Loomio
Wed 18 Feb 2015 7:13PM

Borradores Regulamento de Primarias e Código Ético

XD Xan Duro Public Seen by 61

Importante resaltar que aínda que a Igualdade e o Feminismo non son cuestións de aritmética, si consideramos que a participación real das mulleres é o primeiro paso para avanzar cara a igualdade real e o CAMBIO DO MODELO SOCIAL PATRIARCAL. Sabemos mesmo vendo o goberno actual, que moitas ministras non garantizan este cambio, máis sería un contrasentido traballar polo cambio do paradigma racionalista patriarcal e non ter a presencia de mulleres que personifican o novo paradigma. Neste senso e tendo como horizonte o cambio de modelo, acollémonos as leis de paridade electoral e as listas cremalleira para garantizar a presencia das mulleres nos órganos de goberno do concello.

S

senhorgriso Tue 24 Feb 2015 7:08PM

banner para o evento do sábado 28 asemblea para debate e aprobación do código ético