Loomio
Thu 4 Jun 2015 11:01PM

nova coordenadora de CA

PM Paco Manrique Public Seen by 79

Reitero aquí a proposta que fixem esta tarde na assembleia: considero urgente escolher umha coordenadora, por votaçom electónica ou presencial, nos vindeiros quince dias co obxecto de conectar e activar á gente que apoiou (e a que poida apoiar no futuro) a Compostela Aberta (CA). A atual coordenadora está superada pola labor institucional pois a maioria dos portavozes som concelheiros.
Na minha opinióm esta coordenadora devera ser aberta à asisténcia dos componhentes de CA, na linha da transparéncia e participaçom que proclamamos para as instituiçons, devera ter mandato semestral para realizar em corto praço os ajustes necessários e evitar acaparar o poder que implica a representatividade, corresponsabilizar, dar jogo, etc, e devera ter um numero amplo mas tamém operativo, proponho dez pessoas.
Entendo que as pessoas que se candidatem devem ter atitude integradora, activa, crítério político, e colaborar com generosidade.
Entre as responsabilidades a asumir estariam, quando menos, as seguintes:
moderador/a
responsábel de actas
responsaveis de comunicaçom (2)
responsável de actos
responsável de finanzas
os responsáveis de zona que se vaiam criando
1 concelheiro/a designado desde o grupo municipal entre os que tenham menos responsabilidade institucional
No ano de trabalho que leva CA e na recente campanha eleitoral muitas companheiras/os amosarom o seu ativismo e generoso bom fazer, pessoas como Marilar Aleixandre, Antonio P.C., Florentino, Nine Paz, Javi Vazquez, Antóm Insua, Miguel Penas e muitas outras que se vos ocorram podem coordenar o trabalho de CA. E por último, notariades que nom menciono a ninguem do meu partido, e nom por que nom tenha gente competente abondo, mas considero que conviria integrar sensibilidades, esto é importante ainda que nom é fundamental.
Há muita gente disposta em CA actualmente, se a deixamos enfriar quizás haja menos.

A

Antom Sat 6 Jun 2015 1:40PM

para isso talvez se lhe poida dar uma volta à plataforma que se usou para elaborar o programa
http://propostas.compostelaaberta.org/

e adecuar às necessiadades (grupos de trabalho)

FMP

Flora Miranda Pena Sun 7 Jun 2015 10:11PM

Queridas compañeiras e compañeiros: non sei se hai urxencia en escoller unha coordenadora, do que si estou segura é que nos atopamos nun momento clave para adherir, fidelizar e aproveitar todo o caudal de entusiasmo e voluntarismo que xeraron as eleccións antes de que a cuestión enfríe. Pensemos que moitas persoas atopan en Compostela Aberta unha vía para a participación xenerosa, construtiva, ilusionante e transformadora da nosa cidade (e mesmo máis aló), cunha perspectiva moito máis libertaria e elevada que as organizacións políticas tradicionais.
É tempo de tecer a rede de amparo e nutrición (ideolóxica, intelectual e mesmo emocional) das persoas que van ter responsabilidades de goberno. É tempo de establecer un grande núcleo de corresponsabilidade na toma de decisións, na crítica construtiva e na necesidade de aportar perspectiva ás persoas que, por teren que afrontar a realidade do día a día da xestión municipal precisen ter referencias de como se ven as cousas 'desde fóra'.
Creo que sería interesante que esta rede fose o máis porosa posible para permitir incorporacións de persoas ao proxecto, e o máis tupida posible para que exerza de soporte.
Creo tamén que é necesario establecer unha dinámica na que as persoas participantes comprendan que o ben colectivo debe trascender de protagonismos e estar á altura do que este proceso aglutinador merece.
Sería interesante aproveitar o momento e comezar a facer grupos captando activamente persoas valiosas non só por grupos de traballo (que tamén), senón por barrios (en Fontiñas xa hai un proxecto).
E finalmente apelar ao máis valioso que temos, a Actitude: permeable, dialogante, non sectaria, participativa, aberta a suxestións, amable e considerada con quen teña vontade de aportar.

AR

Akin Roblefrondoso Mon 8 Jun 2015 1:57AM

Máis líbranos do mal, amén.

MA

Marilar Aleixandre Mon 8 Jun 2015 3:25PM

Sobre a coordenadora:
1) Proceso de formación: Como di Javi, é a coordenadora actual a que ten que lanzar oficialmente a proposta e abrir un proceso para que distintas persoas se presenten voluntarias. Entendo que se abrirá a partir de hoxe.
2) Participación: eu (digo pola proposta de Paco Manrique con nomes) estou disposta a participar nela, se da votación que se faga resulta así.
3) Número e rotación: Estou de acordo con Javi no número de 9 a 11 e tamén en que debe haber renovación / rotación. Noutras asociacións doutro tipo a renovación faise por metades (renovar o 50% cada vez, cinco ou seis), para dar continuidade. Seis meses ou mesmo un ano pode ser un prazo razoable (tamén hai que contemplar as desvantaxes de organizar o proceso pedir á xente que vote cada pouco). Por iso tamén propoñería que algunhas persoas das que forman a coordinadora actual continúen, nomeadamente Javi Vázquez, que ten dotes de organización e experiencia, e Nine Paz (non estou cen por cen segura de se está). Non sei quen máis forma parte dela, e todos os nomes que propón Paco parécenme ben, mais hai que deixar que a xente se ofreza voluntaria.
4) Militancia e independencia: Paco Manrique di que non propón a ninguén do seu partido. Desculpade a miña ignorancia sobre isto, pois eu non milito en ningún neste intre, e non sei cal é o de Paco. Porén eu si creo que sería interesante que, ademais de persoas independentes, os partidos que apoian a CA se preocupen porque algunha persoa deles se presente. Unha pluralidade ampla, que recolla tanto vontades de xente independente como da asociada en partidos será enriquecedora. Como sempre, dependemos da vontade da comunidade expresada nas votacións. Saúde

B

Beatriz Wed 10 Jun 2015 12:25PM

Aínda que non tant@s (como sería desexable) participaron no debate, coincidimos bastante.

Contade conmigo para os grupos de traballo (educación e UNIVERSIDADE; Igualdade- Xénero-Feminismos, ... igual algún/ varios GdT deberan ser transversais), aínda que neste momento non me ofrezo como coordinadora.

Vexo (chequei hoxe cedo) que non haberá asamblea esta semana(?) ... estarei ó tanto de comunicados- convocatorias no Fb e/ou twitter.
Apertas,
B.

RD

Reina D'hoore Wed 10 Jun 2015 2:12PM

Podedes contar conmigo para os grupos de traballo.

JV

Javi Vázquez Wed 10 Jun 2015 5:03PM

@beatriz14 @reinadhoore En canto haxa áreas de goberno definidas e asignadas, o cal sucederá antes de fin de mes, os grupos de traballo asociaranse a elas "oficialmente". Namentras, nesas 2-3 semanas, imaxino que estarán en stand-by, pero é cuestión de preguntarlle directamente ás persoas que os coordinaban.

Con respecto á nova coordinadora, esta semana debería sair a convocatoria pública para que se postulen as persoas voluntarias e así poder conformala tamén nas próximas semanas.

M

MariadoMarLopes Thu 11 Jun 2015 1:36AM

Eu anotariame no grupo de traballo de lingua que teria que ser transversal e ter contacto regular co de Cultura tamén. Aínda así estarei desaparecida ata 7 de xullo.

Enviado de Samsung Mobile

-------- Mensagem original --------
De : "Javi Vázquez (Loomio)"

Data:10/06/2015 19:03 (GMT+01:00)
Para: [email protected]
Assunto: [Compostela Aberta] nova coordenadora de CA

@beatriz14 @reinadhoore En canto haxa áreas de goberno definidas e asignadas, o cal sucederá antes de fin de mes, os grupos de traballo asociaranse a elas “oficialmente”. Namentras, nesas 2-3 semanas, imaxino que estarán en stand-by, pero é cuestión de preguntarlle
directamente ás persoas que os coordinaban.

Con respecto á nova coordinadora, esta semana debería sair a convocatoria pública para que se postulen as persoas voluntarias e así poder conformala tamén nas próximas semanas.

Responda a este e-mail diretamente ou veja em www.loomio.org ( https://www.loomio.org/d/I2tBbkZi/nova-coordenadora-de-ca?utm_campaign=thread_mailer&utm_medium=email&utm_source=new_comment#comment-689030 ).

Desligar e-mails ( https://www.loomio.org/email_actions/unfollow_discussion/95794/T69pR1HRC5SM3P9Q9EKH ) para esta discussão.

Modifique suas preferências de e-mail ( https://www.loomio.org/email_preferences?unsubscribe_token=T69pR1HRC5SM3P9Q9EKH&utm_campaign=thread_mailer&utm_medium=email&utm_source=new_comment ) para cancelar subscrições destes e-mails.