Loomio

Regulamento de Primarias, enmenda 34

XD Xan Duro Public Seen by 231

Nº enmenda 34
Documento Regulamento de Primarias
Páxina / liña 1/45
Tipo de enmenda Substitución
Persoa que a presenta Xan Duro

Texto da enmenda
Cada persoa aspirante deberá asinar por escrito o compromiso de cumprimento e defensa do programa , do código ético e dos principios fundacionais de Compostela Aberta, así como a obriga de cesar no seu cargo no caso de celebrarse o proceso revogatorio que se estableza legalmente con resultado positivo

Xustificación da enmenda

Ante as dúbidas legais que poida ofrecer o disposto da liña 55 a 57 "As persoas aspirantes deberán, ademais, deixar asinada a súa renuncia ao cargo obtido que puidera resultar do proceso electoral para facilitar a súa revogación no caso de celebrarse proceso revogatorio con resultado positivo" no sentido de ter validez unha carta de demisión asinada, poñamos por caso dous anos antes da data da revogación, coido que o compromiso de dimitir debera ser suficiente

Texto orixinal
Cada persoa aspirante deberá asinar por escrito o compromiso de cumprimento e defensa
do programa , do código ético e dos principios fundacionais de Compostela Aberta.
nun formulario que se preparará ao efecto

MDD

Manuel Dios Diz Mon 2 Mar 2015 7:33AM

Si

JDP

José Díaz Pérez Tue 3 Mar 2015 9:50AM

estou de acordo