Loomio

Retomamos mesas informativas #Queconcelloqueres hoxe na praza de abastos

JD Jorge Duarte Sat 7 Feb 2015 10:19AM Public Seen by 229

Abro un fío de novo sobre este tema. Por diversos motivos deixaronse pasar varias xornadas da campaña Que Concello Queres? sen poñer mesa.
Agora que o tempo acompaña retomamos a colocación de mesas informativas empezando por hoxe mesmo as doce fronte a entrada principal da praza de abastos..
A aqueles que non participachedes ainda nesta actividade, comentarvos que é altamente recomendable, pois no contacto coa xente apreciase a demanda que hai dun proceso como o que CA propón.
A partir de hoxe están solicitados os permisos para todos os sábados na praza e abastos, e despois os dias de semana alternando entre Praza do Toural e Porta do Camiño, sempre que non chova porque si o tempo é malo non compensa o esforzo.
Para os dias que chove, debemos retomar os contactos cas asociacións veciñais e do rural.
Haberá que volver a poñer un calendario para apuntarse aquí, pero recordovos que hai un grupo de whatsapp coa xente que estaba apuntada inicialmente ás mesas, se alguén quere que o incorporen a este grupo que lle envíe o número de teléfone ao administrador @roicarballal ao correo roicarba@gmail.com.
Se non ten whatshapp e queres que se te avise por outro medio do día e hora das mesas, deixade tamén a forma de contacto tamén nese correo.
Saúde.

M

MariadoMarLopes Wed 11 Feb 2015 12:03PM

Como vai isto?

XFN

Xesús Fernández Neira Wed 11 Feb 2015 3:57PM

A min teredes que enviarme un correio.

IR

Iago Raposo Wed 4 Mar 2015 2:55PM

Esta semana que parece ser que vai ir bo tempo, sería interesante volta ás rúas coas mesas informativas. Eu persoalmente recomendo a experiencia para aquelas persoas que nunca fóchedes, é altamente positivo xa que interaccionas con moitas persoas e as máis delas están moi receptivas á nosa candidatura. Por iso anímovos a todos e todas a que vos animedes a participar das mesas. Fai falta máis xente, xa que sempre temops problemas para xuntar 3 persoas para esta fin. Serás ti o próximo ou próxima?

C

CarlosNeira Thu 5 Mar 2015 9:32AM

Xa pedín a alta no grupo de whatsapp. Esta fin de semana éme imposible, pero tentarei estar na da próxima ou por semana nalgún intre.