Loomio

Código ético. Enmendas 22 e 23 ámbalas dúas sobre a liña 106

XD Xan Duro Public Seen by 71

Nº enmenda - 22
Documento - Codigo Etico
Páxina / liña - 3/106
Tipo de enmenda - Substitucion
Persoa que a presenta - Mª José Bóveda Fernández, David Domenech

Texto da enmenda
Os cargos de libre designación cobrarán en función do traballo que desempeñen seguindo criterios de homologación cos grupos marcados na administración local (grupo A, Grupo B…). Sen poder superar en ningún momento a retribución marcada para os cargos de dedicación exclusiva.

Xustificación da enmenda

impedir que cargos de libre designación podan cobrar máis que cargos electos

Nº enmenda - 23
Documento - Código Ético
Páxina / liña - 3/106
Tipo de enmenda - Substitución
Persoa que a presenta - David Domenech

Texto da enmenda
Para os cargos electos sen dedicación exclusiva, poderán recibir como retribución ata un máximo mensual dun salario mínimo interprofesional, no exercicio da actividade do cargo seguindo o seguinte baremo:
Cargos con ingresos menores a un Salario Mínimo Interprofesional 100 %
Cargos con ingresos entre 1 e 1,5 Salario Mínimo Interprofesional 66%
Cargos con ingresos entre 1,5 e 2 Salario Mínimo Interprofesional 50%
Cargos con ingresos maiores a 2 Salario Mínimo Interprofesional

Xustificación da enmenda

Dotar a este punto dunha maior precisión definindo as remuneracións dos cargos sen dedicación exclusiva.

Texto orixinal do borrador
3.5. Os cargos de libre designación cobrarán en función do traballo que desempeñen seguindo criterios de homologación cos grupos marcados na administración local (grupo A, grupo B…).

MDD

Manuel Dios Diz Mon 2 Mar 2015 7:28AM

Desacordo

DD

David Domenech Mon 2 Mar 2015 2:09PM

Boas tardes.

Son enmendas distintas, pediria que se separan e se puidera por este texto coma explicación.

A enmenda 22 fala dos cargos de libre designación, e tratase de limitar a sua retribución ao que poida ter un funcionario que desenrole unha función homologable.

Indicamos outro límite adicional (e deberanse cumprir ambos), que sería a retribución que teñan asignada os cargos electos

A enmenda 23 fala das retribucións que poderán ter todos aqueles CARGOS ELECTOS que non teñan unha dedicación exxclusiva. Por exemplo, algunha destas retribucións poden ser: asistencia a plenos, asistencia a commission, asistencia a reunions de empresas nos que os devanditos cargos poidan ter que exercer algún tipo de posto no que poidan percibir algunha retribución.

Nestes casos, e dependendo dos ingresos mensuais dos que dispoña a persoa, poderan percibir eses ingresos.

No caso de que se dispoña dunha retribución exclusive, NO TERÁN DEREITO A PERCIBIR NADA ADICIONAL FORA DO MARCADO (aprobado na enmenda 21)

Un saudo.

XD

Xan Duro Mon 2 Mar 2015 3:42PM

Vou dividir a votación

XD

Xan Duro Mon 2 Mar 2015 4:11PM

@carlosneira @manueldiosdiz @mariarzs @javivazquez1 @susonoya @silviaamorfaya @xoseallegue @rafadopico @xabierron @sofiadiaz @reinadhoore @fernandorei @juangonzalez @ivantouris @breogan manoel @borjafdezmontenegr @mariajoboveda @isabelvarela @jose46 @beatriz14 @mariadomarlopes @daviddomenech @manulopez @jorgegomez
Dividida votación en dúas:
https://www.loomio.org/d/kSixdzFf/codigo-etico-enmenda-22
https://www.loomio.org/d/4o8etnCN/codigo-etico-enmenda-23
A votación orixinal queda anulada e teremos en conta só estas dúas. Desculpade a confusión