplo a emenda 33, que propón un prazo distinto para pechar o censo, ou a 35, que propón elexir nas primarias os 15 primeiros postos da candidatura, mentras que esta propón elexir os 25, e só no caso de que non houbera suficientes candidatos /as (artigo 8.8) elexir en asemblea o resto.

Como se resolve isto se as tres emendas son aprobadas? Por maior número de apoios? Por menor diferencia entre votos a favor ou en contra?

Doutra banda a emenda propón uns prazos nos que o inicio das candidaturas sería o día 3. Iso requeriría publicitar iso hoxe, para que mañá estén dispoñibles os formularios para candidatarse, pero se a votación do regulamento non se pecha ata mañá... enténdense que os prazos pasan a ser de 1 día máis (do 4 ao 11)?, mantéñense? mantéñense os de peche e redúcese un día o de candidatarse (do 4 ao 10)? Decide a Comisión Electoral??

XR

Xabier Ron Mon 2 Mar 2015 11:30AM

Penso que se trata da idea de ofrecer un texto articulado, que incorpore o texto das emendas efectivamente aprobadas. E unha vez se acorden as funcións, penso que a Comisión Electoral, mandatada pola Asemblea de CA, debe levar a cabo a tarefa de lanzar un calendario electoral realista e realizable.

XD

Xan Duro Mon 2 Mar 2015 5:22PM

Como indico na introdución da votación "Non se debe tomar na súa literalidade, porque hai enmendas que substituen partes dese texto, pero si como orientación global para compoñer o texto definitivo". É dicir, fixarse no articulado máis que no contido dos mesmos

XD

Xan Duro Mon 2 Mar 2015 5:24PM

E efectivamente, o cronograma que ven ao final do regulamento de primarias non é parte do regulamento. Era unha proposta borrador para axustar na asemblea. Como non dou tempo, facultouse á Comisión Eleitoral a fixar novas datas

JDP

José Díaz Pérez Tue 3 Mar 2015 9:52AM

estou de acordo