Loomio
Fri 16 Jan 2015 4:37PM

O papel das institucións.

I Iria Public Seen by 27

A cultura de por sí e un concepto moi amplo con axentes moi diversos , algo complexo, orgánico, dinámico en constante cambio e en interrelación estreita con tódolos campos da vida. É fácil que a intervención das institucións se convirta nun obstáculo de cara o seu natural desenrolo e dinamismo ainda que as estratexias estean elaboradas con boas intencións. Ata donde tería que chegar o papel dun concello nese sentido?

HGD

Horacio González Diéguez Mon 26 Jan 2015 7:56PM

Non leera a data! O sabado 31 estou en Compostela, asi que podo ir sen problema.

XM

xacobe martinez Tue 27 Jan 2015 7:59AM

Eu podo!!!

I

Iria Thu 29 Jan 2015 9:38AM

Xron moi interesantes os enlaces! Estou a ler o primeiro, aínda non rematei, e parece que non íamos moi desencamiñados, moitas reflexións moi útiles. O foro que puxeches de loomio non sei a vos, a min pareceme que repite en gran medida os vicios que a guía do primero enlace denuncia, e que eu comparto totalmente: o fundamentalismo cultural e o instrumentalismo.

I

Iria Fri 30 Jan 2015 12:45PM

onde?

X

xron Fri 30 Jan 2015 12:54PM

Como somos 6 persoas, podémonos ver nun bar céntrico, tranquilo e con sitio para falar.
Eu pola miña parte ofrezo como alternativa a oficina do grupo Chévere, que ten unha sala de reunións para 8-10 persoas, na Carballeira de San Lourenzo.

I

Iria Fri 30 Jan 2015 2:26PM

Xron, escolle ti o bar lo, porque xa é mañá e non da tempo a escollelo democráticamente, jajaja.

I

Iria Fri 30 Jan 2015 3:09PM

E de facelo na vosa oficina, onde queda exactamente?

X

xron Fri 30 Jan 2015 10:36PM

Perdoade, hoxe estou de bolo e rematamos agora. Vemonos na oficina Chévere, dacordo? Esta na carballeira de san lourenzo 38-39 baixo C zona campus sur

C

Comba Sat 31 Jan 2015 9:44AM

Boas, finalmente vaime ser imposíbel achegarme, ando atascada cun curro... Tampouco tiven tempo a mirar todos os documentos que subistes, pero o fío que entablaron Horacio e Iria paréceme interesantísimo e un bo punto de arranque. Espero poderme sumar as posteriores convocatorias, aínda que de tempo ultimamente ando fatal! que vaia mui ben.

I

Iria Wed 18 Feb 2015 2:43PM

Vou a ir aproveitando algunhas das cousas que falamos aquí para ilas poñendo no novo foro:
http://foro.compostelaaberta.org/viewforum.php?f=39