Loomio
Thu 26 Feb 2015 5:00PM

Acta Asemblea 26 febreiro sen completar

D davidlapido Public Seen by 160
D

davidlapido Thu 26 Feb 2015 5:01PM

Engadide o que falta (as datas por favor) e outras cousas que vexades oportunas. En canto estea poñolle as firmas de secretario e moderador.

V

Victor Thu 26 Feb 2015 5:16PM

Grazas David. Introduzo algunha cuestión (onte foi 25):

  1. Informe do Consello Cidadán

    O Consello Cidadá informa do traballo que está a levar a cabo; fundamentalmente, o proceso de cara acadar acordos con CA. Tamen estase traballando noutras áreas, por exemplo o regulamento de coordinación interna do consello cidadá que está a ser redactado. Así mesmo recorda aos grupos de traballo que non estexan a traballar no Plan Estratéxico que sería convinte poñerse a traballar con iso de cara á súa redacción (fixouse o día 1 de Marzo como data de referencia). Nesa mesma data, ten que haber un responsable por cada GdT que estea ao cargo da conta de correo.

  2. Informes dos Grupos de Traballo

    Unha sorte de grupos de traballo informa da súa actividade:

Educación e Investigación; informa que o Plan Estratéxico está pronto a ser rematado e invita a calquera cidadá e/ou membro de Podemos a acudir o Venres 27 ás 19.30h no Bar As Marías (Rúa San Clemente) á reunión na que se traballará en rematar dito documento así como tratar outros asuntos como poden ser os achegamentos á USC. Así mesmo recordouse que o 26/02 tivo unha manifestación estudantil na Alemeda ás 11.30h.

Mobilidade; informa que o Plan Estratéxico tamén está pronto a ser rematado. Explica un resumo que se adxuntará xunto con esta acta. Informa dunha próxima reunión con data sen concretar para a semana seguinte.

Feminismos; informa que está contactando con todas as asociacións feministas de cara a elaboración de propostas conxuntas a nivel local e autonómico. Informa dunha concentración o día 8 de Marzo (día da muller traballadora) da que se concretará data e lugar (póranse 20€ para axudar en dita organización).

Cultura e Medioambiente; informa sobre a creación do Círculo de Cultura de Galicia.

Formación; informa da proposta de ceder un espazo na asemblea para charlas e exposicións dun tema concreto de aproximadamente 20 minutos. Tamén informa de futuras charlas que se están a organizar, concretamente unha de economía social.

Comunicación;

Acción Social; informa que está a traballar no Plan Estratéxico pero pide por favor maior asistencia ás súas reunións pois andan limitados de persoas. Infórmase da axuda / apoio que imos levar a cabo coas Marchas da Dignidade (Poránse 40€ para axudar a organizalas).

Sanidade; informa dunha sorte de actos reivindicativos que terán lugar: 1 de Marzo ás 12h unha concentración en favor dos afectados de Hepatite C. De cara a marzo, SOS sanidade pública, convocou unha concentración no Toural (sen consignas políticas).

Organización; pídeselles a redacción dun reglamento de aprobacións exprés.

  1. Acordos con Compostela Aberta

    Infórmase de que Podemos Compostela está determinando a súa forma de participar con/en Compostela Aberta de cara ás municipais. Abriuse un interesante debate no xeito no que Podemos Compostela vai intervir. Infórmase das diversas datas de xuntanzas que vai haber (especialmente o Plenario de Compostela Aberta, que será este sábado 28, ás 10:30h, na Facultade de Filosofía. Nese plenario decidirase o Código Ético e o Regulamento de Primarias). Infórmase que dependendo dos resultados do sábado farase unha reunión urxente do grupo de traballo de organización xunto co consello cidadá para valorar resultados e convocar posibles asembleas extraordinarias.

  2. Local

    Infórmase que tivemos que abandonar o local que viñemos a usar ata o de agora que nos emprestou un compañeiro do círculo posto que foi alquilado. Notifícase que outro compañeiro ten as pertenzas do círculo gardadas mentres non se atopa un novo local. Invítase a notificarnos se alguén coñece dalgún local que se nos poida emprestar.

  3. Trámites de Validación do Círculo

    ...

  4. Varios

    Neste apartado resolvéronse as dudas dalgúns dos novos asistentes á Asemblea. Así mesmo propuxose a creación dunha especie de boletín de novas do círculo que sería envíado regularmente aos inscritos. Por desgraza, ao non estar actualizada a base de datos de inscritos o círculo non sería quen de enviarllo a todos aqueles que así lles gustaría, co cal infórmase da posibilidade de unirse á lista de correo enviando un mail a [email protected].

Grazas de novo. Sáudos

IV

Isabel Varela Thu 26 Feb 2015 5:37PM

David en sanidade falta que se presentaron os obxetivos a curto plazo y pideuse a aprobación da asamblea para a participación en plataforma en SOS sanidade galiza grazas

MB

Mariajo Bóveda Fri 27 Feb 2015 11:43AM

David, tanto Feminismos como Cultura informan de que xa elixiron coordinadores e que os seus Plans Estratéxicos están moi avanzados.

D

davidlapido Fri 27 Feb 2015 2:45PM

Modificado e definitivo.