Loomio
Tue 25 Nov 2014 4:47PM

Manifestación Marchas da Dignidade 29N

RV Rafa V. Public Seen by 84

Este sábado ten lugar a manifestación das Marchas da Dignidade en Compostela. Desde o Grupo de Traballo de Acción Social queremos aportar as directrices consensuadas cas outras organizacións participantes co obxectivo final de encher o Obradoiro.

Os colectivos de Compostela saíran de cada de barrio de Compostela para recibir as 5 columnas que chegan desde todos os puntos de Galicia, en diferentes medios de transporte e as cales andarán polo menos unha hora ata chegar a Compostela.

O punto de encontro para Podemos Compostela é o Estadio de Santa Isabel as 11h. Desde alí partirase para recibir e xuntarse as columnas oeste e sur-oeste en Porta Faxeira, e de alí camiñar xunt@s ata a Praza do Obradoiro.

Pódese levar simboloxía propia, pero tamén se recomenda os lemas e reivindicacións para darlle visibilidade na Manifestación e as nosas demandas como cidadáns ante a crise.

Se queda algunha dúbida por favor preguntade.

Ánimo a tod@s vós agardamos!

Saúde e Dignidade!

https://www.google.es/maps/place/Estadio+Santa+Isabel/@9.904271,-67.3495,17z/data=!3m1!4b1!4m2!3m1!1s0x8c2aa9896f510c57:0x8e23cc7a6066c31c

https://www.facebook.com/MarchasDignidade?fref=ts

RV

Rafa V. Tue 25 Nov 2014 4:50PM

Para @s que se animen, penso que esta forma de levar os lemas e bastante económica e cómoda.

RV

Rafa V. Tue 25 Nov 2014 4:52PM

A Plataforma Queremoslle o Parque de Galeras está invitada a camiñar con nós, ainda non confirmaron pero agardamos que se sumen.

BFV

Borja Fdez-Montenegro Varela Tue 25 Nov 2014 5:01PM

Conta conmigo