Loomio
Wed 24 Feb 2016 8:42AM

Moción presentada para a creación dun Parlamento da Infancia, artellado a través do Consello Municipal da Infancia

MV montse valencia Public Seen by 27

PENDENTE REMATAR

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:

PREÁMBULO
A nena e o neno, como suxeitos de dereito, teñen un total recoñecemento lexislativo internacional, igual ao das persoas adultas. É, en definitiva, unha cidadá máis, con plenos dereitos, que debe ser escoitada e ser tida en conta como ser activo da vida social.

O dereito de participación dos nenos e nenas está recollido en multitude de declaracións internacionais, como a Convención de Nacións Unidas sobre os dereitos do neno1. Ademáis, diferentes organismos de Nacións Unidas, como UNICEF, promoveron reflexións, debates, estudos e divulgación de boas prácticas no ámbito das políticas de infancia e da defensa e promoción dos seus dereitos. Moitas destas iniciativas foron de carácter local e focalizáronse nos dereitos á participación social. Cabe destacar de forma especial o proxecto de UNICEF de promoción de Cidades Amigables coa Infancia
Tamén dende o marco europeo, o Consello de Europa desenvolveu no período 1991-1996 un Proxecto de Políticas de Infancia. O grupo de traballo do proxecto fixo referencia á "Participación dos nenos na vida familiar e social" estudandoo en profundidade. Tratou o tema da participación a partir da idea de que a familia é un contexto que pode facilitar e promover a práctica da participación responsable desde as idades máis temperás e na que se pode educar para a comunicación e o diálogo.

DIAGNOSE E XUSTIFICACIÓN
En canto a conceptualización, unha das definicións máis utilizadas na comunidade internacional é a que propón Hart (1993), segundo a cal, a participación é o proceso de compartir as decisións, que afectan a vida propia e a vida da comunidade na cal se vive. É o medio polo cal se constrúe unha democracia e é un criterio co cal se deben xulgar as democracias. A participación é o dereito fundamental da cidadanía.
Seguindo a este autor, a participación infantil supón, en primeiro lugar, achegar e cooperar para o progreso común. En segundo lugar, implica xerar nos nenos, nenas e adolescentes confianza en si mesmas e un principio de iniciativa. En terceiro lugar, sitúa aos nenos, nenas e adolescentes como suxeitos sociais coa capacidade de expresar as súas opinións e decisións nos asuntos que lles competen directamente na familia, a escola e a sociedade en xeral.
Un dos elementos que permite considerar ata que punto se produce unha participación infantil auténtica, é a análise das relacións que os adultos manteñen cos nenos, nenas e adolescentes. Neste sentido e ao longo dos anos, diferentes autores tentaron medir os niveis de participación social infantil, tendo en conta o rol das persoas adultas e o das nenas e nenos. Moitos autores tomaron como base a escaleira da participación proposta por Hart (1992), pero nós ímonos centrar na proposta de Trilla e Novella.

O modelo proposto por Trilla e Novella (2001) define, partindo da escala de Hart, catro clases máis amplas de participación: participación simple, participación consultiva, participación proxectiva e metaparticipación.

A participación simple refírese a tomar parte nun proceso ou actividade como espectador ou executante, sen que a nena, neno ou adolescente haxa intervido para nada nin na súa preparación nin nas decisións sobre o seu contido ou desenvolvemento. Estes limítanse basicamente a seguir indicacións.

A participación consultiva supón un paso máis: escoitar a palabra das nenas, nenos e adolescentes. Non son meros espectadores, executantes ou usuarios de algo previa e externamente decidido, senón que se lles demanda o seu parecer sobre asuntos que de forma directa ou indirecta lles conciernen. Aléntaselles
a opinar, propoñer ou valorar e facilítanse canles para iso.

Na participación proxectiva o suxeito non se limita a ser un simple usuario, senón que fai algo máis que opinar desde fóra: convértese en axente activo. No seu grao máis elevado, a participación proxectiva dáse nas diversas fases do proxecto ou da actividade. En primeiro lugar, na propia definición do proxecto, na determinación do seu sentido e dos seus obxectivos. En segundo lugar, no seu deseño, planificación e
preparación. En terceiro lugar, na xestión, execución e control do proceso. E, finalmente, na súa valoración.

A metaparticipación consiste en que as propias nenas, nenos e adolescentes piden, esixen ou xeran novos espazos e mecanismos de participación. Aparece cando un individuo ou un colectivo consideran que o recoñecemento dos seus dereitos participativos non é o debido, ou cando cren que as canles establecidas para iso non son suficientes ou eficaces. Dáse cando se reclama o dereito para tomar parte nas decisións e a ser escoitados.

A medida que as nenas e nenos crecen e se desenvolven, as súas oportunidades para a participación expándense desde o ámbito privado a espazos públicos, desde unha influencia local á global. A pesar diso, non existe consenso entre os autores sobre os diferentes espazos nos que as nenas e nenos e adolescentes
poden e deben participar.

Apud (2001) defende que existen tres espazos básicos onde se debe desenvolver e experienciar a participación:

  1. A familia. É a primeira instancia de socialización para o desenvolvemento da participación infantil. Parte do seu importante papel neste proceso radica no seu potencial para promover na infancia e a adolescencia habilidades participativas e sentido de responsabilidade social.

  2. A escola. A participación, neste contexto resulta determinante na aprendizaxe dos dereitos e responsabilidades tanto individuais como colectivas.

  3. A vida social, que se concreta sobre todo no nivel local ou municipal conforma o outro campo de participación infantil e xuvenil. O municipio é o espazo de participación cidadá, incluíndo á infancia e adolescencia, máis importante no proceso de consolidación da democracia. Mediante unha participación infantil e xuvenil activa no municipio, promóvese a educación cívica da infancia na cidade. As nenas, nenos, mozas e mozos coñecen máis a súa cidade, sentense máis "membros activos" do desenvolvemento da súa comunidade, comprenden mellor como e por que deben ser cidadáns partícipes das súas cidades. Ao levar a cabo prácticas de participación infantil a escala local, as nenas, nenos e adolescentes senten un certo protagonismo que aumenta o seu sentimento de pertenza e implicación para coa cidade.

Casas (1995) sinala un cuarto espazo relevante para a participación infantil:

  1. Os procedementos administrativos e xudiciais. Cando calquera neno, nena ou adolescente entra en contacto con calquera servizo público ou co sistema xudicial, a súa opinión debe ser tida en conta ante calquera toma de decisións que lle concierna, considerando o seu nivel de desenvolvemento e as súas capacidades e competencias concretas. É unha forma de que os profesionais de calquera instancia pública que teñan contacto con persoas menores de idade tómenlles en consideración como cidadáns de pleno dereito, e sexan proactivos no respecto aos seus dereitos.

Existen diferentes características para que as iniciativas e os proxectos deriven en espacios de participación. Novella y Trilla (2001) sinala as seguintes:

Teñen que permitir actuar sobre a contorna próxima e a vida cotiá para que se perciban como espazos coñecidos e que se poidan transformar perceptiblemente. É necesario promover experiencias que permitan aos nenos, nenas e adolescentes aprender a intervir e participar na súa contorna máis próxima, que é sobre o que teñen a información suficiente, o que lles facilitará a práctica de opinar e actuar, creando un clima de seguridade para participar.
Teñen que explicitar as intencións e o proceso de participación. Para que sexa posible aprender a participar, é necesario que as nenas e os nenos coñezan a metodoloxía que se vai a utilizar, e o obxectivo final da acción ou o proxecto. Ademais, é importante que elas e eles poidan redefinir a proposta.
Teñen que ser percibidos como espazos de participación polos propios nenos e nenas. Deben ser espazos adaptados ás condicións sociais e psicolóxicas da infancia. É dicir, non se teñen que trasladar os modelos participativos das persoas adultas para aplicalos a nenos, nenas e adolescentes.

Existe unha gran cantidade de experiencias de participación, a nivel internacional e tamén no Estado español. Con estas experiencias móstrase que, cun adecuado acompañamento e rol dos adultos segundo o caso, os nenos e nenas son capaces de planificar, xestionar e realizar cambios importantes no seu medio ambiente. Tamén son capaces de supervisar e monitorizar a calidade do medio ambiente no que viven. E mesmo son capaces de participar activamente en proxectos de investigación-acción, para avaliar os resultados dos seus propios proxectos.

Aínda que as experiencias máis coñecidas son as de organizar parlamentos ou consistorios infantís, diferentes autores expuxeron a profunda diferenza entre organizar algunha sesión illada e con amplo eco mediático, e realizar un traballo quizais máis silencioso, pero máis regular, que permita unha participación máis real e menos excepcional de representantes infantís na vida municipal.

Exemplos como o Parlamento dos Jovens, en Portugal ou os Grupos Municipais de Participación Infantil, en diferentes concellos asturianos, poden servir de modelo para artellar o noso espacio participativo dentro do Concello.