Wed 22 Nov 2017 12:16PM
Acceso á cultura

Facilitar aos nenos e nenas do municipio o acceso á cultura e
potenciar o desenvolvemento de actividades culturais e artísticas.
Incrementar as actividades culturais e artísticas gratuítas dirixidas á poboación infantil e adolescente.
Pór en marcha unha liña de agasallos como recoñecemento ás creacións artísticas de rapazas/ces nos diferentes ámbitos culturais.
Establecer canles de difusión das creacións artísticas, as obras culturais ou os logros deportivos dos rapaces/as do Concello de Ourense.
Promocionar a cultura e tradicións galegas, e o patrimonio cultural e artístico da cidade.
Promocionar a realización de máis actividades no ámbito das ciencias e da tecnoloxía.