Loomio
Mon 15 Dec 2014 5:24PM

Retomamos mesas informativas #Queconcelloqueres

RC Roi Carballal Public Seen by 63

Abro un fío de novo sobre este tema. Por diversos motivos deixaronse pasar varias xornadas da campaña Que Concello Queres? sen poñer mesa.
Deberíamos retomala cun pequeno esforzo nestes días previos ao Nada. Unha proposta se é viable por cuestión de permisos sería poñer mércores tarde en Praza do Toural e Xoves tarde en Porta do Camiño, a previsión climatolóxica para estes dous días polo momento non é horrible. Así que creo que é unha boa ocasión.
A aqueles que non participachedes ainda nesta actividade, é altamente recomendable. Cómo dicía Jorge Duarte noutra entrada, no contacto coa xente apreciase a demanda que hai dun proceso como o que CA propón.
Voluntarios para estes días?.
Hai un grupo de whatsapp coa xente que estaba apuntada inicialmente ás mesas, se alguén quere que o incorpore a este grupo que me envíe o número de teléfone a [email protected].
Se non ten whatshapp e queres que se te avise por outro medio do día e hora das mesas, deixade tamén a forma de contacto tamén nese correo.
Saúde.

JD

Jorge Duarte Mon 22 Dec 2014 7:13PM

Perdón, liaronseme as datas
Praza de abastos, os sábados 27,3,10 e 17
E despois repartironse entre Praza do Toural e Porta do Camiño, aíinda que non penso que pase nada se cambiasemos a ubicación dun espazo a outro...
Praza do Toural dias 22,26,29,2,5,7,9,12,14,16 e o resto Porta do Camiño.
Para a coordinacion diaria hai un grupo de whatsapp indicado na apertura ese fio

XFN

Xesús Fernández Neira Tue 23 Dec 2014 12:49AM

Eu podo ir mañá á mesa. Decídeme a que hora vai ser e estou alí.

XFN

Xesús Fernández Neira Tue 23 Dec 2014 12:49AM

Refirome a hoxe martes 23.

BM

breogan manoel Tue 23 Dec 2014 2:24PM

Ok corrigo agora os doodles

BM

breogan manoel Tue 23 Dec 2014 2:33PM

Ahi van os doodles para apuntarse
Porta do camiño : http://doodle.com/4nn3t4h2y44czc9k
Praza do toural : http://doodle.com/dwzdgzc8fxtb26yb
Praza de abastos : http://doodle.com/pdgzz87d8996vwp8

JD

Jorge Duarte Fri 2 Jan 2015 9:22PM

A campaña de Que concello queres está sendo un éxito en canto á receptividade por parte da xente e polo incremento no coñecemento de Compostela Aberta e incluso, na consecución de sinaturas de apoio ao manifesto, pois subindo as recollidas hoxe superaremos as catrocentas...
E fago novamente un chamamento a participación nas mesas porque penso que o contacto ca xente é unha experiencia gratificante e fortalecedora que anima a seguir adiante con este proxecto, a pesares das dificultades...

JD

Jorge Duarte Fri 2 Jan 2015 9:46PM

Por certo, maña acabaranse os trípticos...
Hai que encargar mais, e falarase de cambiar a imaxe da portada para poñer unha cadeira de rodas, e tamén de algún cambio mais no texto para introducir o principio da laicidade. O tema da imaxe supoño que terá que reformalo sebas @senhorgriso e o de levalos a imprenta @xanduro. Podedes encargarvos de novo?

S

senhorgriso Fri 2 Jan 2015 10:52PM

Eu ata o seis non estarei operativo. Ando por terras da Limia. Síntoo. Feliz ano por certo! Apertas a todas

El 02/01/2015 22:46, "Jorge Duarte (Loomio)" escribió:

Jorge Duarte mentioned you while discussing "Retomamos mesas informativas #Queconcelloqueres"

Por certo, maña acabaranse os trípticos…

Hai que encargar mais, e falarase de cambiar a imaxe da portada para poñer unha cadeira de rodas, e tamén de algún cambio mais no texto para introducir o principio da laicidade. O tema da imaxe supoño que terá que reformalo sebas @senhorgriso e o de levalos a imprenta @xanduro. Podedes encargarvos de novo?

Reply to this email directly or view it on Loomio ( http://www.loomio.org/d/3YeJ42Sx/retomamos-mesas-informativas-queconcelloqueres?utm_campaign=thread_mailer&utm_medium=email&utm_source=user_mentioned#comment-424853 ).

Unfollow ( http://www.loomio.org/email_actions/unfollow_discussion/58482/o4wHGyxDbxztduyu1rMX ) to stop emails about this discussion.

Change your email preferences ( http://www.loomio.org/email_preferences?unsubscribe_token=o4wHGyxDbxztduyu1rMX&utm_campaign=thread_mailer&utm_medium=email&utm_source=user_mentioned ) to unsubscribe from Loomio emails.

S

senhorgriso Tue 6 Jan 2015 11:28AM

Ola de novo. Non comprendo ben o da imaxe dunha cadeira de rodas...non me lembro diso, ou non acudín á reunión sobre o tema, sintoo, se mo explicades mellor, sobre todo para saber o sentido que se lle quere dar ao tríptico. 😉. Outra cousa: o texto sobre a laicidade poderíase resumir e envialo para reencadralo¿. Pregunto tamén sobre él para cubrir o papel, facelo canto antes e enviar a imprenta. Grazas. Saúdos

XFN

Xesús Fernández Neira Wed 7 Jan 2015 1:17AM

Aprobouse nunha asembleia de CA, ante a demanda dunha persoa con diversidade funcional, incluir na portada do Manifesto unha imaxe dunha persoa con cadeira de rodas, asi coma un texto que fixera referencia as demandas deste colectivo.

Eu encargueime de elaborar o texto. Penso que se podería incluir no apartado ABERTA A UN NOVO URBANISMO , de forma que quedase así:

ABERTA A UN NOVO URBANISMO
Que privilexie a rehabilitación social, os criterios técnicos e democráticos na mobilidade e nos transportes públicos, os alugueres dignos; "que impulse a aplicación do principio de accesibilidade universal das persoas con diversidade funcional " ;que integre e mellore, coa súa participación, as esquecidas parroquias rurais; que fomente a economía participativa e a calidade de vida.

Por suposto sen entrecomillado.

Qué vos parece?

Load More