Loomio
Tue 23 Sep 2014 5:56PM

Propuesta: unir os grupos de traballo de Acción Local e Acción Social

AR Akin Roblefrondoso Public Seen by 28

Tendo en conta que a maior parte do traballo de ambos sería común (reunirse cos veciños) e que acción local apenas se move. ¿Qué vos parece se fusionamos ambos grupos?

Sei que hai unha parte de cada un que non é común, pero tampouco pasa nada, tamén en coordinación hai tarefas distintas dentro do mesmo grupo.

EC

Enrique Castro Wed 24 Sep 2014 3:46AM

Hola a todos.

Propongo tener una reunión informal con esta gente para tratar este tema que tiene una repercusión social y local importante.
https://www.facebook.com/259099647446383/photos/a.728806333809043.1073741829.259099647446383/728801410476202/?type=1

V

Victor Wed 24 Sep 2014 9:50AM

Parecenme ben as dúas propostas. Se vos parece, vémonos o próximo xoves día 2, as 20h, no bar As Marías (San Clemente, 32) e tratamos estes e outros temas.

De todos os xeitos, unha das cuestións cruciais polas que se creo "Acción Local" era con vistas a crear un grupo que seguise a politica local con vistas as eleccións municipais. pero bueno, xa veremos como o amañamos.
Se vos parece, avisade a xente de Acción Local que vaia pedindo o traslado a Acción Social.

Talouiño!

AR

Akin Roblefrondoso Wed 24 Sep 2014 10:22AM

Pódese crear un subgrupo. Eu persoalmente non podo, vivo nas aforas e nin me prantexo coller o coche todos os días, buscar onde aparcar, e asistir ós plenos.

Aparte que non sabería avaliar o que sucede alí, non estou afeito á linguaxe política nin administrativa.

D

davidlapido Wed 24 Sep 2014 10:12PM

Está claro que se acción local persegue seguir a política municipal de cara ás eleccións penso que se cadra debe ser un subgrupo dentro de acción social, e cuxos obxectivos sexan, paralelos ás movilizacións sociais orixinadas do grupo de acción social, os de tratar asuntos relacionados ca política pura e dura tal como a coñecemos, de encargarse das relacións con outros movementos políticos, etc... É a miña opinión e aínda teño que perfilala.