Loomio
Thu 16 Oct 2014 10:22AM

Votación de Resolucións e Streamming "Asamblea Ciudadana Sí Se Puede"

ML Manu López Public Seen by 42

Edito con novidades.
Xa está aberto o espazo para votar as resolucións da Asamblea Ciudadana "Sí Se Puede". Dende hoxe, xoves 16, e ata este sábado 18 de outubro (incluido) podedes votar ata cinco resolucións. Estas cinco resolucións converteranse en cinco consensos fundamentais de Podemos, cinco eixos de traballo político colectivo, cinco fitos do proceso democratizador máis grande que coñeceu este país e que estamos construíndo entre todos e todas.

Os pasos a seguir para votar son os seguintes:

  1. Entrar en https://participa.podemos.info/es
  2. Meter o DNI e o contrasinal que recibistes no voso mail e/ou no voso teléfono cando vos rexistrastes. Se non fixestes o rexistro, podedes facelo aquí: https://participa.podemos.info/es/users/sign_up
  3. Ao acceder aparece a opción de cambiar o contrasinal. Poñede o que queirades.
  4. Accededes e aparece unha páxina coas ferramentas de participación. O primeiro que sae é "Hay una votación en curso". Aí pinchades e tedes o enlace para votar as resolucións, que están ordenadas por categorías. Podedes escoller ata 5.
  5. Votar.

Punto físico de Podemos Compostela

Para facilitar a participación de toda a cidadanía o Círculo Podemos Compostela estará durante estes días nun punto físico para resolver dúbidas.

  1. Xoves 16 e venres 17 na Rúa San Clemente, 18 baixo. Os horarios nos que estará aberto son:

-Xoves 16. De 19.00 a 21.00 horas
-Venres 17. De 12.00 a 14.00 horas e de 19.00 a 21.00 horas.

  1. Sábado 18. Estaremos no Mesón o Afiador na planta de arriba, na R/ San Pedro, 28. De 11.00 a 21.30 horas.

Punto de seguimento por streamming para o encontro presencial

Habilitamos un punto seguimento por streamming do encontro presencial dos días 18 e 19 de outubro, ao que estades to@s convidad@s. Será no Mesón o Afiador na planta de arriba, na R/ San Pedro, 28.

-Sábado 18. De 11.00 a 21.30 horas.
-Domingo 19. De 11.00 a hora de peche.