Loomio
Tue 13 Jan 2015 3:06PM

Rolda de xuntanzas coas forzas políticas da cidade

XD Xan Duro Public Seen by 41

Tal como se acordou na asemblea extraordinaria enviouse un convite as forzas políticas da cidade para menter unha xuntanza co obxectivo de:

1.- Presentar o proxecto
2.- Convidalos a sentirse partícipes, a apoiar e a non presentar candidatura municipal, aceptando participar no proceso de Compostela Aberta
3. Informalos do cronograma e o proceso de primarias abertas
4.- Recoller calquera achega que queiran facer

As forzas políticas contactadas son:
Podemos, BNG, EU, ANova, Nos-UP, Espazo, Equo, Candidatura do Povo, Compormiso x Galicia e Partido Pirata.
Estamos establecendo o calendario en función das súas posibilidades pero que non pode extenderse máis aló da vindeira semana
Acordárase que as portavocías fixeran de interlocutores nas xuntanzas o que non impide que sexa benvido/a quen queira colaborar