Loomio
Tue 18 Nov 2014 3:49PM

Proceso Constituínte Municipal

ML Manu López Public Seen by 125

Acaba de comezar o proceso de constitución de órganos municipais de Podemos. Inclúese en arquivo dxunto o reglamento elaborado polo Consello Cidadán estatal para o desenvolvemento deste proceso.

Os órganos a elixir no caso de Compostela, segundo o disposto no documento organizativo estatal son os seguintes:

-1 Secretario/a Xeral
-17 membros do Consello Cidadán

Os prazos previstos son os seguintes:

  • 16 de novembro a 5 de decembro, presentación de candidatos/as á Secretaría Xeral e Consello Cidadán. As candidaturas á secretaría xeral deben presentar un proxecto político-organizativo para o municipio. As candidaturas deben ser avaladas por un Círculo para presentarse.
  • 6 de decembro a 25 de decembro, campaña electoral.
  • 26 de decembro a 30 de decembro, votación.
  • 2 de xaneiro, proclamación de candidatos/as.

ASEMBLEA PARA AVALAR CANDIDATURAS: 27 DE NOVEMBRO

Na asemblea celebrada o 17 de novembro, e en vistas dos requisitos marcados polo calendario para a fase de presentación de candidaturas, o Círculo Podemos Compostela decidiu fixar a data do xoves 27 de novembro ás 20.00 horas para a celebración da Asemblea do Círculo na que se decidirá a concesión dos avais ás diferentes candidaturas. Será na Rúa San Clemente, 18. Calquera cambio será comunicado.

O Grupo de Organización reunirase este mércores 19 ás 20.00 horas na Rúa San Clemente, 18 e comunicará a orde do día definitiva da asemblea, pero o punto de aval a candidaturas será incluido obrigatoriamente. Para facer suxerencias á orde do día pódese asistir á reunión ou escribir á conta de correo [email protected].

ENCONTRO DE PRECANDIDATURAS: 24 DE NOVEMBRO

Ademais, a Asemblea do Círculo decidiu promover un encontro de precandidaturas entre todas as persoas interesadas en presentarse aos diferentes órganos para coñecerse e ver a posibilidade de consensuar proxectos. Este encontro celebrarase o luns 24 de novembro ás 20.00 horas na Rúa San Clemente, 18. Este encontro é unha iniciativa do Círculo e a asistencia ao mesmo é voluntaria, posto que o reglamento non contempla nada ao respecto.

Para confirmar a presentación dunha candidatura, solicitamos que se envíe un correo a [email protected], indicando o nome da persoa, o cargo ou cargos aos que opta, unha breve descrición persoal e unha vía de contacto. En caso de que se produzan cambios serán comunicados dende esta conta.

Para consultar dúbidas respecto do proceso, deben enviarse a [email protected], enviar unha mensaxe á nosa páxina de Facebook (https://www.facebook.com/circulopodemos.santiagodc), ao perfil de Twitter @PodemosCompos ou comentalo no fío de Loomio que temos aberto para esta cuestión (https://www.loomio.org/d/ETtK1Lgf/proceso-constituinte-municipal). Nas reunións que se celebrarán esta semana na rúa San Clemente 18, os grupos de traballo presentes, tamén estarán dispoñibles para responder a elas. Ademais da reunión de Organización o mércores 19 ás 20.00 horas, tamén se celebra unha reunión do grupo de Mobilidadade o venres 21 ás 19.00 horas.

Todas as novidades que se produzan serán comunicadas o antes posible.

ML

Manu López Tue 18 Nov 2014 4:13PM

Adxunto reglamento

ML

Manu López Wed 19 Nov 2014 4:24PM

Está aberta a canle de Appgree de Podemos Compostela cunha pregunta activa para deixar preguntas aos candidatos aos órganos que deberán responder na asemblea na que pidan o aval. Para participar tedes que descargar a aplicación https://app.appgree.com/, buscar a canle Podemos Compostela, unirvos a ela e comentar o que queirades.

Manual sobre uso de Appgree: https://podemos.info/participa/herramientas/como-usar-appgree/

ML

Manu López Thu 20 Nov 2014 4:21PM

O Círculo Podemos Compostela, tal como se acordou na Asemblea do 17 de novembro, convoca Asemblea Extraordinaria para decidir sobre o aval a candidaturas aos órganos locais de Podemos para o próximo xoves 27 de novembro ás 20.00 horas na Rúa San Clemente 18.

A orde do día para a Asemblea, acordada polo Grupo de Traballo de Organización, é a seguinte:

1-. CONSTITUCIÓN DA MESA DA ASEMBLEA E PRESENTACIÓN DE PODEMOS E MÉTODO ASEMBLEARIO

2-. AVAL DO CÍRCULO A CANDIDATURAS AOS ÓRGANOS MUNICIPAIS

3-. VARIOS

Para o desenvolvemento do punto 2, acordouse a seguinte estrutura:

  1. Intervencións: 1.1. Tempo: 2 minutos. 1.2. Tipo: presentación, respostas a preguntas de Appgree, respostas a preguntas dos asistentes á Asemblea.
  2. Orde de intervención: 2.1 Listas: se hai varias candidaturas agrupadas en listas, a orde de intervención decidirase por sorteo. 2.2 Candidaturas individuais: Orde alfabética.
  3. Candidaturas á secretaría xeral: Solicitamos que xunto coa candidatura envíen o documento político-organizativo para o municipio a [email protected] ata o mércores 26 de novembro para dar a oportunidade de que a xente poida consultar os documentos antes da Asemblea na que se solicite o aval. Para facilitar esta labor, o Consello Cidadán Estatal distribuíu unha guía auxiliar, que pode consultarse no seguinte enlace: https://web-podemos.s3.amazonaws.com/wordpress/wp-content/uploads/2014/11/Gu%C3%ADa-para-la-Elaboracion-de-Doc.-Pol-org-Podemos.pdf

Poñemos de novo o enlace ao reglamento dos procesos constituíntes municipais: https://web-podemos.s3.amazonaws.com/wordpress/wp-content/uploads/2014/11/Reglamento_procesos_municipales.pdf

Existe un prazo ata o luns 24 para realizar inclusións, modificacións ou enmendas a esta orde do día. Para isto, poden enviarse as propostas á conta de correo do Grupo de Traballo de Organización: [email protected].

ML

Manu López Fri 19 Dec 2014 11:42AM

Tras a celebración da Mesa Redonda entre candidatos á Secretaría Xeral da semana pasada, tentouse fixar unha data para celebrar tamén a Mesa Redonda entre candidat@s ao Consello Cidadán.

Como esta non puido fixarse debido á baixa participación na votación aberta, o pasado mércores na reunión do Grupo de Traballo de Organización propúxose celebrala o luns 22 ás 20 horas en San Clemente 18.

Na reunión participaron membros dunha candidatura, candidatos independentes e persoas non candidatas, e a decisión tomouse por consenso.

Sendo conscientes da dificultade das datas falouse de convocar a Mesa Redonda e anunciala nos medios do Círculo, pero se no día proposto non hai xente que non forme parte das candidaturas, propúxose que unha vez vexamos quen asiste, tomemos a decisión de levala adiante ou non.