Loomio
Thu 25 Sep 2014 11:53AM

Puntos de streaming do evento do 18 e 19 de outubro da 'Asamblea Ciudadana Si Se Puede'

D davidlapido Public Seen by 30

Esta é a listaxe de lugares propostos na última reunión de Organización:
-Local Social da AV de San Pedro, a xuntanza.
-CSC Milladoiro / Auditorio
-Nave de Vidán *
-Sala Nasa *
-Momo
-Capitol
-Auditorio de Santiago
-O Afiador

Un * significa que xa está sondeado. Por favor, ide cubrindo nos comentarios os resultados das sondaxes de cada un dos sitios, e se alguén quere engadir algún mais, agradecidos estaremos. Propoño ter sondeados todos os lugares antes da próxima reunión de organización (se supón o mércores 1) na cal se votará cal é o lugar mais idóneo para a realización deste evento.

D

davidlapido Thu 25 Sep 2014 11:56AM

Sondaxe realizado nos seguintes lugares, e resultados:

-Sala Nasa: Estaba pechada e traspásase o local.

-Nave de Vidán: O día 18 de outubro ten unha boda e poderíamos usar o local ata a as 6 da tarde. O día 19 está dispoñible todo o día. Contras: Queda algo lonxe do centro, costa 300 € cada día, non podemos ter os dous días completos. Pros: Amplo espazo, tanto para o evento como para aparcar preto. NOTA IMPORTANTE: Para a realización de pequenos eventos dunhas poucas horas, con avisar un par de días antes chega, con isto quero dicir, que temos lugar apropiado para realizar Asembleas cubertas ou outro tipo de actos que non superen as 3 horas.